Calendario
Info da proba

Viveiro

31/12/2022 17:00 - 19:00
Regulamento Fonte: https://xn--xornaldamaria-tkb.gal/occidental/viveiro/100119-a-xxii-carreira-popular-concello-de-viveiro-memorial-disputarase-o-sabado-31-de-decembro/

Incrición:

Viveiro - Memorial Julian Bernal
O prazo de inscrición remata o mércores día 28 e as solicitudes pódense facer a través do teléfono 982 598 160 ou no email: egovarros@gmail.com. O custo da inscrición é de 5 euros no caso da carreira absoluta e de balde para os menos de 13 anos.

O ingreso da contía será a través do número de conta: ES08 2100 4330 6201 0016 2606 e haberá que engadir o xustificante no email da inscrición.

O Concello de Viveiro presentou hoxe a vixésimo segunda edición da Carreira Popular Concello de Viveiro-Memorial Julián Bernal, unha proba que se disputa o vindeiro sábado 31 decembro organizada polo CD Egovarros-Viveiro, en colaboración co Concello e a Deputación de Lugo.


A saída desta proba senlleira xa na vila será ás 16:00 horas dende a Praza Maior para as categorías menores que estarán divididas en tres grupos: de 0 a 7 anos, de 8 a 10 e de 11 a 13. Nestas categorías entregarase trofeo aos 3 primeiros clasificados e unha medalla a todos os participantes.

Ás 17:00 horas será a quenda da categoría absoluta, tamén dende a Praza Maior, recibindo os gañadores, tanto en categoría feminina como masculina, un lacón; os segundos clasificados un queixo e os terceiros unha ristra de chourizos.