Calendario
Info da proba

Coruña 10

23/04/2023 10:00 - 11:30
Regulamento INFORMACIÓN XERAL
Art. 1 - DATA
O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizarán o 23 de abril de 2023 na
Coruña a XVII Carreira Popular Coruña10. A proba, incluída no calendario oficial das competicións
da FGA e a RFEA, disputarase a través dun circuíto totalmente urbano.
Art. 2 - HORARIO
A carreira comezará ás 10.00 a.m.
Art. 3 – CIRCUÍTO
A proba levarase a cabo sobre a distancia de 10 km. O percorrido está medido e homologado
pola Real Federación Española de Atletismo e discorre sobre asfalto na súa totalidade. A ruta
estará debidamente sinalizada e terá marcados todos os quilómetros.
A carreira realizarase unicamente pola vía de tráfico rodado en todo o seu percorrido.
Está prohibido usar como zona de carreira as beirarrúas, rotondas, áreas axardinadas etc.
O incumprimento desta regra, así como atallar o trazado oficial, pode implicar a descualificación das
persoas infractoras.
A saída e a meta estarán na Explanada do Parrote.
A organización poderá modificar o percorrido por causas alleas e/ou de forza maior.
ART. 4 - CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA
A carreira estará controlada polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e o Comité Galego de
Xuíces da FGA.
O control da carreira estará dirixido polo Comité Galego de Xuíces e da RFEA. Todas as
reclamacións deberánselle facer verbalmente ao Xuíz Árbitro da proba ata 30 minutos despois da
publicación dos resultados.
A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chips. Haberá varios puntos de control de chips
ao longo de todo o percorrido. As persoas participantes que non cumpran co paso por todos os
puntos poderán ser descualificadas coa consecuente non aparición nos resultados finais.
Art. 5 – SISTEMA DE CRONOMETRAXE
O control da carreira estará dirixido polo Comité Galego de Xuíces e da RFEA. Todas as
reclamacións deberánselle facer verbalmente ao Xuíz Árbitro da proba ata 30 minutos despois da
publicación dos resultados.
A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chips. Haberá varios puntos de control de chips
ao longo de todo o percorrido. As persoas participantes que non cumpran co paso por todos os
puntos poderán ser descualificadas coa consecuente non aparición nos resultados finais
Art. 6 - UTILIZACIÓN DE DORSAIS E CHIPS
Os dorsais con chips integrados, persoais e intransferibles, son exclusivos desta carreira e
deben colocarse na parte frontal do corpo de maneira totalmente visible, sen ocultar e sen
manipulacións, manténdoos así durante toda a proba.
Os dorsais contarán cun código QR a través do cal as persoas que cheguen á meta (finishers)
poderán consultar os seus rexistros de forma instantánea.
A organización non admitirá persoas corredoras que non estean rexistradas ou que corran sen
dorsal e/ou chip, e impediralles ter acceso á carreira en defensa dos dereitos daquelas
regulamentariamente rexistradas. Non se permitirá a participación co dorsal e o chip correspondente
a outra carreira ou persoa, con máis dun dorsal e/ou chip, dorsal falsificado ou outro que non sexa
o oficial.
Calquera infracción destas regras implicará a descualificación das persoas afectadas na proba. A
organización resérvase o dereito de excluílas da participación en futuros eventos.
Art. 7 – UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen axudas
materiais de ningún tipo, coa única excepción das persoas corredoras en cadeira de rodas
debidamente rexistradas e que cumpran as normas do World Para Athletics. Calquera dúbida a
respecto diso deberá ser consultada coa organización antes de facer a inscrición a través do correo
electrónico secretaria@atletismo.gal.
Non está permitido o acompañamento en ningún momento da proba por ningún vehículo alleo á
organización, nin bicicletas, patíns ou persoas non rexistradas na proba que poidan acompañar,
avituallar ou marcarlles ritmos ás persoas participantes.
