Calendario
Info da proba

San Miguel de Oia

18/12/2022 11:40 - 13:10
Regulamento XLV TROFEO DE CAMPO A TRAVÉS EN SAN MIGUEL DE OIA - VIGO
II Memorial Alejandro Gómez Cabral
REGULAMENTO
A Sociedade Deportiva Atletismo San Miguel de Oia, ten o privilexio de convidalos a participar no XLV Trofeo de
Campo a Través que se celebrará o vindeiro día 18 de Decembro de 2.022 a partires das 10:00 da mañá nos campos
Loureiro – Camiño da Verdella de San Miguel de Oia, de acordo coas seguintes normas:
Este ano queremos dedicarlle esta carreira a todas as mulleres que participen na categoría absoluta e deporte
adaptado do noso cros, e con tal motivo, faremos un sorteo de 4 vales de compra en material deportivo. Entrarán no
sorteo todas as mulleres que se presenten na liña de saída na carreira popular as 11:40 da mañá, e que estean
debidamente inscritas en dita competición. Para os homes que cumpran as mesmas condicións tamén se sortearan 3
vales de compra en material deportivo.
1º A participación está aberta a atletas federados ou non federados con excepción dos atletas españois con axuda
económica da RFEA nin atletas estranxeiros que houberan feito, durante a presente tempada ou as 2 anteriores, unha
marca dun valor de 950 puntos ou superior por táboa IAAF vixente (como se detalla no artigo 3.4 do regulamento das
competicións da RFEA), salvo permiso expreso concedido. Este punto non é aplicable para atletas (españois ou
estranxeiros) con licenza dilixenciada pola Federación Galega de Atletismo.
Celébranse varias carreiras e a hora de saída e distancias a percorrer das probas son as seguintes:
HORA CATEGORÍA ANO VOLTAS DISTANCIA
10:00 SUB 16 FEMENINO 07-08 1 V. GRANDE 2.000 m.
10:15 SUB 16 MASCULINO 07-08 2 V. PEQUENAS (A)
+ 1 V. GRANDE
3.054 m.
10:30 SUB 14 FEMININO 09-10 3 V. PEQUENAS (A) 1.581 m.
10:45 SUB 14 MASCULINO 09-10 1 V. GRANDE 2.000 m.
11:00 SUB 12 FEMININO 11-12 2 V. PEQUENAS (A) 1.075 m.
11:10 SUB 12 MASCULINO 11-12 3 V. PEQUENAS (A) 1.581 m.
11:20 SUB 10 FEMININO 13-14 2V. PEQUENAS (B) 700 m.
11:30 SUB 10 MASCULINO 13-14 2V. PEQUENAS (B) 700 m.
11:40 CARREIRA POPULAR
(Ambos sexos)
02 e anteriores 5V. GRANDES 10.000 m.
11:40 CARREIRA ADAPTADA
(Ambos sexos)
20 e anteriores 2V. PEQUENAS 1.000 m
12:50 SUB 18 e SUB 20
(Ambos sexos)
03-04-05-06 2V. GRANDES 4.000 m.
13:00 PREBENXAMÍN FEMININO* 15-16 1V. PEQUENA (A) 527 m.
13:10 PREBENXAMÍN MASCULINO* 15-16 1V. PEQUENA (A) 527 m.
13:15 OLÍMPICOS FEMENINO * 17-18-19-20 CIRCUITO CHAN 100 m.
13:20 OLÍMPICOS MASCULINO * 17-18-19-20 CIRCUITO CHAN 100 m.
13:30 ENTREGA DE PREMIOS
*Estas carreiras son de promoción non oficiais.
2º As carreiras estarán reguladas baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Delegación en Vigo da Federación
Galega de Atletismo.
3º Os dorsais serán facilitados pola organización e deberán levarse en toda súa extensión, sen dobreces que
dificulten a súa visión po los Xuíces, sendo o contrario motivo de descalificación.
4º Tódolos clubes, centros escolares ou agrupacións teñen que estar representados por un delegado que deberá
presentarse en secretaría como mínimo media hora antes da hora prevista para o inicio da competición a fin de retirar os
dorsais e documentación da mesma.
5º As inscricións faranse na páxina web Carreiras Galegas tendo como fecha límite o día 16 de decembro as
20:00 horas, onde deberán indicar os datos da inscrición requiridos.
6º Premios. Para todas as categorías entregaránselle trofeo os tres primeiros de cada categoría e sexo e medalla
ó resto dos participantes.
Na carreira popular entregaranse trofeos os tres primeiros das seguintes categorías, tanto feminino como masculino:
A- Nados entre os anos 2.002 e 1.989.
B- Nados entre os anos 1.988 e 1.980.
C- Nados entre os anos 1.979 e 1.971.
D- Nados entre os anos 1.970 e 1.962.
E- Nados entre os anos 1.961 e 1.955
F- Nados entre os anos 1.954 e anteriores.
Os vales do material deportivo serán os seguintes:
Para as mulleres Para os homes
1 vale en material deportivo de 150€
1 vale en material deportivo de 100€
1 vale en material deportivo de 75€
1 vale en material deportivo de 50€
1 vale en material deportivo de 150€
1 vale en material deportivo de 100€
1 vale en material deportivo de 75€
7º Os premios individuais non serán acumulables.
8º A proba está cuberta cun seguro de responsabilidade civil obrigatorio e seguro de accidentes.
9º A organización desta proba non se fai responsable dos danos morais ou materiais que así mesmos ou a outras
persoas ocasionen os participantes desta carreira, así como das neglixencias que poidan cometer durante o seu transcurso.
10º As reclamacións sobre de este regulamento e outras incidencias non contempladas no mesmo faranse de
acordo cos regulamentos da IAAF, RFEA e FGA en vigor.
11º A inscrición nesta competición implica a aceptación do presente regulamento.