Calendario
Info da proba

Laracha

12/03/2023 9:00 - 14:00
Regulamento 1- Bases:
A participación no “VII Trail e Andaina polas
cabeceiras do Anllóns” suporá a aceptación deste
regulamento.
2- Data e horarios:
Terá lugar o 12 de Marzo de 2023.
- A entrega de dorsais será no I.E.S Agra de Leboris
de 7:30 a 8:45 para os inscritos no trail e de 7:30 a
9.15 para os inscritos no mini trail e na andaina.
SAIDAS:
- O Trail terá saída ás 9:00 do I.E.S. Agra de
Leborís.
- O Mini Trail terá saída as 9:30 do I.E.S Agra de
Leborís.
- A Andaina terá saida a continuación do Mini Trail
dende o I.E.S Agra de Leborís.
3- Distancia:
-O trail terá unha lonxitude de 30Kms e 2700m
desnivel acumulado.
- O minitrail terá unha lonxitude de 17Kms e 1300 m
desnivel acumulado.
- A Andaina terá unha lonxitude de 14Kms e 700m
desnivel acumulado
4- Categorías:
- Poderán participar as persoas que o desexen,
maiores de 18 anos e os menores de máis de 16 con
permiso de consentimento firmado polos seus titores
legais.
- No recorrido de trail non se permite a
participacion de menores de 18 anos.
-As categorías serán as mesmas para o Trail e para o
Mini Trail masculino e femenino.
*Absoluta
*Senior (corredores hasta 39 anos cumpridos)
*Veteran@ A (corredores 40 anos a 49 anos cumpridos)
*Veteran@ B (corredores de 50 anos cumprido en
diante)
-A Andaina non é competitiva polo que non haberá
premios.
-A entrega de premios será sobre as 13:30, unha vez
completemos os tres primeiros puestos de cada
categorias
5- Inscricións:
-Ás inscripcións serán en emesports.es e abriránse o
15 de enero ata o 7 de Marzo ás 23:59.
PRECIOS: Tramo do 15/01/2023 o 19/02/2023
-Trail:17€
- Mini Trail:12€
- Andaina:12€
PRECIOS: Tramo do 20/02/2023 o 7/03/2023
- Trail:20€
- Mini Trail:15€
- Andaina:12€
A inscripción da dereito a: participar nas probas,
avituallamentos durante a proba, duchas, aperitivo
postcarreira, agasallos e seguro de accidentes para
as probas.
6- Sinalización:
-O percorrido estará sinalizado con cintas de cor
vermellas (son de tela que se reciclan dun ano para
outro) e as sinais necesarias para que o camiño a
seguir non presente ningunha dúbida polo que o
estrito seguimento do mesmo será obrigatorio para a
continuidade na proba.
Haberá Voluntarios do club dispostos ó longo do
percorrido nos cruces de carretera máis perigosos.
7- Tempos de corte :
-Os corredores inscritos no recorrido do trail que
non pasen polo km 12 antes das 11:30 (2:30 dende a
hora de salida) serán mandados automaticamente para o
percorrido do mini trail.
O Mini trail e a Andaina non teran puntos de corte.
8- Condicións físicas:
A organización resérvase o dereito de retirar da
proba a aquelas persoas que considere que non reúnen
as condición físicas necesarias para continuar na
carreira sen por en serio risco a súa saúde como
esgotamento agudo, lesión grave, síntomas de
alteracións sensoriais, etc.
9- Avituallamentos:
Recorrido trail 30km:
- km 10(alto Santa Marta): sólido e líquido
- km 17(o seixo): sólido e líquido
- km 24(a veria): sólido e líquido
- Meta: sólido, líquido e comida final
Recorrido Mini trail 17km:
- km 10(a veria): sólido e líquido
- Meta: sólido, líquido e comida final
Recorrido Andaina 14km:
- km 7(a veria): sólido e líquido
- Meta: sólido, líquido e comida final
10- Auxilio:
-Os participantes están obrigados a respectar a
integridade dos demais participantes así como a
prestarauxilio no caso de atoparse con un accidentado
hasta que chegue a organización.
11- Responsabilidade:
-A organización non se responsabiliza de: -
Consecuencias derivadas da participación da proba que
non se recollan no seguro de accidentes.
-Pérdida ou deterioro de obxectos persoais.
12- Descalificación:
- O que non cumpra estas bases.
- O que deteriore ou ensucie o entorno.
- O que non leve o dorsal ben visible.
- Tirar emboltorios fóra das papeleiras situadas no
entorno dos avituallamentos.
- O que non respecte as ordes dos membros da
organización.
- O que non preste auxilio.
- O que presente comportamento anómalo, mostre
actitudes violentas, que tire lixo no medio natural,
que moleste a fauna, que dane a propiedade pública ou
privada, que non respecte os demais participantes ou
membros da organización.
13- Dereitos de imaxe:
-A entidade organizadora resérvase en exclusividade o
dereito sobre a imaxe do trail así como a explotación
audiovisual, fotográfica e periodística do evento.
Calquera proxecto mediático ou publicitario deberá
contar
previamente co consentimento escrito da organización.
Así
mesmo a organización resérvase o dereito de realizar
e
publicar nas redes fotografías durante todo o evento
nas
que poderán aparecer calquera dos participantes.
14- Tráfico:
-A organización non cortará en ningún momento a
circulación e os participantes polo tanto deberán
respectar rigorosamente as normas de tráfico vixentes
e obedecer as ordenes que den os membros da
organizacion e protcción civil que estaran no cruces
de carreteras de mayor peligro.
15- Roupeiro:
Haberá un servicio gratuito de consigna para enseres
persoais que estará situado o lado das mesas de
recollida de dorsais.
16- Material abrigatorio e recomendable
levar:
- A organización non facilitará vasos de plástico nos
avituallamentos, polo que e moi recomendable levar
algun sistema de hidratación individual (mochila,
bidóns, vaso plegable etc...)
- Roupa e calzado adecuado para este tipo de probas.
- Teléfono Mobil.
Para calquera duda ou consulta poñerse en contacto no
siguiente email. larachaenduasrodas@gmail.com