Ao mesmo tempo, non se permite a participación con coches ou cadeiras de bebés, nin correr
acompañados destes en ningún momento, así como tampouco está permitida a participación con
animais, nin correr acompañados destes en ningún momento, coa única excepción dos carros de
running *.
*A participación con carro de running deberá estar xustificada unicamente para levar unha
persoa con discapacidade motora grave (que non lle permita á persoa con discapacidade
trasladarse polos seus propios medios físicos), entendendo nestes casos como participante
sempre á persoa que empurra o carro (dentro da categoría que lle corresponda), e non á
persoa que vai no carro.
Igualmente, será obrigatorio acreditar a discapacidade da persoa que vai no carro, enviando
copia da tarxeta acreditativa da discapacidade á organización, de forma que quede
acreditado o envío, ao correo electrónico secretaria@atletismo.gal. A inscrición desta
persoa, que irá con dorsal sen chip, será gratuíta. Para iso deberán contactar coa
organización a través do correo electrónico secretaria@atletismo.gal.
Calquera infracción destas características poderá supoñer a descualificación da persoa participante.
Art. 8 - DESCUALIFICACIÓNS
Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba ao/a atleta que manifeste
un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle requira, aos/as
participantes que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado, servizos
médicos ou membros da organización debidamente identificados.
Os/as xuíces/xuízas da proba terán a facultade de descualificar ao/a infractor/a que non leve visible
o seu dorsal, que o manipule e/ou ceda a outro, altere os datos facilitados á organización con
respecto aos que figuren no seu DNI ou ficha federativa, non complete o percorrido, ou incumpra
calquera outra norma contemplada nas normas da FGA, RFEA, WA e IPC.
As persoas corredoras descualificadas non terán opción a premios nin trofeos.
Art. 9 - PECHE DE CONTROL DA CARREIRA
O tempo de realización máxima da carreira será de 1 hora e 30 minutos.
Ao cumprirse este tempo, todas as persoas que aínda continúen no circuíto deberán retirarse e
trasladarse á zona peonil. Consideraráselles “fóra de carreira” e non figurarán nas
clasificacións.
Se deciden continuar, estarán a facelo baixo a súa exclusiva responsabilidade, debendo cumprir en
todo momento coa normativa de tráfico e seguridade viaria.
Art. 10 - CATEGORÍAS
- Sub 20, nados/as en 2004 e 2005
- Sub 23, nados/as en 2001, 2002 e 2003
- Sénior, nados/as desde 2000 ata os 34 anos
- Máster 1: De 35 a 39 anos cumpridos o día da proba
- Máster 2: De 40 a 44 anos cumpridos o día da proba
- Máster 3: De 45 a 49 anos cumpridos o día da proba
- Máster 4: De 50 a 54 anos cumpridos o día da proba
CATEGORÍAS E INSCRICIÓN
- Máster 5: De 55 a 59 anos cumpridos o día da proba
- Máster 6: De 60 a 64 anos cumpridos o día da proba
- Máster 7: A partir de 65 anos cumpridos o día da proba
- Atletas con discapacidade*: nados/as en 2005 e anos anteriores
*Atletas con discapacidade: Establécense tres categorías para atletas con discapacidade:
A) Atletas en cadeira de rodas que non teñan mecanismos nin engrenaxes que
axuden á impulsión das mesmas. Tan só está permitido o impulso cos brazos sobre
o aro adherido á roda.
Ojo morado Discapacidades visuais
C) Discapacidades intelectuais
No momento da inscrición deben comunicar esta circunstancia á organización, así como se
desexan entrar na clasificación de atletas con discapacidade. No caso de non indicalo figurarán
na táboa xeral de tempos.
Para acreditar a pertenza a algunha destas categorías hai que enviarlle unha copia da tarxeta
acreditativa de discapacidade á organización, de forma que quede acreditado o envío, ao correo
electrónico secretaria@atletismo.gal.
