Calendario
Info da proba

Castrelo de Miño - San Silvestre

31/12/2022 16:30 - 17:30
Regulamento XXIV CARREIRA SAN SILVESTRE
DE CASTRELO DE MIÑO
REGULAMENTO
A proba está incluida no calendario autonómico oficial da Federación Galega de Atletismo e estará
cronometrada e controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
I.- Organización
O Concello de Castrelo de Miño coa colaboración do Club Naútico de Castrelo de Miño e da
Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo organiza a XXIV carreira San Silvestre de
Castrelo de Miño, que se celebrará o 31 de decembro de 2022 coa colaboración do Inorde,
Protección Civil de Castrelo de Miño e Ambulancias Bande entre outros.
II.- Participación e categorías
Poderán participar toda clase de corredores, federados ou non federados, que estean
correctamente inscritos, na forma e nos prazos establecidos neste regulamento.
Establécense as seguintes categorías:
PITUFOS: Nados o ano 2015 e posteriores. A proba de esta categoría ten carácter participativo polo
que non se realizará clasificación. Tódolos participantes recibirán unha medalla conmemorativa.
SUB12: Nados os anos 2011, 2012, 2013 e 2014.
SUB16: Nados os anos 2007, 2008, 2009 e 2010.
ABSOLUTA: Nados o ano 2006 e anteriores.
III. - Inscricións
O número máximo de atletas que poderán inscribirse para a proba será de 250 adultos e 75
menores.
O prazo de inscripción será do 15 ó 27 de decembro ata ás 23:59 horas, salvo que se agoten os
dorsais con anterioridade ó día de peche. A inscripción realizarase a través da web de carreiras
galegas: https://www.carreirasgalegas.com/carreira/xxiv-carreira-san-silvestre-castrelo-demi%C3%B1o/c2deec7e-f6fe-ea9b-ddaa-3a07ff3d9ab1
A cota de inscrición será de 1’50 euros para os participantes de entre 8 e 15 anos (SUB16 e SUB12)
e de 3 euros para os de a partir de 16 anos (ABSOLUTA). A inscrición para os menores de 8 anos
(PITUFOS) será gratuita.
Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.
IV. - Recollida de dorsais e Chips
Os dorsais e chips entregaránse preferentemente os días 29, 30 e 31 de decembro na Casa do
Concello de Castrelo de Miño en horario de 08:30 a 15:00 h., excepcionalmente o día 31
entregaránse en horario de 15:00 a 16:00 horas no Parque Náutico.
Os/as deportistas terán que portar obrigatoriamente o dorsal no peito en todo momento, sen
dobrar nin ocultar, ben visible.
V. - Percorrido
A carreira disputaráse sobre circuitos con saída e meta no Parque Naútico de Castrelo de Miño
según os mapas orientativos que figuran nos anexos de este regulamento.
Os participantes na carreira PITUFOS (sub8) correrán unha distancia de 125 m. polo paseo do
Parque Náutico.
Os participantes na carreira SUB12 (sub12 e sub10) darán 1 volta a un circuito de 1,15 Km.
Os participantes na carreira SUB16 (sub16 e sub14) darán 1 volta a un circuito de 2,75 Km.
Os participantes na carreira ABSOLUTA (A partir de 16 anos) darán 2 voltas a un circuito de 2,75 Km.
Total: 5,5 km.
A organización poderá modificar o percorrido previsto por motivos de seguridade ou por causa de
forza maior.
VI. - Horario e Saída
A saída da carreira SUB12 (de 8 a 11 anos inclusive) terá lugar ás 15:45 horas.
A saída da carreira SUB16 (de 12 a 15 anos inclusive) terá lugar ás 16:00 horas.
A saida da carreira ABSOLUTA (de 16 anos en adiante) terá lugar ás 16:30 horas.
A saida da carreira PITUFOS (menores de 8 anos) terá lugar ás 17:15 horas.
A Saída e Meta de tódalas carreiras estará situada no Parque Naútico de Castrelo de Miño.
VII. - Premios
Haberá premios para as 3 primeiras mulleres e para os 3 primeiros homes das categorías SUB 12,
SUB 16 e ABSOLUTA. Haberá medallas para todos os participantes da carreira de PITUFOS.
Ao rematar a carreira de PITUFOS, en torno ás 17:30 h., realizárase o acto de entrega de premios e
haberá chocolate quente para tódolos participantes.
VIII. - Seguros e Servizos Médicos
Todas as persoas participantes estarán cubertas cunha póliza de Seguro de Responsabilidade Civil e
cun Seguro de Accidentes.
É imprescindible estar inscrito/a para ter cobertura dos seguros de RC e de accidentes. Haberá
servizo de ambulancia para a atención dos participantes.
Quedan excluídos, da cobertura destes seguros, os casos derivados dun padecemento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, os casos producidos polo desprazamento ao lugar da
competición ou desde este á orixe,da normativa de competición, etc.
IX. - Descualificacións
Serán motivos de descualificación, entre outros, os seguintes:
- Non realizar todo o circuíto da carreira.
- Non levar dorsal visible por diante.
- Manipular o chip.
- Falsificar datos persoais.
- Suplantación de identidade.
Todo/a aquel/a atletas descualificado/a deberá retirar o seu dorsal e abandoar o circuito de forma
inmediata.
Os servizos médicos, o xuíz árbitro da competición e o persoal da organización, están facultados
para retirar xustificadamente da carreira a calquera atleta que manifesta un mal estado físico
evidente.
X - Reclamacións
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao Xuíz Árbitro, non máis tarde de 30’ despois de
comunicarse oficialmente os resultados.
XI. - Normativa
Para todo o non disposto neste regulamento aplicarase a normativa FGA e, de ser preciso, a
normativa RFEA e WA.
XII. - Outras Disposicións
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.