Calendario
Info da proba

Rábade - San Silvestre

31/12/2022 12:00 - 13:00
Regulamento VIII DON SILVESTRE RABADENSE
Sábado 31 de decembro de 2022
Categorías menores: 11:15h
Adultos: 12:00h
Organiza e patrocina:
Concello de Rábade
Horarios e distancias:
Saída proba de menores 1: 11:15 - Nad@s en anos posteriores ao 2017. Distancia: 50 metros
Saída proba de menores 2: 11:20 - Nad@s entre 2013-2017. Distancia: 600 metros
Saída proba de menores 3: 11:35 - Nad@s entre 2007-2012. Distancia: 1.100 metros
Saída proba absoluta: 12:00 - Nad@s no 2006 e anteriores. Distancia: 4.000 metros
Regulamento:
A inscrición será obrigatoria para todas as categorías nos prazos establecidos non admitindo
inscritos o día da proba.
A proba é non competitiva, polo tanto non haberá clasificacións.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer
ningunha modificación nel.
Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva
implícita a aceptación do regulamento da proba.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais que a si mesmos
ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia
non contemplada neste regulamento
INSCRICIÓNS:
Inscricións gratuítas para todas as probas na páxina www.championchipnorte.com
Peche de inscricións o xoves 29 de decembro.
.
Non se aceptan inscricións presenciais, por teléfono ou fax
ENTREGA DE DORSAIS
Os dorsais entregaranse o día da proba (31 de decembro) na carpa da organización sita na Praza de
España de 10:30 a 11:50
PREMIOS:
Para optar a calquera dos premios é obrigatorio correr co dorsal asignado pola organización
-Trofeo e vale cortesía das Asociación de hostelería e alimentación de Rábade e Asociación de
comerciantes de Rábade para os catro mellores disfraces.
-Todos os participantes das probas de menores recibirán unha medalla conmemorativa.
-Regalo conmemorativo para todos os participantes.
SERVIZOS PARA O ATLETA
-Avituallamento: avituallamento final para tod@s @s atletas que rematen a proba, na zona
habilitada pola organización.
-Gardarroupa: todos aqueles que o desexen poderán facer uso do servizo gardarroupa habilitado
pola organización.
-Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos atletas as duchas no pavillón
municipal de Rábade