Calendario
Info da proba

Lalín

05/03/2023 11:00 - 12:30
Regulamento XVIII Carreira do Cocido, Lalín

Data: domingo, 5 de marzo de 2023.
Hora:
10:50 CIRCUITO ADAPTADO "CARREIRA CAPACIDADES ESPECIÁIS"
11:00 5K (2005 e anos anteriores)
11:00 5K (2006-2007)
11:00 5K (CAPACIDADES ESPECIALES)
11:05 10K (2005 e anos anteriores)
11:05 10K (2006-2007)
11:05 10K (CAPACIDADES ESPECIALES)
13:00 CHUPETE (2018 e posteriores)
13:00 SUB8 (2016-2017)
13:00 SUB10 (2014-2015)
13:00 SUB12 (2012-2013)
13:00 SUB16/SUB14 (2008-2011)
Distancia: probas absolutas de 5 e 10 km.
Web: Carreira do Cocido de Lalín (máis información e inscricións)

:: Comenta a Carreira do Cocido no foro de Carreiras Populares ::


Proba de 10 km - coeficiente 1,5.
Proba de 5 km - coeficiente 1.


1. PRESENTACIÓN
Un ano máis temos a ben presentarvos unha nova edición da carreira do Cocido de Lalín. Que se desenrolará na mañá do domingo 5 de marzo de 2023.

Expoñemos a continuación un regulamento simplificado respecto do de anteriores edicións. A prior, saídas por caixóns, máscaras etc. forman parte do pasado para este tipo de eventos deportivos.
Retomamos deste xeito a nosa festa do atletismo popular adscrita á feira gastronómica do Cocido coa firme convicción de que un ano máis imos cumprir as previsións. Contamos marcar un novo record de inscritos este 2023.
Agradecemos de antemán aos corredores que vos achegastes ou achegaredes a desfrutar esta proba. Ao Concello de Lalín, ao Club de Atletismo Deza, a todos e cada un dos patrocinadores e voluntarios, empresas, clubs e particulares que poñen a súa vontade e o seu traballo para que esta carreira saia adiante cada ano cun maior grao de satisfacción.

2. ORGANIGRAMA
2.1) ORGANIZA:
Concello de Lalín a través da concellería de deportes.
2.2) COLABRADOR PPAL:
Club Escola de Atletismo Deza
a. A coordinación do evento será responsabilidade de 1) e 2)

3.INSCRIPCIÓNS E CRONOMETRAXE:
A cronometraxe da Carreira do Cocido correrá a cargo da empresa CHAMPIONCHIPNORTE e realizarase a través dos chips incluídos no dorsal para tódalas categorías a excepción das posteriormente sinaladas.
Categorías “chupete e pre-benxamín” non serán cronometradas, non terán chip e non dispoñerán de podio, sendo todos os participantes obsequiados cunha medalla de participación.
Todos os participantes deberán ter dorsal e chip, único e intransferíbel, e deberán estar visibles e debidamente colocados.
Non se aceptan inscricións fora de prazo baixo ningunha circunstancia, unha vez pechadas nin o día da carreira.

3.2 CARREIRAS ABSOLUTAS
- Saída e meta serán no mesmo arco da Praza de Galiza.
- Tanto os participantes na proba de 5 km como os que realicen a de 10 km terán unha saída programada conxunta, cunha separación de 5min para separar ambos circuítos sen risco de mesturas.
- Realizarase en primeiro lugar a saída da proba de 5km.
- A categoría SUB 18 terá a inscrición gratuíta como tamén o serán as categorías escolares.

3.3 CARREIRAS DE MENORES
- Realizaranse segundo o disposto neste regulamento
- Saídas e metas estarán sinalizadas por arcos e poderanse atopar seguindo os planos que se axuntarán no regulamento. (estrarán impresos no entorno da praza de Galiza o día do evento)

3.4 RESULTADOS E FOTOGRAFÍAS
- As clasificacións e os resultados publicaranse en diferentes medios de comunicación e nas redes sociais tanto de concello como do club Atletismo Deza. Coa realización da inscripción acéptase a cesión das imaxes e datos respecto do especificado no apartado de PROTECCIÓN DE DATOS.