As persoas participantes con discapacidade visual ou intelectual farán constar os apoios que
necesitan para participar na carreira nas mellores condicións posibles. Permitirase un máximo
de 2 guías para os e as atletas con discapacidade visual. O uso de guías ou, no caso de
participantes con discapacidade intelectual, de atletas de apoio, debe comunicárselle con
antelación á Federación Galega de Atletismo, así como o punto quilométrico exacto onde se
van situar os guías das persoas corredoras con discapacidade visual para facer a remuda.
A participación das persoas guías e das persoas de apoio, que irán sen chip, será de balde,
para o que deberán contactar coa organización a través do correo electrónico
secretaria@atletismo.gal.
Para optar a trofeo na categoría de atletas con discapacidade é necesario inscribirse
nesa categoría.
A organización resérvase o dereito de incluír algunha categoría promocional durante a carreira,
que terá unha normativa especifica para a súa regulación.
Art. 11 – INSCRICIÓN E COTA
Nesta edición e atendendo ás limitacións que establece o Protocolo de prevención COVID-19:
a) A inscrición en liña realizarase a través da pasarela de pagamento inserida na páxina web da
Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com. Estará operativa desde a publicación
de este regulamento, ata o 16 de abril de 2023.
Ojo morado Cota e prazos de inscrición:
 Prazo reducido : ata o 9 de abril: 6 €
 Prazo ordinario: ata o 16 de abril: 10 €
Por razóns organizativas de recursos técnicos e humanos, así como pola calidade do servizo, é
aconsellable que as persoas participantes formalicen a súa inscrición dentro dos prazos indicados.
 Prazo extraordinario : 17 e 18 de abril: 20 €.
Ás persoas que se inscriban no prazo extraordinario non se lles garantirá a entrega dunha camiseta
xa que a produción das mesmas débese facer coa antelación suficiente.
A organización non aceptará ningún tipo de inscrición posterior a este prazo.
Art. 12 - DEVOLUCIÓN DA COTA
Só se devolverá a tarifa de inscrición en caso de lesión e /ou enfermidade grave, se se presenta un
informe médico na Federación Galega de Atletismo (Avenida de Glasgow, 13 Edificio Federacións.
15008, A Coruña / info@carreirasgalegas.com).
Se non se envía o informe mencionado anteriormente, non se realizará ningún reembolso. Para
outros casos xustificados a organización avaliará se se devolve a cota.
O prazo para presentar o informe médico na FGA terminará o venres anterior á carreira ás
12.00 horas.
Art. 13 - ENTREGA DE DORSAIS E CAMISETAS
Informarase ás persoas inscritas da hora de recollida de dorsais e camisetas. Entregaranse o venres
e sábado previos á proba, e excepcionalmente o día da competición.
A organización non pode garantir o talle, xa que o pedido de camisetas realízase con anterioridade
ao peche de inscricións.
Art. 14 – CAIXÓNS DE SAÍDA
Os caixóns de saída estableceranse en función da inscrición final e segundo as marcas acreditadas
polos participantes na inscrición, que será publicada na páxina web da organización. Os
agrupamentos e número de caixóns estableceranse en función do número de persoas inscritas, que
deberán colocarse na zona acoutada que lles corresponda segundo o caixón que se lles asigne.
SERVIZOS A PARTICIPANTES
Art. 15 – ASEOS, DUCHAS E GARDARROUPA
WC PORTÁTILES: Estarán a disposición aseos portátiles localizados na zona de saída, na
meta e nos puntos de avituallamento do trazado da Coruña10.
DUCHAS: Especificarase a localización e horario destas.
GARDARROUPA: Especificarase a localización e horario do servizo de gardarroupa.
