Calendario
Info da proba

Torre de Hércules - Coruña Corre

18/03/2023 20:00 - 21:00
Regulamento XI CARREIRA POPULAR TORRE DE HÉRCULES - TROFEO J.A. VARELA CALVIÑO
III CARREIRA SOLIDARIA

CON MOTIVO DO 8 DE MARZO DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES
PARA DESTACAR A IGUALDADE DAS MULLERES NO DEPORTE

18 DE MARZO DE 2023

Web: Coruña Corre - Torre de Hércules

REGULAMENTO ESPECÍFICO DA CARREIRA
Artigo 1. Data de realización
Sábado, 18 de marzo de 2023
Artigo 2. Inscricións e cotas
Data límite e cota de inscrición na carreira
A data límite será ata as 23.59 horas do domingo 12 de marzo de 2023.
As inscricións faranse en liña nas páxinas www.coruna.gal/carreiraspopulares ou www.corunacorre.com.
A cota de inscrición para participar na carreira será de 3 € máis 2 € polo chip refugable (non reutilizable),
coa excepción das persoas desempregadas, maiores de 65 anos e beneficiarias do Carné Xove, que será de
2 € máis 1 € polo chip refugable.
Inscrición única ao Circuíto. Este tipo de inscrición xera automaticamente a inscrición en cada unha das
carreiras, sen necesidade de confirmar a participación de xeito individual para cada carreira.
As persoas participantes en calquera categoría rexistradas no circuíto utilizarán o dorsal único e chip para o
circuíto.
Aquelas persoas non participantes no circuíto que se inscriban puntualmente para esta carreira deberán
retirar o seu dorsal nos horarios e lugares establecidos neste regulamento.
Achega solidaria para a protección das mulleres en dificultade social (CRUZ VERMELLA)
Todas as persoas (incluídas as/os participantes menores) que fagan unha doazón das cantidades
establecidas na plataforma: 1€, 3€, 5€ ou superior a 5€, teñen ademais o dereito a recibir un obsequio
conmemorativo xunto co dorsal.
Artigo 3. Horarios de saída e distancia
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO HORA DISTANCIA
PEQUES*
Nados/as nos anos 2016 e posteriores.
Menores de 8 anos. 17.00 150 m aprox.
SUB 10 FEMININO* Nado/as nos anos 2014/2015
Que fan durante o ano 9 e 8 anos
17.15 800 m aprox.
SUB 10 MASCULINO* 17.25 800 m aprox.
SUB 12 FEMININO* Nados/as nos anos 2012/2013
Que fan durante o ano 11 e 10 anos.
17.35 800 m aprox.
SUB 12 MASCULINO* 17.45 800 m aprox.
SUB 14 FEMININO Nados/as nos anos 2010/2011
Que fan durante o ano 13 e 12 anos.
17.55 1.600 m aprox.
SUB 14 MASCULINO 18.05 1.600 m aprox.
SUB 16
Nados/as nos anos 2008/2009
Que fan durante o ano 15 e 14 anos.. 18.15 2.400 m aprox.
SUB 18
Nados/as nos anos 2006/2007
Que fan durante o ano 17 e 16 anos. 18.35 2.400 m aprox.
ABSOLUTA 20.00 6.625 m aprox.
*Horarios orientativos en función da participación.
Artigo 4. Lugar e recollida de dorsais
Frontón Curto da Cidade Deportiva da Torre
Paseo Alcalde Francisco Vázquez. 15003 A Coruña
• Venres 17 de marzo, das 17.00 ás 21.30 horas
• Sábado 18 de marzo, desde as 10.00 horas ata media hora antes do comezo de cada unha das
carreiras.
Artigo 5. Lugar de saída e meta (Ver circuíto na páxina www.coruna.gal/carreiraspopulares.)
• Saída: Paseo dos Menhires (zona da estatua de Breogán)
• Meta: Torre de Hércules
Artigo 6. Peche de control da carreira absoluta
Ás 21.00 horas
Artigo 7. Servizo de duchas
Na Cidade Deportiva da Torre. O servizo de duchas e vestiario será só para as persoas participantes na
categoría absoluta e estará dispoñible a partir das 19.30 h.
Artigo 8. Servizo de gardarroupa
No frontón da Cidade Deportiva da Torre, en horario de 19.00 a 21.45 h
Artigo 9. Uso e devolución do chip
a) O chip ten que ir correctamente atado nos cordóns das zapatillas deportivas ou cunha nocelleira á
altura do nocello, ou pegado ao dorsal segundo o tipo de chip que utilice a persoa corredora. Chip
amarelo das/os propietarias/os (non se devolve).
Ojo morado Chip para todo o circuíto (non se devolve ata a finalización deste).
c) Chip refugable pegado ao dorsal, de uso exclusivo para cada unha das carreiras (non se devolve).
Artigo 10. Avituallamento na meta
Proporcionaráselles auga e avituallamento sólido a todas as persoas participantes en cada unha das
categorías no punto de avituallamento que estará situado nun lugar visible despois da meta.
Artigo 11. Clasificacións
Poderase consultar a clasificación da carreira a través do código QR do dorsal.
Artigo 12. Horario e lugar da entrega de premios
Horario
CATEGORÍAS INFERIORES: ás 19.10 horas (categorías sub-10, sub-12, sub-14, sub-16 e sub-18)
CARREIRA ABSOLUTA: ás 21.15 horas
Entregaráselles o Trofeo Varela Calviño ás persoas vencedoras absolutas, ao primeiro home e á
primeira muller da carreira absoluta.
Lugar FRONTÓN DA CIDADE DEPORTIVA DA TORRE
Exclusivamente poderán subir ao podio os/as atletas premiados/as.
Con carácter xeral, as e os atletas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da entrega
perderán o dereito a recollelo.
Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega
deberán poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes, onde se custodiarán os trofeos non
recolleitos durante un prazo máximo de 15 días.