Calendario
Info da proba

Sigueiro - Camiño Inglés

09/07/2023 10:00 - 12:30
Regulamento A Sociedade deportiva Compostela-Tambre-Lengüelle coa colaboración da Asociación de
Concellos do Camiño Inglés e a Federación Galega de Atletismo, organiza o domingo 9 de
xullo de 2023 a segunda edición da Carreira Camiño Inglés, que constará de dúas probas
1. A proba da media maratón (21 KM) partirá ás 10:00 horas desde a Igrexa de
Ardemil (Concello de Ordes)
https://goo.gl/maps/YHaWXcRVj4qhs58K7?coh=178572&entry=tt seguindo
a ruta do Camiño Inglés
2. Haberá outra proba de 10 KM que partirá tamén ás 10:20 horas de Ponte
Pereira - Área de Lecer de Os Carabelos (Concello de Ordes)
https://goo.gl/maps/awACwXDhV8A6ZSxT8?coh=178572&entry=tt
seguindo a ruta do Camiño Inglés.
A meta será para as dous probas a mesma, e estará situada ao carón da Piscina Municipal de
Sigüeiro, Camino Inglés 7, 15888 Sigueiro, Concello de Oroso. A Coruña
https://goo.gl/maps/vaLDsUtD6NB5MHVcA?coh=178572&entry=tt
Este ano contaremos con dúas probas para a rapazada:
1. Circuíto de 3 KM para rapaces e rapazas de entre 14 a 17 anos (cumpridos o día da
proba)que partirá ás 10:05 horas ao carón da Piscina Municipal de Sigüeiro, Camino
Inglés 7, 15888 Sigueiro, Concello de Oroso
https://goo.gl/maps/vaLDsUtD6NB5MHVcA?coh=178572&entry=tt
2. Circuíto de 1,5 KM para rapaces e rapazas de entre 10 a 13 anos (cumpridos o diá
da proba) que partirá ás 10:30 horas ao carón da Piscina Municipal de Sigüeiro,
Camino Inglés 7, 15888 Sigueiro, Concello de Oroso
https://goo.gl/maps/vaLDsUtD6NB5MHVcA?coh=178572&entry=tt
REGULAMENTO
1. Data
A proba da media maratón (21KM) e a proba de 10KM, así como as restantes probas, terán
lugar o día 9 xullo do 2023 na que poderán participar atletas federados e non federados que
correrán (estes últimos) coa licenza de día da Federación Galega de Atletismo.
2. Distancias e horarios
PROBA ABSOLUTA DE 21 KM
Esta proba absoluta (das categorías absoluta a senior) sairá a partir das 10:00 horas dende a
Igrexa de Ardemil (concello de Ordes), e seguirá un circuíto de 21KM ao longo da ruta do
Camiño Inglés, ata a piscina municipal de Sigüeiro (concello de Oroso).
Os participantes deberán situarse na liña de saída 15 minutos antes da hora prevista pola
organización para a súa saída para o comezo da carreira. Os únicos vehículos que poderán
seguir a proba serán os designados pola organización.
PROBA ABSOLUTA DE 10 KM
Esta proba absoluta (das categorías absoluta a senior) sairá a partir das 10:20 horas dende
Ponte Pereira (Concello de Ordes). e seguirá un circuíto de 10 KM ao longo da ruta do
Camiño Inglés, ata a piscina municipal de Sigüeiro (Concello de Oroso).
Os participantes deberán situarse na liña de saída 15 minutos antes da hora prevista pola
organización para a súa saída para o comezo da carreira. Os únicos vehículos que poderán
seguir a proba serán os designados pola organización.
PROBA DE 3 KM
Esta proba (para rapaces e rapazas de entre 14 a 17 anos) partirá ás 10:05 horas ao carón
da Piscina Municipal de Sigüeiro, Camino Inglés 7, 15888 Sigueiro, Concello de Oroso. E
seguirá un circuíto de 3KM ao longo da ruta do Camiño Inglés ata o mesmo arco de saída ao
carón da Piscina Municipal de Sigüeiro.
Os participantes deberán situarse n a liña de saída 15 minutos antes da hora prevista pola
organización para a súa saída para o comezo da carreira.
PROBA DE 1,5 KM
Esta proba (para rapaces e rapazas de entre 10 a 13 anos) partirá ás 10:30 horas ao carón
da Piscina Municipal de Sigüeiro, Camino Inglés 7, 15888 Sigueiro, Concello de Oroso. E
seguirá un circuíto de 1,5 KM ao longo da ruta do Camiño Inglés ata o mesmo arco de saída
ao carón da Piscina Municipal de Sigüeiro.