4.PERCORRIDOS
4.1) 10Km
-Existirá avituallamento tamén na praza de Galiza de froita, barriñas enerxéticas e auga a cargo dos nosos patrocinadores. Ademáis da correspondente bolsa do corredor.
-Presentarase ademais un track race interactivo para complementar este mapa e solventar as dúbidas debidas á escala do mesmo.
-Poñerase un punto de reparto de augas no paseo do Pontiñas a metade de percorrido.

4.2) 5Km
-Saída e meta da praza de Galiza. O circuíto e común ao de 10Km exceptuando o tramo oeste do paseo do Pontiñas.

4.3) SUB 14-16 (2500m) – NADOS EN 2008, 2009, 2010, 2011

4.4) SUB 12 (1100m) – NADOS EN 2012,2013

4.5) SUB 10 (800m) – NADOS EN 2014, 2015

4.6) SUB 8 PRE-BENXAMÍNS (200m) – NADOS EN 2016, 2017
Saida dende o arco inchable que estará situado no lugar indicado do mapa.

4.7) CHUPETES (100m) – NADOS EN 2018 E POSTERIORES
Saída dende a entrada da Praza de Galiza, baixo o arco inchable alí instalado.

5. AVITUALLAMENTO E BOLSA DO CORREDOR
Como xa ven sendo tradición nesta carreira haberá avituallameto na Praza de Galiza (lugar de saida e meta de case tódalas categorías).
Cada participante recibirá unha bolsa mochila con froita, bebida e barriña na que se inclúe unha camiseta da tallaxe previamente seleccionada na plataforma de inscricións.

6. TROFEOS E PREMIOS POR CATEGORÍAS
6.1 ESPECIFICACIÓNS
- As categorías escolares “chupete” e “SUB 8” non serán cronometradas e non terán por tanto podio como tal.
- Entregaráselles a tódolos participantes das categorías escolares unha medalla de participación ao remate da proba.
- Os equipos estarán conformados por un mínimo de 6 participantes e un máximo de 8 dos cales un 50% como mínimo deberá estar conformado por mulleres. Puntuarán as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes en chegar á meta.
- Os premios non serán acumulativos a excepción do premio “atleta de maior idade”

CATEGORÍA POSTO SEXO OBSEQUIO
1 masc TROFEO+AGASALLO
2 masc TROFEO
3 masc TROFEO
ABS/LOCAL 1 masc TROFEO+AGASALLO
1 fem TROFEO+AGASALLO
2 fem TROFEO
3 fem TROFEO
ABS/LOCAL 1 fem TROFEO+AGASALLO
EQUIPO 1 mixto TROFEO+AGASALLO

5Km
ABSOLUTA
ABSOLUTA
CATEGORÍA POSTO SEXO OBSEQUIO
1 masc TROFEO+AGASALLO
2 masc TROFEO
3 masc TROFEO
ABS/LOCAL 1 masc TROFEO+AGASALLO
1 fem TROFEO+AGASALLO
2 fem TROFEO
3 fem TROFEO
ABS/LOCAL 1 fem TROFEO+AGASALLO
EQUIPO 1 mixto TROFEO+AGASALLO
SUB 18 1, 2 e 3 masc
SUB 18 1, 2 e 3 fem
SUB 20 1, 2 e 3 masc
SUB 20 1, 2 e 3 fem
SUB 23 1, 2 e 3 masc
SUB 23 1, 2 e 3 fem
SENIOR 1, 2 e 3 masc
SENIOR 1, 2 e 3 fem
M 35 1, 2 e 3 masc
M35 1, 2 e 3 fem
M 45 1, 2 e 3 masc
M 45 1, 2 e 3 fem
M 55 1, 2 e 3 masc
M 55 1, 2 e 3 fem
M 65 1, 2 e 3 masc
M 65 1, 2 e 3 fem
TROFEOS SEGÚN POSTO
10Km
ABSOLUTA
ABSOLUTA
CAT POSTO SEXO OBSEQUIO
SUB 10 1, 2 e 3 masc
SUB 10 1, 2 e 3 fem
SUB 12 1, 2 e 3 masc
SUB 12 1, 2 e 3 fem
SUB 14 E 16 1, 2 e 3 masc
SUB 14 E 16 1, 2 e 3 fem
TROFEOS SEGÚN POSTO
CATEGORÍAS ESCOLARES CON TROFEOS

