Calendario
Info da proba

Arbo

27/11/2022 11:00 - 12:00
Regulamento O Concello de Arbo organizará o domingo 27 de novembro a partir das 10:00 horas da mañá,
na Praza do Concello, a I Carreira Contra a Violencia de Xénero “KM POLA IGUALDADE”.
Esta proba entra dentro da laboura e compromiso social do Concello de Arbo na loita pola
igualdade e prevención da violencia de xénero a través da práctica do exercicio físico saudable.
A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e
seguirá o seguinte:
REGULAMENTO
ARTIGO 1. PARTICIPANTES
Neste evento poderán tomar parte participantes federados e NON Federados. A idade mínima
para poder participar será de 11 anos.
ARTIGO 2. HORARIO E LUGAR DE SAÍDA e META
A saída e meta das probas estará situada na Praza do Concello de Arbo.
Ubicación google maps https://goo.gl/maps/aksyz1jDqwzaQv9S8
HORARIO
HORA LUGAR CATEGORIA
11:00 h Praza do Concello CARREIRA
(COMPETITIVA)
12:00 h ENTREGA DE PREMIOS
ARTIGO 3. CATEGORÍAS e DISTANCIAS
Poderán participar a partir dos 11 anos e anteriores.
Na carreira estableceranse as seguintes categorías:
• Escolar de 11 a 15 anos. 1 volta o circuíto ; 3,42 km
• Senior: de 16 a 34 anos. 2 voltas o circuíto ; 6,840 km
• Máster: de 35 anos en diante. 2 voltas o circuíto ; 6,840 km
ARTIGO 4. PERCORRIDO
O percorrido seguirá unha ruta de 3,42 km nos arredores do Concello de Arbo (Casa
Consistorial)
ARTIGO 5. INSCRICIÓNS E PRAZO
As inscrición realizaranse na web www.carreirasgalegas.com cos seguintes prazos e prezos:
CATEGORÍA PROBA PREZO PRAZO
MASTERS CARREIRA GRATUITO Ate o 25 de novembro ás
14:00 horas
SENIOR CARREIRA GRATUITO Ate o 25 de novembro ás
14:00 horas
ESCOLARES CARREIRA GRATUITO Ate o 25 de novembro ás
14:00 horas
ARTIGO 6. PREMIOS
• Medalla ou trofeo ás/os tres primeiras/os clasificadas/os da carreira , sexa cal sexa a súa
categoría.
• Trofeo ao colectivo, clube ou asociación que aporte mais participantes á proba.
ARTIGO 7. AVITUALLAMENTO
Haberá servizo de avituallamento líquido na zona de meta a disposición dos participantes.
ARTIGO 8. RECOLLIDA DE DORSAIS
Realizarase na zona de saída / meta (Praza do Concello) desde ás 09:30 horas e ata 30’ antes
do comenzo da proba.
ARTIGO 9. RECLAMACIÓNS AOS RESULTADOS
As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da
Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos. Todo o non
previsto no presente regulamento, resolverase de acordo cos regulamentos da FGA, e RFEA en
vigor.