Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Rianxo - APLAZADA
01/11/2023
17:50 - 19:20
[
Go Back
]
Descripción
IX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE RIANXO
Artigo 1.
O Concello de Rianxo e o Club Atletismo Rianxo organizan a IX Carreira Popular
Concello de Rianxo, o mércores 1 de novembro de 2023. A proba está incluída no
Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos:
• IX Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación
da Coruña.
• VI Circuíto Carreiras Populares Barbanza Arousa, promovido e organizado
polos Concellos que forman parte da Mancomunidade Arousa Norte:
Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.
Artigo 2.
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha
clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de
xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Artigo 3. Categorías
• Xoubas H/M 2020-2019-2018. 3 saídas, agrupadas por ano de
nacemento.
• Sardiñas H/M 2017-2016.
• Sub 10 H/M 2015-2014.
• Sub 12 H/M 2013-2012.
• Sub 14 H/M 2011-2010.
• Sub 16 H/M 2009-2008.
• Sub 18 H/M 2007-2006.
• Sub 20 H/M 2005-2004.
• Sub 23 H/M 2003-2002-2001.
• Sénior H/M de 2000 ata 1989.
• Máster 1 H/M de 1988 ata 1983.
• Máster 2 H/M de 1982 a 1973.
• Máster 3 H/M de 1972 a 1963.
• Máster 4 H/M 1962 e anteriores.
• “Sapatilla” inclusiva Categoría única absoluta para persoas con diversidade
funcional.
Artigo 4. Distancias e horarios
Categoría Distancia Horario Percorrido Nº
voltas
Xoubas 100 m. 16:30 h. Amarelo – 100 m. 1
Sardiñas 500 m. 16:45 h. Verde – 500 m. 1
Sub 10 1.000 m. 16:55 h. Verde – 500 m. 2
Sub 12 1.500 m. 17:10 h. Azul - 750 m. 2
Sub 14 2.250 m. 17:30 h. Azul – 750 m. 3
Sub 16 6.600 m. 17:50 h. Vermello 2
“Sapatilla” inclusiva 6.600 m. 17:50 h. Vermello 2
Sub 18 - Sub 20
Sub 23 – Sénior
- Máster
10.000 m. aprox. 17:50 h. Vermello 3
Artigo 5. Lugar de saída e percorrido
Saída e chegada
Praza Castelao
Establécense 4 percorridos, aos que se darán as voltas indicadas na táboa de
distancias.
1.Percorrido amarelo: 100 m.
2.Percorrido verde: 500 m.
3.Percorrido azul: 750 m.
4.Percorrido vermello: 3.333 m.
Artigo 6. Inscricións
Prazo:
Ata o domingo 29 de outubro de 2023 ás 23:59 h. Non se aceptarán inscricións
fora de prazo ou con datos incompletos.
Onde:
https://barbanzarousa.gal
Prezo inscrición:
Os prezos de inscrición aprobaranse na Xunta de Goberno Local do Concello de
Rianxo.
• Gratuíto para as categorías de xoubas a sub 16 e “sapatilla inclusiva”.
• 6 € nas categorías Sub 18, Sub 20, Sub 23, Sénior e Máster.
Límite prazas: Haberá un límite de 500 inscritos na proba absoluta (de Sub 18 a
Máster).
Artigo 7. Chips, cronometraxe e retirada de dorsais e chips.
Retirada de dorsais:
O mesmo día da proba nas seguintes localizacións:
Cuartel Vello: entre as 11:00 e as 13:30 h.
Praza Castelao: a partires das 15:00 e ata o inicio da proba.
Os participantes no Circuíto de Carreiras Barbanza Arousa 2023, terán
que recoller un dorsal novo de competición en cada proba, incluída esta, co cal
terán que competir. Deberán dirixirse á zona de retirada de dorsais para recoller
o dorsal e o agasallo de participación.
Cronometraxe e control por chip
Agás os participantes nas categorías xoubas e sardiñas, os demais
participantes estarán controlados a través dun chip que se entregará a cada
participante xunto co dorsal.
Artigo 8. Premios
O acto da entrega dos premios comezará unha vez que o/a ultimo/a participante
na proba dos 10.000 metros cruce a liña de meta.
A clasificación e premios do circuíto regúlase no Artigo 7 do Regulamento do VI Circuíto de
Carreiras Populares Barbanza Arousa.
Na Carreira Popular Concello de Rianxo outorgaranse os seguintes:
Medallas
Medallas para todos os participantes (ata fin de existencias) nas categorías
Xoubas, Sardiñas, Sub 10, 12, 14 e 16.
Trofeos
Trofeo para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba
absoluta, tanto en categoría feminina coma masculina.
Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina
establecida no presente regulamento
Trofeo “Xosé Neira Hermida” ao primeiro e primeira corredor/a local.
Trofeo ao club con mais participantes na proba.
Os premios serán acumulativos.
Premios Económicos
Premio para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na
proba, tanto categoría feminina coma masculina, cos seguintes premios:
1º/1ª - 150 € 2º/2ª - 100 € 3º/3ª - 50 €.
Agasallos
Os participantes nas categorías “sapatilla inclusiva”, Sub 18, Sub 20, Sub 23,
sénior e máster recibirán un agasallo técnico.
Artigo 9. Participación de atletas de outras federacións
autonómicas e estranxeiros.
A proba está incluída no calendario autonómico da Federación Galega de
Atletismo, co cal a participación de atletas estranxeiros e doutras federacións
autonómicas rexerase polo disposto na sección terceira, artigos 16, 17 e 18 do
regulamento de competicións da Real Federación Española de Atletismo, que
se pode consultar na seguinte ligazón:
https://atletismorfea.es/sites/default/files/2023-04/Reglamento%20de%20Competici%C3%B3n.pdf
Artigo 10. Servizos
Servizo de gardarroupa
Pavillón Municipal J.M. Abuín “Chema” de Rianxo.
Vestiarios e Duchas
Pavillón Municipal J.M. Abuín “Chema” de Rianxo (homes) e Piscina Municipal
(mulleres).
Aparcadoiros:
Aparcadoiro Público Municipal (gratuíto), arredores do pavillón polideportivo e
nas inmediacións da zona portuaria.
Artigo 11. Outras consideracións
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de
vehículos de apoio. A non observancia desta norma implicará a descualificación
dos atletas acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a,
sen poder facer ningunha modificación no mesmo.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos
morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os
participantes nas carreiras.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera
aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.
En caso de cancelación do evento por causas alleas a organización, non se
devolverá o importe da inscrición.
[
Go Back
]