Calendario
Info da proba

Villalba - San Silvestre

31/12/2022 17:30 - 18:30
Regulamento Art. 1.- OBXETO.
Establecer as bases de inscrición e reglas de participación nas probas da VII CarreiraAndaina “San Silvestre Vilalbesa” que organiza O Concello de Vilalba.
O evento terá unha duración aproximada de 3 horas, dende as 15:30 ata as 18:30
horas do sábado 31 de decembro de 2022 e comezará coas carreiras dos máis
pequenos sobre as 16:30 horas aproximadamente.
A proba celébrase no núcleo urbán por distintas rúas de Vilalba según os roteiros do
anexo, sendo a saída e chegada a Praza da Constitución.
A organización cumplirá todas as medidas que as autoridades deportivas ou sanitarias
podan adoptar fronte á Covid19 ou calquer outro imprevisto.
Art. 2.- CATEGORÍAS.
As categorías, clasificacións e distancias a percorrer son as que se relacionan a
continuación:
 Categoría pitufos e pitufas: proba participativa mixta, nados entre 2019-2017,
150 metros.
 Categoría sub 7: proba participativa mixta, nados entre 2016-2015, 300
metros.
 Categoría sub 10: proba participativa mixta, nados entre 2014-2012, 900
metros.
 Categoría sub 13: proba participativa mixta, nados entre 2011-2009, 1.800
metros.
 Andaina: proba participativa mixta, sen límite de idade, 2.5000 metros
aproximadamente.
 Categoría Absoluta: clasificación masculina e feminina, nados no 2008 e
anteriores, 5.250 metros aproximadamente. Cronometraxe con chip e listados
de resultados.
Art. 3.- INSCRICIÓN.
As inscricións de balde para todas as probas serán dende o 16 ata o 26 de decembro
as 20:00 horas na web: championchipnorte.com, podendo participar calquera
persoa correctamente rexistrada na categoría correspondente según a súa idade.
Non se aceptan inscricións por teléfono, correo electrónico ou presencial.
Art. 4.- HORARIO DAS PROBAS.
As carreiras de menores terán carácter participativo.
 16:30 - pitufos e pitufas.
 16:40 - sub 7.
 16:50 - sub 10.
 17:05 - sub 13.
A carreira abosluta será competitiva, con cronometraxe e resultados por categorías
masculina e feminina.
 17:30 - Absoluta e Andaina
Art. 5.- RECOLLIDA DE DORSAIS.
Na oficina de cultura e deportes no 2º andar da Casa Consistorial, o 30 de decembro
en horario de 9:00 a 14:00 horas.
O propio día do evento, sábado 31 de decembro na praza da Constitución a partir das
15:00 horas.
Art. 6.- DESENROLO DAS PROBAS
Coa finalidade de facer que o evento sexa o máis festivo posible para despedir o ano,
tódolos participantes poden asistir disfrazados.
En tódalas carreiras de menores, non está permitido que os pais, nais ou titores
dos nenos e nenas corran á súa beira.
Na Andaina ao non exisitir límite de idade poden participar dende recén nados no seu
carro e a súa familia, ata os máis maiores. Tamén poden participar donos coa súa
mascota sempre e cando, a mascota, leve o material idóneo para a seguridade dos
participantes e od evento en si. Na andaina poden participar todolos participantes das
categorías menores, non sendo necesaria a adquisición dun novo dorsal para a
andaina.
Art. 7.- PREMIOS.
Art. 7.1.- CARREIRAS MENORES
Medallas para tódolos participantes (entrega á chegada dos deportistas á
meta).
Art. 7.2.- CATEGORÍA ABSOLUTA
Trofeo para o 1º, 2º e 3º clasificado/a na categoría masculina e feminina.
Art. 7.3.- PREMIOS PARTICIPACIÓN
Tódolos participantes con DORSAL poderán degustar un chocolate con churros
na Praza da Constitución. Imprescindible presentar o dorsal para a
degustación.
Art. 8.- RESPONSABILIDADE.
No momento da inscrición, o participante ou o seu representante, manifesta atoparse
físicamente apto para percorrer a súa distancia. A participación no evento levarase a
cabo baixo a responsabilidade e propio risco do participante no que respecta ao seu
estado de saúde, sendo o único responsable de cumprir coa normativa Covid no lugar
de realización do evento, en caso de habela. Ademáis, deberá ter en conta o respeto e
cumprimento da normativa sobre seguridade viaria. A organización declina toda
responsabilidade dos danos que os participantes poidan ocasionar durante a proba, ou
derivar deles a terceiros.
Os participantes contará cun seguro de asistencia sanitaria que contará como mínimo
coas prestacións mínimas do Seguro Deportivo Obligatorio Deportivo establecidas no
Real Decreto 849/1993, de 4 de xuño. En caso de accidente ou lesión durante as
carreiras, os participantes deben poñelo inmediatamente en coñecemento da
organización ou dos servizos de asistencia sanitaria presentes no evento para
tramitrar o correspondente parte de accidentes.
Art. 9.- MODIFICACIÓN DAS BASES.
A organización resérvase o dereito de modificar as presentes bases e de decidir sobre
calquera aspecto ou circunstancia non contemplada nestas bases.
Art. 10.- ACEPTACIÓN DAS BASES DE PARTICIPACIÓN NAS CARREIRAS
A inscrición e participación na VII Carreira-Andaina “San Silvestre Vilalbesa” 2022
supón a aceptación das normas.