Calendario
Info da proba

Padrón

08/04/2023 12:00 - 13:40
Regulamento REGULAMENTO
1.-PARTICIPACIÓN
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha única clasificación
conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega
de Atletismo.
2.-CATEGORIAS DE PARTICIPACION
*SUB 6 M/F: atletas nados/as no 2018 e posteriores
*SUB 8 M/F: atletas nados/as nos anos 2016 e 2017
SUB 10 M/F: atletas nados/as nos anos 2014 e 2015
SUB 12 M/F: atletas nados/as nos anos 2012 e 2013
SUB 14 M/F: atletas nados/as nos anos 2010 e 2011
SUB 16 M/F: atletas nados/as nos anos 2008 e 2009
SUB 18 M/F: atletas nados/as nos anos 2006 e 2007
SUB 20 / SUB 23 M/F: atletas nados/as entre 2001 e 2005
SENIOR M/F: atletas nados/as entre 1988 e 2000
MÁSTER 1 M/F: atletas nados/as entre 1977 e 1987
MÁSTER 2 M/F: atletas nados/as entre 1967 e 1976
MÁSTER 3 M/F: atletas nados/as en 1966 e anteriores
* As categorías SUB-6 e SUB-8 non son competitivas, polo cal non haberá
clasificacións.
3.-DISTANCIAS E HORARIOS:
A saída das probas estará situada na Praza de Macías na localidade de Padrón. Os
horarios das probas e distancias resúmense no seguinte cadro:
2
HHOORRAA CCAATTEEGGOORRÍ
ÍAA DDI
IISSTTAANNCCI
IIAA
10:45H SUB 6 100 mts aprox.
10:55H SUB 8 425 mts aprox.
11:05H SUB 10 625 mts aprox.
11:15H SUB 12 - SUB 14 2 kms aprox.
11:30H SUB 16 - SUB 18 3,5 kms aprox.
12:00H SUB 20 / SUB 23 -
SENIOR - MÁSTER
13,3 kms aprox.
4.-INSCRICIÓNS E PRAZOS
O prazo de inscrición dos participantes pecharase o mércores 5 de abril ás 23:59 h. Non se
aceptarán inscricións fóra do prazo indicado.
As inscricións en todas as súas categorías realizaranse na web www.emesports.es
(Tlf. soporte técnico: 654 28 56 92 – Email: soporte@emesports.es)
PREZO DA INSCRICIÓN
- Categorías escolares (ata sub 18): Gratuita
- Adultos (proba absoluta): 7 €
5.-DORSAIS e CHIPS
A recollida de dorsais realizarase o día da carreira nunha carpa situada no Paseo do
Espolón a partir das 09:45 h e ata media hora antes do inicio de cada proba.
Os dorsais-chip outorgados pola organización son persoais e intransferibles. Para facilitar a
xestión das carreiras non se darán dorsais-chips fóra dese prazo. O dorsal deberá ir
colocado na parte anterior do corpo, en toda a súa extensión e de xeito visible. Todo atleta
que entre na meta sen o seu dorsal-chip será descualificado a criterio do xuiz árbitro da
proba.
6.-DESCUALIFICACIÓNS
Todo/a corredor/a que incumpla as normas da competición ou as establecidas nos
regulamentos RFEA e FGA en vigor referentes a probas en ruta, será descualificado a
criterio do xuiz arbitro da competición.
Todas as reclamacións deberán ser dirixidas ao xuíz árbitro da competición cun prazo
máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba en cuestión.
3
7.-TROFEOS,MEDALLAS E AGASALLOS
- Medallas para os/as participantes nas categorías escolares.
- Trofeos para os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no
presente regulamento, a excepción das categorías SUB 6 e SUB 8 (categorías non
competitivas)
- Trofeo especial de Pascua para os/as 3 primeiros/as clasificados/as da proba absoluta.
- Trofeos para os 3 primeiros equipos clasificados.
A clasificación por clubes federados será establecida a través dos 10 primeiros
corredores en cruzar a líña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que
menos puntos acade.
En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 10º compoñente.
Os equipos poderán ser mixtos.
- Trofeo para o/a 1º/ª corredor/a local da proba absoluta.
- Trofeo Participación, ao clube con máis corredores inscritos que finalicen a proba.
- Trofeo Supermáster, ao participante de máis idade que finalice a proba, indistintamente
sexa home ou muller.
Os premios non serán acumulativos (agás os dos/as corredores/as locais)
Entregarase un agasallo conmemorativo do evento a cada participante.
8. ENTREGA DE TROFEOS
CATEGORÍAS ESCOLARES (ATA SUB 18)
Os/as participantes recibirán unha medalla pola súa participación tras cruzar a liña de
chegada.
Os/as 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría escolar recibirán os seus trofeos
inmediatamente despois da saída da proba absoluta, ás 12:00 horas na Praza de Macías.
Os participantes premiados que non acudan ao acto de entrega de trofeos, non terán
dereito aos mesmos posteriormente.
ADULTOS
Unha vez rematada a proba absoluta, a entrega de trofeos será na Praza de Macías, en
torno ás 13:15 horas.
Os participantes premiados que non acudan ao acto de entrega de trofeos, non terán
dereito aos mesmos posteriormente.
9.- USO DE DATOS E DEREITOS DE IMAXE
Todos/as os/as participantes no momento de realizar a súa inscrición aceptan a publicación
do seu nome e imaxen nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
O participante autoriza o uso de fotografías propias sempre que o seu uso garde relación
co evento no que se subscribe. Coa realización da inscrición o participante admite que o
organizador, poida facer uso da imaxe de todos os participantes en calquera formato xa
sexa gráfico ou dixital e en todas as súas formas (vídeo, foto, DVD, internet, carteis,
medios de comunicación etc.). Todos os dereitos de imaxe pertencen ao organizador
4
(Concello de Padrón).
10.- SERVIZOS PARA OS/AS PARTICIPANTES
Todos/as os/as participantes disporán dos seguintes servizos:
- Servizo de duchas nos Pavillóns municipais: Pavillón do Grupo Escolar e Pavillón do
Souto. Ambos pavillóns quedan a escasos metros da liña de meta. Horario: 10:30 horas a
14:00 horas.
- Obsequio a todos/as participantes
- Avituallamento intermedio (km 6,8 aprox.) e na liña de meta.
- Servizo de cronometraxe por chip (emesports).
- Sinalización kilométrica.
- Servizo de gardaroupa.
- Fotografía profesional.
- Servizo de ambulancia, médico e sanitario.
- Seguro de accidente deportivo para o corredor e RC do evento.
11.- OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGLAMENTARIAS
- A organización reservase a potestade de cambiar os percorridos definidos, horarios ou
modificar o regulamento, circunstancias que serán comunicadas aos participantes.
- Calquer aspecto non recollido neste regulamento resolverase de acordo co regulamento
da FGA e RFEA (por este orde) para probas en ruta en vigor.
- A organización da proba declina toda a responsabilidade dos danos que os/as atletas
puideran ocasionar, ocasionarse ou derivasen da participación destos nas probas. A
organización tampouco se responsabiliza dos obxetos persoais que poidan extraviarse ou
danarse.
- Todos/as os/as atletas inscritos nas probas darán por aceptado o presente regulamento e
o descoñecemento do mesmo non exime do seu cumprimento.