Calendario
Info da proba

Ferrol - APLAZADA

02/07/2023 11:00 - 12:30
Regulamento REGULAMENTO
1. ORGANIZACIÓN
O Club “Ria Ferrol – Concepción Arenal”, co control técnico da Federación Galega de AtleƟsmo,
organiza a partir das 10:00 horas do domingo 2 de xullo de 2023 a Carreira Popular 10K Porto de
Ferrol.
2.- PATROCINADORES
A pobra conta co Patrocinio da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao
3. COLABORACIÓNS
Esta pobra conta coas colaboracións da Policia Porturaria e do Concello de Ferrol .
4. PARTICIPACIÓN
Poderán participar nesta proba atletas populares e federados/assempre que estean inscritos/as
nos prazos e formas establecidos a tal efecto pola Organización.
5. PERCORRIDO
Haberá dous circuítos de 10.000 e 5.000 metros homologados pola Federación Española
de AtleƟsmo e discorrerá sobre unha superficie de asfalto na súa totalidade.
A proba discorrerá por un circuíto urbano dacordo co plano deseñado anexo a este
regulamento.
A saída e a chegada situaranse no Peirao de Curuxeiras.
A organización contará coa axuda de Protección Civil, e voluntarios que regularan o tránsito o
longo de percorrido.
Prohíbese o acompañamento dos parƟcipantes e o uso de coches de apoio. O incumprimento
desta norma implicará a inmediata descualificación dos corredores que a infrinxisen. Os únicos
vehículos autorizados que poderán seguir a proba serán os das forzas de seguridade e os de
apoio a organización, que irán debidamente idenƟficados.
A proba estará controlada polo Comité́
Galego de Xuíces, que establecerá os correspondentes
controis ao longo do circuíto.
O percorrido estará́
sinalizado e estableceranse controis.
6. CATEGORÍAS
Establécense as seguintes categorías:
• SUB 8: Nados/as nos anos 2016 e 2017.
• SUB 10: Nados/as nos anos 2014 e 2015.
• SUB 12: Nados/as nos anos 2012 e 2013.
• SUB 14: Nados/as nos anos 2010 e 2011.
• SUB 16: Nados/as nos anos 2008 e 2009.
• SUB 18: Nados/as nos anos 2006 e 2007.
• SUB 20: Nados/as nos anos 2004 e 2005.
• SUB 23: Nados/as nos anos 2001, 2002 e 2003.
• SÉNIOR: Nados/as nos anos 2000 e anteriores ata os 34 anos cumpridos o día da
proba.
• MÁSTER A: De 35 a 44 anos cumpridos o día da proba.
• MÁSTER B: De 45 a 54 anos cumpridos o día da proba.
• MÁSTER C: De 55 a 64 anos cumpridos o día da proba.
• MÁSTER D: Maiores de 65 anos cumpridos o día da proba.
7. PECHE DE CONTROL
O control de chegada para a carreiras de 10K e 5K pecharase unha hora e 15 minutos despois
da saida,as 12:15 h. Cando un participante exceda o tempo previsto de peche de control (unha
hora e quince minutos dende efectuar a saida ), será́ avisado pola organización e deberá subir
ao coche oficial que pecha a carreira e abandonar a proba coa fin de non entorpecer o tráfico
automobilístico e o desenvolvemento da propia actividade. No caso de continuar, farao baixo a
sa responsabilidade, debendo cumprir as normas e sinais, e considerarase un usuario máis da
vía, e quedará eximida a organización de toda responsabilidade do que puidese acontecer
(Regulamento xeral de circulación R.D. 1428/2003.
8. INSCRICIÓN E RETIRADA DE DORSAIS
Para inscribirse na proba, as persoas participantes dende a categoría sub 18 en adiante, deberán
pagar a cantidade de 5,00 €.As categorias menores serán de balde.
As inscricións poderán efectuarse a partir do día 01 de xuño ata as 23:59 h do día 28 de xuño a
través da páxina www.carreirasgalegas.com .
