Calendario
Info da proba

Xalo - Nocturna

19/11/2022 19:00 - 21:00
Regulamento 1 / A asociación Castelo Deporte organiza, en colaboración co Concello de Culleredo, a Nocturna do Xalo,
unha proba deportiva en dobre modalidade de carreira de montaña e andaina, que celebra a súa terceira
edición.
2 / DATA E LUGAR
A proba celebrarase o sábado 19 de novembro de 2022 no Monte Xalo, tendo a súa saída e a súa chegada na
polideportiva de Castelo (Culleredo).
3 / DEFINICIÓN
Trátase dunha carreira e dunha andaina polo Monte Xalo de 13 e 8,5 quilómetros, respectivamente, cunha
única categoría para cada modalidade.
4 / RESPONSABILIDADE COA NATUREZA
A Nocturna do Xalo promove os valores de respecto á natureza, favorecendo a conservación do monte, a súa
flora e a súa fauna. Os participantes na proba deberán por esta razón empregar os contenedores de lixo
dispoñibles. A organización empregará, sempre que sexa posible, material reutilizable e reciclable. Os
elementos de marcaxe do percorrido recolleranse nas horas posteriores á proba, cando tamén se realizará a
limpeza do monte. A comunicación en papel reducirase ao mínimo, dando prioridade aos soportes
electrónicos.
5 / CATEGORÍAS E HORARIOS
Carreira Maiores de idade 13 quilómetros Saída ás 19.00 horas.
Andaina Todas as idades 8,5 quilómetros Saída ás 19.00 horas
6 / INSCRICIÓNS
Permanecerán abertas ata o mércores 16 de novembro de 2022 ás 23.59 horas en www.emesports.es; o
prezo da mesma será de 20 euros. O pagamento realizarase en todo caso no momento da inscrición a través
da pasarela de pagamento habilitada en www.emesports.es.
7 / LÍMITE DE PARTICIPACIÓN
Disporanse un total de 200 prazas para a carreira e 200 prazas para a andaina.
8 / PREMIOS
Entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados das categorías masculina e feminina da carreira.
9 / DORSAIS E CRONOMETRAXE
A carreira estará cronometrada pola empresa Emesports. Os chips de cronometraxe entregaranse aos
participantes xunto co dorsal, e se poderán recoller a partir das 18.00 horas do mesmo día da proba.
10 / AVITUALLAMENTOS, SINALIZACIÓN E MEDIOS OBRIGATORIOS
Tanto para a carreira como para a andaina, situarase un avituallamento líquido e sólido.
O percorrido estará sinalizado con cinta de balizaxe reflectante.
Será obrigatorio o emprego de frontais para as dúas modalidades, así como a achega dun teléfono de contacto
á organización. Será obrigatorio levar ao percorrido un teléfono móbil.
11 / ABANDONO OBRIGATORIO
A organización poderá parar en calquera momento a un corredor ou obrigarlle a abandoar a proba se considera
que o seu estado pon en perigo a súa integridade física, a súa seguridade ou a do resto de participantes.
12 / AGASALLOS
Cada participante terá acceso, coa inscrición, a unha camiseta conmemorativa, e recibirá tamén un ticket para
cear na polideportiva de Castelo ao remate do evento.
13 / SERVIZOS
Ademais de contar cos servizos dunha ambulancia medicalizada presente na zona de meta, os participantes
estarán cubertos polo correspondente seguro de accidentes da proba, que será obrigatorio para os inscritos de
todas as idades. Por esta razón, a organización non se fará responsable de calquera accidente relacionado con
persoas que decidan participar sen a correspondente inscrición e dorsal.
14 / RECLAMACIÓNS
As reclamacións aos resultados oficiais deberán formularse verbalmente á empresa de cronometraxe nas dúas
horas seguintes ao remate da proba, ou por escrito no correo electrónico info@castelodeporte.gal nas
vintecatro horas posteriores ao remate da proba.
15 / DEREITOS DE IMAXE
Os participantes autorizan expresamente á organización e aos seus patrocinadores a empregar e publicar
libremente calquera fotografía ou vídeo gravado no contexto da proba.
16 / ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO
A inscrición dos participantes está condicionada á aceptación do presente regulamento.
17 / DESCALIFICACIÓN
Serán motivos de descalificación:
- Atallar ou percorrer conscientemente tramos do percorrido diferentes ao oficial
- Tirar no monte lixo de calquera tipo
- Non asistir a outro participante en dificultades
- Non pasar polos avituallamentos ou puntos de control
- Abandonar a carreira sen avisar á organización
18 / SUSPENSIÓN
No caso de que polas condicións meteorolóxicas non fora posible que a proba dera comezo, a organización
resérvase o dereito de suspendela, neutralizala ou modificar o seu horario, o percorrido e os avituallamentos.
Neste caso non se devolverá o importe da inscrición.
No caso de suspensión da proba por causas de forza maior e cunha antelación de máis de sete días en
relación á data da mesma, realizarase un reembolso parcial da inscrición, fixado en función dos gastos non
recuperables pola organización.
19 / MÁIS INFORMACIÓN
Nas webs www.castelodeporte.gal, no Twitter @castelodeporte e na páxina en Facebook de Castelo Deporte
publicarase toda a información de interese sobre a proba. No correo electrónico ola@castelodeporte.gal
proporcionarase información adicional aos participantes.