Calendario
Info da proba

Moraña

24/09/2023 10:30 - 13:30
Regulamento IX CARREIRA CARNEIRO Ó ESPETO 2023 MORAÑA

1.- O Concello de Moraña, en colaboración co Club Atletismo +9 Moraña e o Club Moraña en Ruta, e coa Deputación de Pontevedra, organizan a IX Carreira Carneiro ó Espeto 2023, que terá lugar o domingo 24 de setembro a partir das 10:30 horas, estando situada a saída e a meta na Rúa 5 de Santa Lucía (Moraña).

2.- A carreira é aberta á participación de calquera persoa, sen necesidade de ter licenza federativa.

3.- O percorrido será un circuíto semiurbano ó que se darán dúas voltas ata completar 10 km. As distancias a percorrer adaptaranse ás idades de cada categoría. O circuíto discorre polas seguintes rúas: Rúa 5, Rúa 6, Rúa 2, Rúa 1, Rúa 6, carretera Mos, As Casiñas, O Souto, O Lameiro, A Peroxa, O Souto, Mos, (vuelta 2) Rúa 6, carretera Mos, As Casiñas, O Souto, O Lameiro, A Peroxa, O Souto, Mos, Rúa 5.

4.- Ás 10:30 será a primeira carreira. A entrega de premios será a partir das 13:15 h.
O tempo de realización máxima da carreira será de 1 hora e 10 minutos. Ao cumprirse este tempo, todas as persoas que aínda continúen no circuíto deberán retirarse e trasladarse á zona peonil. Consideraráselles “fóra de carreira” e non figurarán nas clasificacións. Se deciden continuar, estarán a facelo baixo a súa exclusiva responsabilidade, debendo cumprir en todo momento coa normativa de tráfico e seguridade viaria.

5.-Categorías (masculina e feminina):

Escolares
Chupetes: De 0 a 3 anos (poderán correr acompañados dun adulto). Non é competitiva.
Pitufos: Nacidos nos anos 2018-2019
Sub8: Nacidos nos anos 2016-2017
Sub10: Nacidos nos anos 2014-2015
Sub12: Nacidos nos anos 2012-2013
Sub14: Nacidos nos anos 2010-2011
Sub16: Nacidos nos anos 2008-2009
Sub18: Nacidos nos anos 2006-2007

Absoluta:
Sub23: De 18 a 22 anos
Sénior: De 23 a 34 anos
Master A: masculino: de 35 a 44 anos
feminino: de 35 a 44 anos
Master B: masculino: de 45 a 54 anos
feminino: de 45 a 54 anos
Master C: masculino: de 55 a 64 anos
feminino: de 55 a 64 anos
Master D: masculino: de 65 anos en diante
feminino: de 65 anos en diante

Para que una categoría séa recoñecida debe ter o menos catro participantes na mesma, en caso de ser inferior, se lle incluirá na categoría inferior o superior.


CATEGORÍA HORA SAÍDA DISTANCIA
Absoluta 10:30h 5Km/10Km
Sub18/Sub16 11:45h 2,8Km (2 Voltas E)
Sub14 12:00h 1,8Km (F)
Sub12 12:10h 1,4Km (E)
Parellas 12:20h 1,4Km (E)
Sub10 12:35h 1,1 Km (D)
Sub8 12:45h 800m (C)
Pitufos 12:55h 300m (B)
Chupetes 13:00h 50m (A)

6.- Este ano seguimos apostando pola carreira de parellas. As parellas poderán ser masculinas, femininas ou mixtas. Correrán con dobre dorsal co mesmo número e terán que saír, correr e chegar xuntos á meta. Quedarán desclasificadas as parellas nas que os seus membros cheguen por separado.
Terán que inscribirse cun nome para a parella e especificar os nomes de cada participante.

7.- Premios:
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría e da xeral, excepto os chupetes, que levarán todos medalla, o non ser unha proba competitiva.

Haberá trofeos para a primeira parella masculina, feminina e mixta.

Haberá trofeo para o primeiro e primeira de Moraña da carreira absoluta.

Haberá trofeo para o corredor ou corredora de máis idade.

Camisetas técnicas e avituallamento para os participantes na liña de chegada.

Como en anos anteriores teremos a carreira absoluta de 10Km e 5Km. Os premios en metálico só se darán na carreira de 10Km. Na de 5Km levarán trofeo os tres primeiros clasificados masculinos e femininos.

Haberá premios en metálico para os tres primeiros clasificados de cada unha das seguintes categorías:

CAT. SUB23 M/F - ABSOL. M/F - SENIOR M/F - M.A M/F - M.B M/F - M.C M/F - M.D M/F
1º 30€ - 200€ - 30€ - 30€ - 30€ - 30€ - 30€
2º 20€ - 100€ - 20€ - 20€ - 20€ - 20€ - 20€
3º 10€ - 75€ - 10€ - 10€ - 10€ - 10€ - 10€

Estes premios non son acumulativos: Só se entregará o de maior cuantía. Para recollelo, terá que presentarse o interesado/a provisto de DNI.

Haberá un premio de 100 euros para o club con máis participantes que rematen a carreira de 10 Km. Mínimo 20 atletas.

8.- Inscricións:
As inscricións de todas as categorías faranse na páxina www.emesports.es ata o xoves 21 ás 23:59 h. Farán constar: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo, DNI e teléfono.
Non se admitirán inscricións o mesmo día da proba.

Inscrición absoluta (5 Km e 10 Km): 7€
Prezo inscrición parellas: 8€ a parella
Categorías: Sub18, Sub16, Sub14, Sub12, Sub10, Sub8 e Pitufos: 1€ (levarán chip)
Categoría chupetes: gratuíta

9.- Os atletas deberán estar na liña de saída 10 minutos antes do comezo da carreira.

10.- Será motivo de descalificación calquera infracción grave ou comportamento antideportivo que estime a Organización.

11.- A Organización non se fará cargo dos obxectos de valor extraviados polos corredores.

12.- A participación supón a total aceptación deste regulamento. Todo corredor, polo feito de tomar a saída, acepta tanto o presente regulamento coma as decisións que tome a Organización en caso de dúbidas.

13.- Haberá duchas no Pavillón Municipal de Deportes, a 600 metros da liña de meta.

14.- Prégase aos atletas de todas as categorías entreguen un quilo de comida non perecedeira no lugar de entrega de dorsais, xa que é unha carreira solidaria.

15.- A Organización da carreira servirá pinchos variados para todos os atletas participantes a partir das 12:30 h.

16.-Dereitos de imaxe:
Todos/as os/as participantes no momento de realizar a súa inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. O participante autoriza o uso de fotografías propias sempre que o seu uso garde relación co evento no que se subscribe. Coa realización da inscrición o participante admite que o organizador, poida facer uso da imaxe de todos os participantes en calquera formato xa sexa gráfico ou dixital e en todas as súas formas (vídeo, foto, DVD, internet, carteis, medios de comunicación etc.). Todos os dereitos de imaxe pertencen aos organizadores (Atletismo +9 Moraña, Moraña en Ruta e Concello de Moraña).

17.- Outras consideracións:
A organización reservase a potestade de cambiar os percorridos definidos nas categorías escolares, horarios ou modificar o regulamento, circunstancias que serán comunicadas aos participantes. Calquera aspecto non recollido neste regulamento resolverase de acordo co regulamento da FGA e RFEA, por esta orde, para probas en ruta en vigor. A organización da proba declina toda a responsabilidade dos danos que os/as atletas puideran ocasionar, ocasionarse ou derivasen da participación destes nas probas. A organización tampouco se responsabiliza dos obxectos persoais que poidan extraviarse ou danarse. Todos/as os/as atletas inscritos nas probas darán por aceptado o presente regulamento e o descoñecemento do mesmo non exime do seu cumprimento.