A retirada de chips e dorsais poderase efectuar ó longo do 30 de xuño (16:30 h a 20:00 h) e 01
de xullo de 10:00 a 20:00 en DECATLHON FERROL . O dia da Proba dende as 08:30 h ata 10:30
h no Porto de Ferrol.
O acto de recollida de dorsal e chips entenderase como confirmación da participación.
A organización non se fai responsable das consecuencias derivadas dunha inscrición defectuosa
ou errónea por parte dos corredores ou a persoa na que deleguen.
9. CARREIRA PARA MENORES
A carreira das categorías de menores, que discorrerá polo Peirao de Curuxeiras, cos seguintes
horarios e distancias:
CATEGORÍA HORA DE SAÍDA DISTANCIA
Sub 16 (masculino e feminino) 10:00 2.500 m (aprox.)
Sub 14 (masculino e feminino) 10:15 1.500 m (aprox.)
Sub 12 (masculino e feminino) 10:25 1.000 m (aprox.)
Sub 10 (masculino e feminino) 10:35 500 m (aprox.)
Sub 8 (masculino e feminino) 10:45 500 m (aprox.)
10.- CARREIRA ABSOLUTA
Haberá dous circuitos homologados. 5 K y 10K, As pobras comenzará as 11:00 h .
11. PREMIOS
As clasificacións publicaranse inmediatamente despois de finalizar a proba.
Haberá premios en metálico para:
Tres primeiros clasificados, tanto masculinos como femininos, da clasificación xeral da proba de
10K. Os importes serán os seguintes:
 1er clasificado/a absoluto 150 €.
 2º clasificado/a absoluto 100 €.
 3º clasificado/a absoluto 50 €.
Haberá trofeos para:
Gañador e gañadora absoluta da proba de 10K.
Gañador e gañadora absoluta do 5 K.
Tres primeiros clasificados de cada categoría, masculina e feminina de todas as probas, ata a
categoría sub 12.
Tódolos participantes nas categorías sub 10 e sub 8, recibirán unha medalla.
Entre tódolos participantes que rematen a proba, dende a categoría sub 18 en adiante,
realizarase un sorteo de 4 premios en metálico por un valor 50 € cada un. 2 premios para os
participantes do 5 K e outros 2 para os de 10 K.
Se sortearan agasallos unha vez finalizada a proba para todos os participantes.
12. CONTROL TCNICO DA PROBA
A proba será controlada polo Comité Galego de Xuíces de Atletismo e rexerase polas normas
do Regulamento da WA. Tamén está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega
de Atletismo.
O/A Xuíz/a árbitro/a será designado/a pola F.G.A. para resolver calquera suceso de tipo técnico,
interpretando o regulamento da proba.
Os tempos tomaranse mediante sistema informático. Só terán validez os chips persoais
integrados no dorsal da carreira. O tempo de carreira só será rexistrado se a persoa participante
leva posto correctamente o chip, que irá integrado no dorsal.
O dorsal debe levarse na parte dianteira en lugar visible.
As reclamacións ós resultados oficiáis, deberán formularse verbalmente ó/á Xuíz/a Arbitro/a da
Competición non mais tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
13. SEGUROS
A organización ten subscrito un Seguro Colectivo de Accidentes e Responsabilidade Civil.
A organización recomenda ás persoas participantes que, con anterioridade á proba, efecten un
recoñecemento médico específico e que realicen un adestramento axeitado para as
características desta competición.
A Organización non se fará responsable dos danos morais ou materiais que poidan sufrir as
persoas participantes antes, durante ou como consecuencia da sa participación nesta proba.
14. ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO
As persoas participantes aceptan o establecido neste regulamento e comprométense a non
anticiparse ao momento da saída e a cubrir a distancia completa antes de cruzar a liña de meta.
Tódalas persoas participantes, polo feito de formalizar a inscrición, dan o seu consentimento
para que a organización, ela mesma ou mediante terceiras entidades, traten informaticamente
e con finalidade exclusivamente deportiva, promocional ou comercial, os seus datos de carácter
persoal, así como a súa imaxe dentro da proba mediante fotografías, vídeos, etc.