Calendario
Info da proba

Santiago

03/06/2023 12:00 - 13:00
Regulamento REGULAMENTO HOLI GAIÁS 2023
A Fundación Cidade da Cultura de Galicia organiza o sábado 3 de xuño de 2023, a
quinta edición da Carreira Holi Gaiás, unha proba lúdica e deportiva que empregará
polvos certificados Holi Gulal de cores durante o percorrido, así como animación
tanto antes como despois da mesma.
A proba estará suxeita ao seguinte regulamento:
1. Poderán participar atletas federados e non federados. As probas estará baixo
o control técnico do Comité Galego de Xuíces (Federación Galega de
Atletismo).
2. A saída e meta da proba será na Cidade da Cultura (Praza Central).
3. A hora de inicio da carreira será ás 12 h.
4. A idade mínima para poder formar parte da proba será a das persoas nadas
antes do 31 de decembro de 2013. A organización non se fará responsable dos
atletas menores da idade mínima esixida neste regulamento, polo que non
poderán participar na proba.
5. Haberá unha proba conxunta única, na que as categorías e horarios serán os
seguintes:
CATEGORÍA ANOS DE
NACEMENTO DISTANCIA HORA
Infantil
Masculina
Do 2008 ao 2013
5 km aprox. 12:00 H
Feminina
Adultos
Masculina
2007 e anteriores
Feminina
ENTREGA DE PREMIOS APROXIMADAMENTE ÁS 12:45 HORAS
6. INSCRICIÓNS
Os prezos da inscrición en calquera das categorías será de 5€/persoa. Contan
cun desconto do 20% (4€) para os seguintes colectivos*:
- Membros do Club Gaiás.
- Persoas xubiladas.
- Persoas en situación de desemprego.
- Persoas con discapacidades.
- Familias numerosas.
- Titulares do carné de estudante.
- Carné Xove.
*A documentación que acredita a bonificación será requerida por
carreirasgalegas.com
As persoas interesadas na carreira deberán cubrir o formulario cos datos
requeridos e finalizar o proceso de inscrición en www.carreirasgalegas.com.
Máis información en:
- www.carreirasgalegas.com
- www.atletismo.gal
- www.cidadedacultura.gal
A organización establecerá un límite de 900 participantes na proba. Unha
vez chegada a esa cifra pecharase a pasarela de inscrición.
Para calquera dúbida ao respecto do proceso de inscrición poderán poñerse
en contacto no teléfono 881 997 584 (Centraliña Cidade da Cultura de
Galicia), ou no correo electrónico actividades@cidadedacultura.org .
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido, marcado para o
31 de maio ás 23:59 h nin se admitirán inscricións o día da proba.
7. PREMIOS
Existirán premios para:
- 3 primeiros clasificados na categoría infantil masculina. (5 km aprox.).
- 3 primeiras clasificadas na categoría infantil feminina. (5 km aprox.).
- 3 primeiros clasificados na categoría adulta masculina. (5 km aprox.).
- 3 primeiras clasificadas na categoría adulta feminina. (5 km aprox.).
8. DORSAIS DE PARTICIPACIÓN
A recollida de dorsais de participación realizarase nos seguintes prazos e
lugar:
- LUGAR: Cidade da Cultura de Galicia, Edificio do Museo, Sala Rega 1.
- Horarios e datas: Venres 2 de xuño de 16:30 h a 20:30 h.
Sábado 3 de xuño de 9:30 h a 11:00 h.
RECOMÉNDASE RECOLLER O DORSAL O VENRES 2 PARA EVITAR
AGLOMERACIÓNS DE ÚLTIMA HORA O DÍA DA CARREIRA
9. CIRCUÍTO
O circuíto estará publicado nas páxinas webs www.carreirasgalegas.com e
www.atletismo.gal
10. A organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento. A participación nas
probas suporá a total aceptación deste Regulamento. Queda totalmente
prohibido correr na proba sen estar previamente inscrito.
11. Todo o non recollido no presente regulamento rexerase pola normativa de
probas en ruta da FGA e da RFEA en vigor.
12. Está totalmente prohibido correr con animais.
13. Aplicarase o protocolo fisiocovid vixente na data de celebración da proba.
RESPONSABILIDADE
A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse
os participantes por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o
participante declara, baixo a súa responsabilidade, terse realizado o oportuno
recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a
proba, eximindo á organización da devandita responsabilidade. A organización
dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias
inherentes á proba.
CONFORME E AUTORIZACIÓN DE DATOS E IMAXES
Todos os corredores e corredoras mediante a aceptación expresa no proceso de
inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de
comunicación e/ou internet. Igualmente coa inscrición, os participantes consenten
que a publicación do seu nome e imaxe sexa cedida a terceiras entidades
colaboradoras da carreira para a publicación en medios de comunicación e/ou
internet aos únicos efectos de difundir e promover de forma específica ou xenérica a
actividade e os resultados da mesma. Para este fin, as entidades colaboradoras
poderán contratar a profesionais que se encarguen de facer fotografías e vídeos o
día da actividade.
Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente mediante a aceptación expresa no
proceso de inscrición que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a
tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e
Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de
probas de ruta.
INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE A PROTECCIÓN DE DATOS
Responsable do
tratamento
Fundación Cidade da Cultura de Galicia.
Finalidades do tratamento Difusión e promoción de actividades da Cidade da
Cultura, traslado dos datos á Federación Galega de
Atletismo para a entrega de dorsais, as
clasificacións e a tramitación do seguro.
Lexitimación para o
tratamento
Consentimento das persoas interesadas.
Persoas destinatarias dos
datos
Persoal do Departamento de Acción Cultural e
persoal da Federación Galega de Atletismo.
Exercicio dos dereitos As persoas interesadas poderán acceder, rectificara
e suprimir os seus datos, así como exercitar outros
dereitos a través da Sede Electrónica da Xunta de
Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na
normativa reguladora do procedemento
administrativo común.
Contacto delegado de
protección de datos e
información
https://www.xunta.gal/proteccion-datospersoais
Actualización normativa No caso de existir diferentes referencias normativas
en materia de protección de datos persoais neste
procedemento, prevalecerán en todo caso aquelas
relativas ao Regulamento Xeral de Protección de
Datos.