Calendario
Info da proba

Ribeira

09/07/2023 10:00 - 11:00
Regulamento PRESENTACIÓN
A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional organiza a IX
Carreira pola Diversidade que se celebrará, de maneira presencial, o día 9 de xullo
no Concello de Ribeira. Trátase dunha proba con circuíto urbano que sairá dende
a explanada de Coroso, ás 10:00h.
MODALIDADES E CATEGORÍAS
Existen 2 modalidades da carreira, ambas co mesmo percorrido de 5 km de
distancia que inclúen diferentes categorías.
• MODALIDADE ABSOLUTA MIXTA 5Km:
SUB-18 (16 a 17 anos inclusive)
SENIOR (18 a 34 anos inclusive)
MASTER 1 (35 a 40 anos inclusive)
MASTER 2 (41 a 50 anos inclusive )
MASTER 3 (51 en adiante)
• MODALIDADE INCLUSIVA 5 KM
ZAPATILLA INCLUSIVA: poderán inscribirse nesta categoría tódalas persoas con diversidade
intelectual, sensorial ou motriz que non se inclúan en ningunha das outras modalidades.
HANDBIKE.
CADEIRA DE ATLETISMO.
• MODALIDADE DE ANDAINA CON ou SEN MASCOTAS:
ÚNICA: 3,33km
• MODALIDADES INFANTÍS:
Tras esta proba inclusiva haberá probas infantís distribuídas por idades:
• 13 a 15 anos: 2km
• 10 a 12 anos: 1km
• 8 a 9 anos: 500 km
• 6 a 7 anos: 300 m
• 0 a 5 anos: 100 m
O horario da proba absoluta mixta será as 10:00. A andaina saldrá aos 10 minutos de
comezar a Carreira absoluta. O resto das probas irán comezando segundo vaian terminando as
probas anteriores no seguinte orden:
• Carreira 2km
• Carreira 1km
• Carreira 500m
• Carreira 300m
• Carreira 100m
INSCRICIÓNS
A cota de inscrición é de 7 €. A recadación será destinada á financiación de
actividades destinadas a persoas con diversidade funcional do centro de recursos
da asociación Ambar.
A inscrición poderá facerse a través da páxina web da Asociación Ambar
(www.asociacionambar.org)
Existe a posibilidade de facer a inscrición do “Dorsal 0”, para todas aquelas
persoas que queiran colaborar coa entidade sen participar na carreira.
Os dorsais recolleranse a partir das 9:00 horas e ata media hora antes do inicio
das probas. Non se aceptarán as inscricións fóra de prazo , cos datos incompletos
ou sen todos os datos obligatorios
A data límite de inscrición será o día 6 de Xullo ás 23:59 h. ou ata completar o
número de participantes permitidos.
A inscrición nas modalidades de Cadeira de atletismo e handbike darán
dereito a hospedaxe do deportista e 1 acompañante a noite previa á celebración
da carreira. Isto farase por orde de inscrición ata fin de existencias.
CLASIFICACIÓN E PREMIOS
Estableceranse os seguintes premios que serán entregados ao remate das
probas competitivas:
✓ Carreira:
• 3 primeiros clasificados na categoría senior (masculino).
• 3 primeiras clasificadas na categoría senior (feminina).
• 3 primeiros clasificados na categoría master 1 (masculino).
• 3 primeiras clasificadas na categoría master 1 (feminina).
• 3 primeiros clasificados na categoría master 2 (masculino).
• 3 primeiras clasificadas na categoría master 2 (feminina).
• 3 primeiros clasificados na categoría master 3 (masculino).
• 3 primeiras clasificadas na categoría master 3 (feminina).
• 3 primeiros clasificados na categoría sub-18 (masculino).
• 3 primeiras clasificadas na categoría sub-18 (feminina).
• 3 primeiros clasificados na categoría zapatilla inclusiva (masculino).
• 3 primeiras clasificadas na categoría zapatilla inclusiva (feminina).
• 3 primeiros clasificados na categoría handbike (masculino e feminino).
• 3 primeiros clasificados na categoría cadeira deportiva (masculino e feminino).
• Medallas para todos/as participantes nas probas infantís.
NORMAS DE CARREIRA
Todos os corredores recoñecen estar en perfecto estado físico e de saúde
para a participación nesta proba eximindo á organización da devandita
responsabilidade.
Haberá unha zona de quecemento debidamente sinalizada así como unha
cámara de chamadas previa á saída da carreira.
A carreira estará controlada ao longo do seu percorrido polo persoal
correspondente (apertura e peche de carreira, sinalizacións, etc.) O control de
chegada pechará unha hora despois do inicio da proba.
RESPONSABILIDADE E RECLAMACIÓNS
A organización da proba non se fará responsable dos danos morais e físicos que a
si mesmo ou a outras persoas ocasionen os participantes desta proba. As
reclamacións deberán ser feitas verbalmente á organización da proba ,non máis
tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados. A organización reservase
o dereito de modificar este regulamento se as circunstancias o requiren (informando
previamente)
Todos os participantes , polo feito de inscribirse e participar na proba , aceptan este
regulamento eximindo de toda responsabilidade aa organización por calquera
incidente ou percance que lles suceda, tanto a persoa como aa mascota por
imprudencias o neglixencias dos mesmos, da mesma forma que si a mascota infrinxe
algún dano ou perxuicio durante a súa participación na carreira. Así mesmo, os
participantes declaran estar en óptimas condicións físicas para a realización desta
proba; facéndoo baixo a súa responsabilidade y eximindo aa Asociación Ambar
das persoas con diversidade funcional.
SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL
A proba conta cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes que
cubrirá aos participantes inscritos a través das canles oficiais. Así mesmo,
contaremos con servizo de ambulancia e médico.