Calendario
Info da proba

Baralla

09/07/2023 10:30 - 12:30
Regulamento REGULAMENTO
Artigo 1: Organización:
O Concello de Baralla, o Concello de O Corgo e a Asociación Cultural Vía
Künig organizan a II Carreira CORRENDO POLA VÍA KÜNIG.
A proba organizarase o Domingo 9 de Xullo, con saída dende a Casa do Concello de
Baralla e meta no Castro de Castrillón do Concello de O Corgo.
Artigo 2: Participación:
A proba estará aberta a tódolos atletas, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada atleta
participa baixo a súa responsabilidade e dispón de condición física suficiente para rematar a
proba.
Artigo 3: Percorrido, categorías e horarios: (adxúntase plano do percorrido)
O circuito de 18 km será sobre pistas de terra na súa maioría, e estará controlado por
vehículos da organización. A saída será dende a Casa do Concello de Baralla e a meta no
Castro de Castrillón do Concello de O Corgo.
A organización poñerá a disposición dos participantes na proba un servicio de
autobuses para trasladar aos deportistas dende a meta no Castro de Castrillón do
Corgo ata á saída na Casa do Concello de Baralla tanto antes do comezo da carreira
coma ao finalizar a mesma.
O servicio de autobuses comezará ás 09:00, sendo o último servizo ás 09:45h
HORARIO
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
SENIOR 18 a 34 anos 10:30 h 18 km
MÁSTER A 35-44 anos 10:30 h 18 km
MÁSTER B 45-54 anos 10:30 h 18 km
MÁSTER C 55 anos en adiante 10:30 h 18 km
Artigo 4: Peche de control:
O control de chegada na proba absoluta pecharase 120’ despois da saída da mesma.
Artigo 5: Inscrición:
A inscrición farase exclusivamente a través da páxina de CHAMPIONCHIPNORTE
https://ccnorte.com/ Os dereitos de inscrición terán un custe de 5€ ata o 28 de xuño, e
de 10€ do 29 de xuño ao 4 de xullo.
Artigo 6: Condicións de Participación:
 A inscrición pecharase o martes 4 de xullo ás 23:59 horas.
 A inscrición na proba é persoal e intransferible.
 A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento
puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais
organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á
organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
 No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, adecisión quedará en
man da organización.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
 Non respectar as indicacións dadas pola organización.
 Non realizar todo o circuíto da carreira.
 Non levar o chip e o dorsal ou a manipulación dos mesmos.
 Falsificar datos persoais.
Artigo 7: Retirada de Dorsáis:
Os dorsais retiraranse o venres pola tarde na tenda de deportes de “Atmosphera Sport A
Chaira” sita na rúa Salvador de Madariaga de Lugo e o día da proba na praza maior do
Concello de Baralla, ata 30’ antes da saída da proba.
Artigo 8: Premios:
 Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta.
 PREMIOS EN METÁLICO:
- Primeiro/a: 150 €
- Segundo/a: 100 €
- Terceiro/a: 75 €
 Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría masculinos e femininos.
 Trofeo conmemorativo a primeiro/a clasificado/a empadroad@s nos Concello do
Corgo e de Baralla.
 A ceremonia de premiación será ás 12:50h na zona de meta.
Artigo 9: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto.
2. Servicio de Buses dende a zona de meta á saída tanto antes do comezo da carreira
como ao finalizar a mesma.
3. Baños na zona de saída-chegada.
4. Camiseta para todos os participantes.
5. Aperitivos ao finalizar á carreira.
6. Recollida anticipada de dorsais, imperdíbeis e chips.
7. Vestiarios e duchas no Campo Municipal de Fútbol do Corgo (a 750m da meta)
8. Avituallamento líquido e sólido ao final de cada carreira para todos os participantes.
9. Avituallamento líquido nos kms 7 e 13 aprox.
10. Ambulancia (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao organizador da
proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio ca
compañía de seguros que corresponda).