Os participantes deberán situarse na liña de saída 15 minutos antes da hora prevista pola
organización para a súa saída para o comezo da carreira.
3. Control técnico da carreira
A carreira estará controlada polo comité Galego de Xuíces da Federación Galega de
Atletismo e formará parte do seu calendario oficial de probas en ruta.
4. Sistema de cronometraxe
A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chips en todas as probas.
Haberá puntos de control de chips ao longo do percorrido. As persoas participantes que non
cumpran co paso por todos os puntos de control serán descalificadas.
5. Utilización de medios físicos naturais
As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen
axudas materiais de ningún tipo.
Non está permitido o acompañamento por ningún vehículo alleo á organización, nin
bicicletas, patíns ou persoas non rexistradas na proba que poidan acompañar, avituallar ou
marcarlles ritmos ás persoas participantes. Ao mesmo tempo, non se permite a participación
con coches ou cadeiras de bebés, nin correr acompañados destes en ningún momento, así
como tampouco está permitida a participación con animais, nin correr acompañados destes en
ningún momento.
Calquera infracción destas características poderá supoñer a descualificación da persoa
participante.
6. Descalificacións
Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba ao/a atleta que
manifeste un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle
requira, aos/as participantes que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección
Civil, xurado, servizos médicos ou membros da organización debidamente identificados.
Os/as xuíces/xuízas da proba terán a facultade de descualificar ao/a infractor/a que non leve
visible o seu dorsal, que o manipule e/ou ceda a outro, altere os datos facilitados á
organización con respecto aos que figuren no seu DNI ou ficha federativa, non complete o
percorrido, ou incumpra calquera outra norma contemplada nas normas da FGA, RFEA, WA.
As persoas corredoras descalificadas non terán opción a premios.
7. Peche de control da carreira
O tempo de realización máxima da carreira de 21 KM será 3h. O tempo de realización
máxima da carreira de 10 KM será de 1 hora e 30 minutos.
Ao cumprirse este tempo, todas as persoas que aínda continúen no circuíto deberán retirarse e
trasladarse á zona peonil. Consideraráselles “fóra de carreira” e non figurarán nas
clasificacións. Se deciden continuar, estarán a facelo baixo a súa exclusiva responsabilidade,
debendo cumprir en todo momento coa normativa de tráfico e seguridade viaria.
CATEGORÍAS E INSCRICIÓNS
8. Categorías de competición probas 21KM e 10KM
● Senior M/F de 18 anos cumpridos o día da proba ata master
● Máster 1 M/F de 35 a 44 anos cumpridos o día da proba
● Máster 2 M/F de 45 a 54 anos cumpridos o día da proba
● Máster 3 M/F De 55 anos e superiores
● Absoluta M/F Calquera das categorías anteriores
9. Categorías de competición probas 3KM e 1,5KM
● 3 KM - M/F idades comprendidas entre os 14 e os 17 anos (cumpridos o día da
proba)
● 1,5 KM - M/F idades comprendidas entre os 10 e os 13 anos (cumpridos o día da
proba)
10. Inscrición e cota
a) Realizarase en liña a través da pasarela de pagamento inserida na páxina web da
Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com.
Ojo morado Cota e prazos de inscrición:
Prazo ordinario: ata o 6 de xullo ás 23:59 horas na proba de 21KM será de: 15 €
Prazo ordinario: ata o 6 de xullo ás 23:59 horas na proba de 10KM será de: 6 €
Prazo ordinario: ata o 6 de xullo ás 23:59 horas na proba de 3KM será de: gratuíta
Prazo ordinario: ata o 6 de xullo ás 23:59 horas na proba de 1,5KM será de: gratuíta
SERVIZOS A PARTICIPANTES
11. Entrega de dorsais
A entrega de dorsais realizarase o propio día 9 de xullo a partir das 08:00 horas, na liña de
meta ao carón da piscina municipal de Sigüeiro, e ata as 08:45 horas para as probas de
21KM e 10KM.
E para as demais probas:
- 3 KM: De 08:00 a 09:15 horas.
- 1,5 KM: De 08:00 a 09:45 horas.
https://goo.gl/maps/vaLDsUtD6NB5MHVcA?coh=178572&entry=tt
12. Aseos
Haberá servizos (WC) na piscina municipal de Oroso nas inmediacións da zona de
saída/meta, Camino Inglés 7, 15888 Sigueiro, concello de Oroso. A Coruña.
13. Servizo de autobuses para as probas de 21KM e 10KM
Os autobuses partirán dende a piscina municipal de Oroso nas inmediacións da zona de meta,
Camiño Inglés 7, 15888 Sigueiro, Concello de Oroso, cunha frecuencia de 15 minutos a partir
das 8:15 horas en dirección á zona de saída da carreira de 10KM e 21KM.
Para a carreira de 21KM a derradeira saída será ás 09:00 horas.
Para a carreira de 10KM a derradeira saída será ás 09:15 horas.
Seguirase sempre o protocolo covid-19 establecido para o transporte público.
14. Avituallamentos
Na proba de 21 KM estabeceranse 4 puntos de avituallamento:
● KM 5 - líquido
● KM 10 - sólido e líquido
● KM 15 - líquido
● Meta sólido e líquido
Na proba de 10 KM estabeceranse 2 puntos de avituallamento
● KM 5 - líquido
● Meta sólido e líquido.
15. Servizos médicos
A proba dispoñerá dos servizos médicos recomendados pola FGA e de acordo coa lexislación
vixente, así como de ambulancia. De outra banda, disporase de servizo de masaxistas para
aqueles que sofran algún percance muscular.
16. Clasificacións e reclamación
Publicaranse na páxina web www.carreirasgalegas.com. Non haberá exposición física das
listaxes de resultados.
As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da
Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos. Todo o non
previsto no presente regulamento, resolverase de acordo cos regulamentos da FGA, e RFEA
en vigor.
17. Premios
- Os 3 primeiros/as clasificados/as da proba de 21 KM recibirán un trofeo
- Os 3 primeiros/as clasificados/as da proba de 10 KM recibirán un trofeo
- Os tres primeiros clasificados/as de cada categoría da proba de 21 KM e da proba de 10 KM
establecida neste regulamento recibirán un agasallo
- Os 3 primeiros/as clasificados/as da proba 3 KM recibirán un trofeo
- Os 3 primeiros/as clasificados/as da proba de 1,5 KM recibirán un trofeo
Vales Bono Red Stelar
Repartiranse 1.200 € en bonos para consumir en establecementos dentro da Red Stelar da
Asociación de Concellos do Camiño Inglés
(https://www.caminoingles.gal/es/rede-stelar-aloxamentos-e-restauracion/)
O reparto realizarase do seguinte xeito:
- Bono Red Stelar de 100 € - 1º absoluto femenino e 1º absoluto masculino da carreira
de 21 KM
- Bono Red Stelar de 100 € - 1º absoluto femenino e 1º absoluto masculino da carreira
de 10 KM
- Bono Red Stelar de 50 € - 1º absoluto femenino e 1º absoluto masculino de todas as
categorías de 21 KM e 10 KM (Senior, Master 1, Master 2, Master 3)
Premios non acumulativos.
Premios a clubs
Daranse premios económicos a clubs federados entre as carreiras de 21QM e 10QM
conxuntamente. A clasificación por clubs será establecida polo equipo que sumadas as súas
posicións en ambas carreiras teña o menor número de puntos.
Así mismo, no caso de empate será vencedor o equipo que chegase de primeiro no cuarto
posto da carreira de 21 KM.
1º Club: Trofeo e premio económico de 200,00 €
2º Club: Trofeo e premio económico de 150,00 €
3º Club: Trofeo e premio económico de 100,00 €
18. Vestiarios duchas e gardarroupa
Estarán a disposición dos/as participantes os vestiarios e duchas na piscina municipal de
Oroso, Camiño Inglés 7, 15888 Sigueiro, concello de Oroso. A Coruña, e o gardarroupa na
saída da proba de 21KM e 10KM.
RESPONSABILIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS
19. Responsabilidade
O participante declara, baixo a súa responsabilidade, que realizou o oportuno recoñecemento
médico que lle permite estar en condicións óptimas para correr a proba. Ademáis exime a
organización desta responsabilidade e que non presenta sintomatoloxía relacionada coa
covid-19, o cal lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á
organización da devandita responsabilidade. A organización non se fará responsable dos
danos que puidesen causar ou causarse os participantes por imprudencias ou neglixencias
estes.
A organización dispón dun seguro de accidentes e de responsabilidade civil que cubrirá as
incidencias inherentes á proba.