PREMIOS ESPECIAIS
home e muller participantes de maior idade
Socio honorífico do Club Atletismo Deza
7. RECOLLIDA DE DORSAIS
- Sábado 4 de marzo de 2023 de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 (consultar RRSS do club)
- Domingo 05/03/2023 no Concello de Lalín, preto Da zoa de saída, dende as 9:30 da mañá e ata media hora antes de cada proba (sen excepcións).
- RECOMÉNDASE A RECOLLIDA do dorsal o día SÁBADO 4 no horario sinalado para evitar colas excesivas o día 5.
- NON SE ENTREGARÁN DORSAIS DESPOIS DE ENTRADOS NOS 30 MIN PREVIOS Á PROBA.
8. HORARIOS

9. RECLAMACIÓNS E DESCALIFICACIÓNS
– Por deterioro físico do atleta.
– Por abandono do circuíto delimitado para a proba.
– Por non levar o dorsal ou chip perfectamente colocado en toda a súa extensión (no peito durante todo o percorrido) ata a entrada na Meta.
– Por participar con un dorsal ou chip que corresponda a outro corredor, por participar con máis dun dorsal ou chip.
– Por realizar a inscrición con datos alterados.
– Por no atender as indicacións da Organización ou xuíces.
– Por entrar fora da hora prevista pola organización como tempo máximo de duración da proba.
9:30
10:30
10:50 200m
11:00 5Km
11:05 10Km
12:30
13:00
1ª 100m
2ª 200m
3ª 800m
4ª 1100m
5ª 2500m
14:00
dan inicio as carreiras escolares na orde aquí
presente, irase chamando por megafonía.
entrega de trofeos categorías escolares
HORARIO
chupetes
sub 8
sub 10
sub 12
sub 14 e16
12:15
ENTREGA DE PREMIOS CARREIRAS ABSOLUTAS:
podios para as categorías presentes no
regulamento e premios especiais a atletas de
maior idade.
peche mesas de dorsais para cat escolares
peche mesas de dorsais para 5k e 10k
apertura mesa de dorsais
CARREIRA DE CAPACIDADES ESPECIAIS
SAIDA 5K
SAIDA 10K

10. PROTECCIÓN DE DATOS
Todos os corredores/as polo feito de realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxen nas clasificacións, medios de
comunicación e ou internet. Mediante a súa inscrición, o corredor consinte expresamente que os seus datos sexan utilizados pola organización (FGA e Concello de Lalín) para comunicacións sobre as suas actividades. En todo caso, e tal e como establece a Lei de Protección de Datos, o interesado/a pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico ao Departamento de Deportes do Concello de Lalín.

11. CLÁUSULAS ADICIONAIS
Primeira: A organización reservase a potestade de cambiar os percorridos definidos, modificar o regulamento, circunstancias que serán comunicadas ós participantes.
Segunda: A organización do Circuito declina toda a responsabilidade dos danos que os atletas puideran ocasionar, ocasionarse ou derivasen da participación destos nas probas. Todos os atletas inscritos nas probas darán por aceptado o presentes Regulamento e en caso de dúbida, sempre prevalecerá o criterio da Organización.
COMITÉ ORGANIZADOR: Concello de Lalín
Aparcadoiro de balde en Lalín: o aparcadoiro Aldea Grande é de balde e está situado en pleno centro da vila.

12. O COCIDO DO CORREDOR E ACOMPAÑANTES A 20€/PERSOA
O Club Atletismo Deza coa colaboración e gran esforzo de algúns hostaleiros do pobo promocionou esta experiencia piloto para que cada un de vós e os vosos acompañantes poidades desfrutar da carreira do cocido e degustar o prato que lle da o nome.
Na plataforma de inscricións aparecerá un despregable cos locais participantes en dita iniciativa, e poderedes chamar para reservar ata fin de prazas.
Participan nesta iniciativa:
- Hotel Pontiñas
- Restaurante A Estación (Botos)
- Bar Restaurante Onde Antonio
- Restaurante Villanueva