Art. 17 – AVITUALLAMENTOS E RECOLLIDA SELECTIVA DE RESIDUOS
Establecerase un punto de avituallamento durante o percorrido e outro na liña de meta para
favorecer a hidratación das persoas participantes. Calquera avituallamento fóra da zona marcada
pode supoñer a descualificación da proba.
Ademais, poñeranse ao dispor dos/as corredores/as colectores suficientes para a recollida
selectiva de residuos e que son de uso obrigatorio, polo que a non utilización destes por parte
dos/as atletas poderá supoñer a descualificación.
Art. 18 - SERVIZOS MÉDICOS
A proba dispoñerá dos servizos médicos recomendados pola RFEA e de acordo coa lexislación
vixente.
A organización dispoñerá dunha póliza de seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación
vixente. Todas as persoas rexistradas estarán cubertas por unha póliza de seguros de accidentes
segundo o Real Decreto 849/1993, do 4 de xuño, que determina as prestacións mínimas do Seguro
Obrigatorio Deportivo.
Recomendámoslles a todas as persoas participantes que cubran a parte posterior do dorsal,
indicando os datos de nome, apelidos, datos médicos de interese (grupo sanguíneo, alerxias,
enfermidades crónicas, se está baixo algún tratamento específico etc.) así como teléfono/s e
contacto/s en caso de emerxencia.
Art. 19 – CLASIFICACIÓNS
Publicaranse nas páxinas web do Concello da Coruña e FGA. Non haberá exposición física das
listaxes de resultados.
PREMIOS E TROFEOS
Art. 20 – PREMIOS ECONÓMICOS
Xeral:
POSTO PREMIO CONDICIÓN*
HOMES MULLERES
1.º 1000 € Realizar 30:00 ou menos Realizar 34:00 ou menos
2.º 700 € Realizar 30:00 ou menos Realizar 34:00 ou menos
3.º 500 € Realizar 30:00 ou menos Realizar 34:00 ou menos
4.º 350 € Realizar 30:00 ou menos Realizar 34:00 ou menos
5.º 250 € Realizar 30:00 ou menos Realizar 34:00 ou menos
* No caso de non cumprir esta condición, aplicarase unha rebaixa do 50 %.
Atletas con nacionalidade española (premio non acumulable) (1):
POSTO PREMIO CONDICIÓN*
HOMES MULLERES
1º Español/a 400 € Realizar 31:00 ou menos Realizar 35:00 ou menos
2º Español/a 250 € Realizar 31:00 ou menos Realizar 35:00 ou menos
3º Español/a 150 € Realizar 31:00 ou menos Realizar 35:00 ou menos
* No caso de non cumprir esta condición, aplicarase unha rebaixa do 50 %.
(1) Considerarase atleta de nacionalidade española quen presente o correspondente DNI.
Atletas galegas/os (premio non acumulable) (2):
POSTO PREMIO CONDICIÓN*
HOMES MULLERES
1º Galego/a 400 € Realizar 32:00 ou menos Realizar 37:00 ou menos
2º Galego/a 250 € Realizar 32:00 ou menos Realizar 37:00 ou menos
3º Galego/a 150 € Realizar 32:00 ou menos Realizar 37:00 ou menos
* No caso de non cumprir esta condición, aplicarase unha rebaixa do 50 %.
(2) Consideraranse atletas galegos/as os/as empadroados/as ou nados nalgún Concello de Galicia. Para poder recibir
o premio, os/as atletas galegos/as premiados/as deberán remitir o seu certificado de empadroamento ou
documentación que acredite o lugar de nacemento á dirección de correo electrónico secretaria@atletismo.gal
Atletas coruñesa/és (premio non acumulable) (3):
POSTO PREMIO CONDICIÓN*
HOMES MULLERES
1º Coruñés/a 200 € Realizar 35:00 ou menos Realizar 40:00 ou menos
2º Coruñés/a 150 € Realizar 35:00 ou menos Realizar 40:00 ou menos
3º Coruñés/a 100 € Realizar 35:00 ou menos Realizar 40:00 ou menos
* No caso de non cumprir esta condición, aplicarase unha rebaixa do 50 %.
(3) Consideraranse atletas coruñeses/as os/as empadroados/as ou nados no Concello da Coruña. Para poder recibir
o premio, os/as atletas coruñeses/as premiados/as deberán remitir o seu certificado de empadroamento ou
documentación que acredite o lugar de nacemento á dirección de correo electrónico secretaria@atletismo.gal
Premio especial récord da proba (premio acumulable):
O/a atleta que gañe a carreira e que bata o récord da proba tanto na categoría masculina (28´09")
como na feminina (31´40") obterá un premio de 2.000 €.
NORMAS RELATIVAS A TODOS OS PREMIOS
Os premios en metálico non serán acumulables, con excepción do récord da proba.
En caso de duplicidade, aboarase a contía máis alta. Para poder recoller os premios será necesario
xustificar documentalmente o ano de nacemento das persoas participantes, por medio do DNI as
españolas, ou do documento legal en vigor (pasaporte) as estranxeiras. Todos os premios estarán
suxeitos ás retencións legais vixentes.
Co obxecto de poder revisar as condicións estipuladas e atender a calquera posible reclamación, a
organización resérvase a posibilidade de entregar os premios en metálico a partir do luns seguinte
á data da competición. No caso de realizarse un control de dopaxe, os premios económicos
quedarán retidos ata a súa resolución oficial.
Art. 21 – ENTREGA DE TROFEOS
Outorgaránselles os trofeos no escenario da entrega de premios ás tres primeiras persoas
clasificadas de cada unha das categorías indicadas no artigo 10.
Informarase do horario da entrega de trofeos a través da web oficial
www.coruna.gal/carreraspopulares.
As/os atletas deberán situarse na zona próxima á entrega de trofeos no momento no que pola
megafonía se faga o anuncio do seu comezo, así como estar pendentes da chamada a cada unha
das categorías.
Con carácter xeral, as/os atletas que non se presenten no momento da entrega do seu trofeo,
perderán o dereito a recollelo. Exclusivamente poderán subir ao podio as persoas nomeadas. Non
se lle entregará o trofeo a ninguén que non sexa a/o propia/o atleta.
Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que a/o atleta non
está presente que o comuniquen na zona do palco de entrega de trofeos o antes posible para evitar
esperas innecesarias.
Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da
entrega deberanse poñer en contacto co Servizo Municipal de Deportes, durante un prazo máximo
de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos. Se non se recollen no prazo sinalado,
entenderase que renuncian a este.
CARREIRAS DE MENORES
Art. 22 - INSCRICIÓNS
As inscricións (gratuítas) realizaranse a través do formulario da páxina web da Federación Galega
de Atletismo (www.carreirasgalegas.com).
Non se admitirá ningún/ha corredor/a sen estar inscrito/a e sen o dorsal correspondente co chip
incorporado.
Art. 23 - CATEGORÍAS, HORARIOS E DISTANCIAS
CATEGORÍA HORARIO* DISTANCIA
Sub 18 (nadas/os nos anos 2006/2007) 11.45 2.500 m aprox.
Sub 16 (nadas/os nos anos 2008/2009) 12.00 2.500 m aprox.
Sub 14 feminino (nadas nos anos 2010/2011) 12.15 1.425 m aprox.
Sub 14 masculino (nados nos anos 2010/2011) 12.30 1.425 m aprox.
Sub 12 feminino (nada nos anos 2012/2013) 12.45 845 m aprox.
Sub 12 masculino (nados nos anos 2012/2013) 12.55 845 m aprox.
Sub 10 feminino (nadas nos anos 2014/2015) 13.05 845 m aprox.
Sub 10 masculino (nadas/os nos anos 2014/2015) 13.15 845 m aprox.
