Calendario
Info da proba

Negreira

10/12/2022 17:00
Regulamento Carreira do turrón

regulamento e inscrición: https://carreiradoturronnegreira.blogspot.com/

1- O Concello de Negreira organiza a IV CARREIRA DO TURRÓN , que se celebrará o sabado 10 de decembro de 2022.

2- Esta Carreira Pedestre Popular está aberta a tódolos atletas, independentemente da súa condición física, trátase dunha proba non federada nin competitiva e solidaria.

3- É obrigatorio anotarte na Delegación de Cultura e Deportes ou no Telf. 981.885 886 ata o VENRES 9 de decembro ás 14:00 h.

4- Os circuitos estarán debidamente sinalizados debendo os participantes respectar os itinerarios e o ritmo marcado pola organización.

5- As distancias e categorías serán as seguintes:
CHUPETES (2016 e posteiros) - 100 m.
PREBENXAMÍN, BENXAMÍN, ALEVÍN (2015-2010) - 800 m.
INFANTIL A ABSOLUTA: (2009 e ANTERIORES) - 4.000 m.

6- HORARIOS: A Saída estará situada no patio do CEIP O COTO. A organización resérvase o dereito de modificar o percorrido por mor da climatoloxía ou da seguridade dos corredores.
CHUPETES: 16:30 h.
PREBENXAMINS ata ALEVÍNS: 16:45 h.
ABSOLUTA: 17:00 h.

7- A Carreira é gratuita, pero é obrigatorio estar anotado para participar, si queres colaborar coas familias necesitadas de Negreira, podes aportar 1 KILO DE ALIMENTOS NON PERECEDEIROS, os membros da Organización.


8.- O remate teremos CHOCOLATE E ROSCA, tamén hai duchas no lugar da chegada.

9.- Os participantes deberán respetar o entorno por onde transcurre a marcha quedando terminantemente prohibido tirar lixo en todo o recorrido.

10.- A organización non se fai responsable dos accidentes nos que sea causa a neglixencia dos participantes así como os danos que estes poideran ocasionar durante a realización da marcha no caso de que non se cumpla o estipulado neste Regulamento.

11.- A inscrición nesta marcha conleva a aceptación do presente regulamento en tódolos seus termos e as instrucións dos Organizadores para o bo desenvolvemento da Carreira.

PROTECCIÓN DE DATOS Todo participante, ao formalizar a súa inscrición, está autorizando a publicación dos seus datos persoais necesarios para o desenvolvemento da proba, xa sexa nos listados oficiais, en medios de comunicación e/ou internet, así como, o seu uso para o envío de información relativa ao evento, incluídas posteriores edicións. Igualmente autoriza a que as imaxes recabadas (fotografía ou vídeo) se poidan utilizar de forma atemporal en calquera publicación ou acción publicitaria, co único fin de promoción e difusión do evento. Cada participante é responsable da veracidade dos datos proporcionados na súa inscrición, e consinte que ditos datos se incorporen a un ficheiro automatizado, do que é responsable O CONCELLO DE NEGREIRA O titular dos datos terá dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición nos termos previstos na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal.