Calendario
Info da proba

Sárria

31/12/2022 18:00 - 19:00
Regulamento REGULAMENTO MILLA DE SARRIA
1-CATEGORÍAS
As categorías son as seguintes:
 Sénior FEMENINO E MASCULINO desde os 18 aos 45 anos
 Veterano FEMENINO E MASCULINO. A partir dos 45 años
 Mini - 2016- 2017 FEMENINO E MASCULINO
 Categoría A - 2013- 2014- 2015 FEMININO E MASCULINO
 Categoría B - 2010- 2011- 2012 FEMININO E MASCULINO
 Categoría C - 2007- 2008-2009 FEMININO E MASCULINO
 Categoría D – 2004 – 2005– 2006 FEMININO E MASCULINO
2-PERCORRIDO
A carreira discorre por un circuíto urbano practicamente chairo, en liña recta, pola rúa Calvo
Sotelo.
3-LUGAR E DATA
A saída, as 18:00 horas do día 31 de decembro de 2022, estará situada na entrada de Sarria,
na rotonda sita na estrada que ven de Samos, e a meta á altura do Hotel Roma.
4-PARTICIPACIÓN
Poderán participar na proba todos os atletas inscritos na páxina web www.sarriacorre.com
dende o dia da sua publicación nesta paxina ata o dia 29 de decembro de 2022.
5-INSCRICIÓN
A inscrición será GRATUÍTA e se realizarase a través da páxina web de Championchip Norte
www.ccnorte.com ou www.sarriacorre.com
O feito de inscribirse supón a aceptación do regulamento.
Cada corredor terá asignado un dorsal. O cronometraxe realizarase pola empresa
Championchip Norte.
Todos os corredores polo feito de inscribirse, aceptan a publicación tanto do seu nome como
da súa imaxe nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e en internet.
O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.
6- DESCUALIFICACIÓN
Será motivo de descualificación non realizar todo o circuíto da proba, saír sen dorsal ou Chip,
e falsificar datos persoais.
7-TROFEOS
Haberá premio para os gañadores absolutos, masculino e feminino: o seu peso en produtos
cárnicos porcinos sarriaos.
Todos os participantes recibirán unha medalla de chocolate como homenaxe ao
irmandamento dos Concellos de Sarria e El Escorial.
8-DORSAIS
A entrega de dorsais realizarase o mesmo día da proba, desde as 16:00 horas no pavillón dos
Institutos de Sarria.
9-ASISTENCIA PROTECCIÓN CIVIL
A proba contará con voluntarios de protección civil.
10- SEGUROS
A organización dispoñerá dos seguros pertinentes segundo a normativa vixente para as
probas populares deste tipo.
A organización non é responsable dos danos morais, materiais ou económicos derivados da
participación nesta proba.
11-OUTROS
Todas as dúbidas, problemas e queixas que se susciten na interpretación destas bases
resolveranse directamente polo Concelleiro Delegado de Deportes.