Peques (nadas/os nos anos 2016 e posteriores) 13.25 150 m aprox.
*Os horarios son aproximados, dependendo do volume de participantes de cada categoría.
A organización pode facer variar carreiras en cada idade.
Atletas con discapacidade: Establécense tres categorías para atletas con discapacidade, que
poderán participar na categoría de menores que lles corresponda. No caso de necesitar algún tipo
de adaptación na distancia a percorrer deben solicitalo ao correo electrónico
secretaria@atletismo.gal.:
D) Atletas en cadeira de rodas que non teñan mecanismos nin engrenaxes que axuden á
impulsión das mesmas. Tan só está permitido o impulso cos brazos sobre o aro adherido
á roda. Non se permite handbike.
E) Discapacidades visuais
F) Discapacidades intelectuais
No momento da inscrición deben comunicar esta circunstancia á organización, así como se
desexan entrar na clasificación de atletas con discapacidade. No caso de non indicalo figurarán
na táboa xeral de tempos.
Para acreditar a pertenza a algunha destas categorías hai que enviarlle unha copia da tarxeta
acreditativa de discapacidade á organización, de forma que quede acreditado o envío, ao correo
electrónico secretaria@atletismo.gal.
As persoas participantes con discapacidade visual ou intelectual farán constar os apoios que
necesitan para participar na carreira nas mellores condicións posibles. Permitirase un guía para
os e as atletas con discapacidade visual. O uso de guías ou, no caso de participantes con
discapacidade intelectual de atletas de apoio, debe comunicárselle con antelación á Federación
Galega de Atletismo.
A participación das persoas guías e das persoas de apoio, que irán sen chip, será de balde,
para o que deberán contactar coa organización a través do correo electrónico
secretaria@atletismo.gal.
Para optar a trofeo na categoría de atletas con discapacidade é necesario inscribirse
nesa categoría.
Art. 24 - ENTREGA DE DORSAIS E CAMISETAS
Informarase ás persoas inscritas da hora de recollida de dorsais e camisetas. Entregaranse o venres
e sábado previos á proba, e excepcionalmente o día da competición.
A organización non pode garantir o talle, xa que o pedido de camisetas realízase con anterioridade
ao peche de inscricións.
Art. 25 – TROFEOS
Outorgaránselles os trofeos no palco da entrega de premios ás tres primeiras persoas
clasificadas de cada unha das categorías indicadas no artigo 23.
Informarase do horario da entrega de trofeos a través da web oficial
www.coruna.gal/carreraspopulares.
As/os atletas deberán situarse na zona próxima á entrega de trofeos no momento no que pola
megafonía se faga o anuncio do seu comezo, así como estar pendentes da chamada a cada unha
das categorías.
Con carácter xeral, as/os atletas que non se presenten no momento da entrega do seu trofeo,
perderán o dereito a recollelo. Exclusivamente poderán subir ao podio as persoas nomeadas. Non
se lle entregará o trofeo a ninguén que non sexa a/o propia/o atleta.
Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que a/o atleta non
está presente que o comuniquen na zona do palco de entrega de trofeos o antes posible para evitar
esperas innecesarias.
Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da
entrega deberanse poñer en contacto co Servizo Municipal de Deportes, durante un prazo máximo
de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos. Se non se recollen no prazo sinalado,
entenderase que renuncian a este.
Art. 26 – CATEGORÍA PEQUES
Esta carreira é unicamente participativa e non competitiva. Todas as persoas participantes
nesta categoría recibirán unha medalla.
Informarase da organización dos peques no momento oportuno.
Art. 27 – RESPONSABILIDADE
A organización non se fai responsable dos danos que puidesen sufrir as persoas participantes por
imprudencias ou descoidos delas mesmas.
O/a participante declara, baixo a súa responsabilidade, que realizou o oportuno recoñecemento
médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e exime á organización
da devandita responsabilidade.
A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá os incidentes
inherentes á proba.