Calendario
Info da proba

Lalín

02/07/2023 10:00 - 11:30
Regulamento II CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIA
CAMIÑANDO POLO DANO CEREBRAL
DOMINGO 2 DE XULLO 2023 - LALIN
2. PARTICIPANTES:
Nestas probas poderá participar calquera deportista sexa ou non federado. Todos os
participantes tanto nas carreiras como na andaina (e independentemente da idade) deberán
estar inscritos no prazo preciso, e participarán cunha licenza de día que incluirá un seguro de
accidentes deportivos e de responsabilidade civil. Os deportistas federados polo deporte do
atletismo estarán cubertos polo seguro da súa correspondente licenza. Este percorrido é
accesible para persoas con mobilidade reducida.
2.1 - Nas modalidades CARREIRA ABSOLUTA (10 e 5 KM aprox) poderán participar todas
aquelas persoas que sexan maiores de 16 anos (o día da proba), federadas ou non federadas.
Os participantes da categoría Sub16 só poderán participar na carreira de 5 KM.
As persoas menores de 14 poderán participar nos circuítos escolares (circuítos de 800 Mts, 250
Mts, 100 Mts), en todos os casos, deberán estar inscritas nos prazos e formas establecidos a tal
efecto, publicados na páxina de inscrición: www.carreirasgalegas.com
2.2 - Na modalidade ANDAINA (7 KM aproximadamente) poderán participar todas aquelas
persoas maiores de 16 anos (o día da proba) que o desexen, os menores de 16 anos sempre
que vaian acompañados dun adulto/a responsable, e que estean tamén inscritas nos prazos e
formas establecidos a tal efecto, publicados na páxina de inscrición: www.carreirasgalegas.com.
3. INSCRICIÓNS, PRAZOS E PREZOS:
* Plataforma de inscricións: www.carreirasgalegas.com
* Peche de inscrición: Xoves 29 de xuño ás 23:59 h
* Prezo Carreira 10 KM: 10 €
* Prezo Carreira 5 KM (incluído Sub16): 5 €
* Carreiras Escolares ata Sub14: 2 €
* Prezo Andaina (16 anos ou máis) 5 €
* Prezo Andaina (menores ata 16 anos) De balde
* Dorsal Cero: Doazón voluntaria
O diñeiro da inscrición (descontados os gastos de seguro do participante) serán destinados a
FEGADACE para o desenvolvemento da súa acción e misión orientada a mellorar a calidade de
vida das persoas con dano cerebral adquirido (Máis información en: www.fegadace.org).
4. HORARIOS, SAÍDAS E METAS:
O evento comezará as 09:15 h ca apertura das mesas de dorsais e do servizo de gardarroupa,
xunto coa posta en marcha do servizo de animación e sonorización do evento.
4.1. Modalidade Carreira 10/5 KM:
Inicio ás 10:00 h, con saída conxunta de ambas modalidades 10/5 KM (incluída a categoría
Sub16 na carreira de 5 KM), e meta no arco situado fronte ao edificio consistorial do Concello
de Lalín sito na Praza de Galicia nº1.
A entrega de trofeos/premios levarase a cabo no podio que estará situado debaixo do arco,
aproximadamente ás 11:20 h.
4.2. Modalidade Andaina 7 Km aprox:
Inicio aproximadamente ás 11:30 h, con saída e meta no arco situado fronte ao edificio
consistorial do Concello de Lalín sito na Praza de Galicia nº1.
4.3. Modalidade Carreiras Escolares:
As carreiras de modalidades escolares sairán a partir das 11:35 horas na seguinte orde:
Atletas Sub14 e Sub12 (anos de nacemento Sub14: 2011/2010 e Sub12: 2013/2012): Correrán
facendo unha volta ao circuíto que pasa por detrás dos xulgados (aprox. 800m).
Atletas Sub10 (anos de nacemento 2014/2015):
Tomarán a saída inmediatamente despois da saída dos Sub14 e Sub12, e correrán aprox.
250m.
5.3. CARREIRAS ESCOLARES (Sub 14/12 + Sub10 + Pitufo/Chupete)
Sub14 + Sub12 (2013/2012/2011/2010) saída conxunta, fará unha volta ao CIRCUÍTO A (ver
mapa) de 800 metros aprox. (proba non competitiva, sen cronometraxe). Todos os nenos/as
levarán medalla conmemorativa.
Sub 10 (nados 2015/2014) farán o CIRCUÍTO B (ver mapa) dende as banderolas ata o arco de
meta de Fegadace, composto de 250m aprox. (proba non competitiva, sen cronometraxe).
Todos os nenos/as levarán medalla conmemorativa.
Pitufos + Chupetes (nados 2016 e posteriores) farán o percorrido do CIRCUÍTO C (ver mapa)
dendo o arco da Federación ata o arco de meta de Fegadace, 100m aprox. (proba non
competitiva, sen cronometraxe). Todos os nenos/as levarán medalla conmemorativa.