Calendario
Info da proba

Marín

28/07/2023 22:00 - 23:30
Regulamento • REGULAMENTO XERAL
O Concello de Marín organizarán o vindeiro Venres, 28 xullo de 2023 , “+10 MARÍN MANUEL
ROSALES, GRAN PREMIO CONCELLO DE MARÍN”.
• HORARIO E LUGAR DE SAÍDA.
- A proba absoluta disputarase ás 22.00 horas, e terá a saída no Paseo da Alameda –
Concello de Marín (Av. Ourense) e chegada na Alameda de Marín.
- Categorías escolares, a categoría de Biberóns (2021-2022-2023), terá que estar no punto da
saída as 20:30.
- A proba está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e estará
baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces. O percorrido terá unha distancia de 10
Km totalmente planos, sen desniveis considerables acumulados.
• CATEGORÍAS.
- As categorías biberóns, pitufos, prebenxamín, benxamín e alevín non serán competitivas, recibirán
todos unha medalla, camiseta e bolsa do corredor.
- O resto terán premiación para os 3 primeir@s de cada categoría.
CATEGORÍA MENORES:
▪ 20:40, Carreira Xuvenil /sub18 – 1000m aprox. (2006-2007).
▪ 20:40, Carreira Cadete/sub. 16 - 1000m aprox. (2008 - 2009).
▪ 20:50, Carreira Infantil/Sub 14 - 1000m aprox. (2010 - 2011).
▪ 21:00, Carreira Alevín/Sub 12 - 500m aprox. (2012 - 2013).
▪ 21:10, Carreira Benxamín/Sub 10 - 500m aprox. (2014 – 2015).
▪ 21:20, Carreira Prebenxamin - 300m aprox. (2016-2017).
▪ 21:30, Carreira Pitufos - 150m aprox. (2018-2019-2020).
▪ 21:40, Carreira biberóns (100 metros) (2021-2022-2023).
• CATEGORÍA ABSOLUTA:
SAÍDA: 22:00.
- Sub 18/20/23: Nados desde 2001 ata o 2007.
- Sénior: 2000 ata 34 anos..
- Máster A: De 35 a 44 anos cumpridos o día da proba.
- Máster B: De 45 a 54 anos cumpridos o día da proba.
- Máster C: De 55 a 64 anos cumpridos o día da proba.
- Máster D: De 65 anos cumpridos o día da proba e anteriores.
- ABSOLUTA. 3 PRIMEIR@S DA XERAL (Os premios da xeral e das diferentes categorías serán
acumulativos).
- Premio especial: 1º e 1ª Marinense, nado no Concello de Marín.
*So podrán correr os atletas Xuvenil/Sub 18 na categoría absoluta (10km), por
invitación da organización, poñendose en contacto con esta por correo
milerunningclub@gmail.com
*Na carreira de adultos non haberá premio para a categoría Sub 18 (entrarían
na categoría (Sub 18/20/23).
• CIRCUÍTO.
Perfil da proba.
• INSCRICIÓNS E PRAZOS
- A proba absoluta ten un custe de 7 € a través de www.carreirasgalegas.com ata o 21 de xullo
ás 23:59h (tarifa reducida). Recollida de dorsais tenda MILER ou o propio día da carreira na
Alameda de Marín.
- Dende o 22 de xullo a o 25 de xullo 10€ a través de www.carreirasgalegas.com. As 22.00 h (peche
definitivo). Recollida de dorsais será o mesmo día da carreira na alameda de Marín.
- Menores: A inscrición e GRATUÍTA. A INSCRICIÓN da proba de menores pode realizarse
ata o 25 de xullo en www.carreirasgalegas.com
- Poderán participar atletas federados e non federados.
CLUBS DO CONCELLO DE MARÍN.
- Haberá unha serie de prazas reservadas para os clubs de Marín sempre e cando os corredores
estean empadroados no municipio, tendo en vigor a ficha federativa. Ademais haberá prazas para os
empadroados en Marín con licencia en vigor aínda que pertenzan a clubs de fora do municipio.
Aos inscritos pertencentes a clubs de atletismo de Marín terán unha tarifa especial, o realizar a
inscrición todo corredor aboará directamente a cantidade de 1€ en www.carreirasgalegas.com, tendo
que facer a inscrición antes do 16 de xullo as 23.59 h, a partir do 17 de xullo estarán sometido a
inscrición normal como calquera outro deportista.
• RECOLLIDA DE DORSAIS:
Inscricións anteriores a o 21 de xullo.
- Recollida anticipada de dorsais, ‘Tenda MILER’ (horario comercial), rúa Peregrina 6, sótano,
Pontevedra, dende o mércores, 26 de xullo de 2023 ata o xoves, día 27 de xullo as 20:00.
Ou o venres, 28 de xullo de 2023, de 12:00 a 14:00 horas e de 15:00 ata 1h antes da saída de adultos
na Alameda de Marín.
Resto de inscritos:
- O venres, 28 de xullo de 2023, de 12:00 a 14:00 horas e de 15:00 ata 1h antes da saída de adultos.
• SISTEMA DE CRONOMETRAXE
- A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chip-dorsal. Haberá puntos de control ao longo
do percorrido. As persoas participantes que non cumpran co paso por todos os puntos de control
establecidos poderán ser descualificadas.
• SERVIZOS:
- Bolsa do corredor.
- Medalla finisher.
- Camiseta técnica.
- Avituallamento líquido (durante o percorrido), e avituallamento líquido e sólido o rematala proba.
- Espectáculo musical durante a carreira.
- Servizo de duchas (Polideportivo da Cañota).
- Fotos, durante e o final da proba.
- Servizo de Gardarroupa.
- Premios os 3ºs/3ªs de cada categoría.
- Os resultados serán expostos en www.carreirasgalegas.com
- Seguros de accidentes e de responsabilidade civil.
- Servizo de ambulancia medicalizada.
- Servizo de gardería.
• ENTREGA DE PREMIOS.
- A entrega de premios será ó finalizar a proba (23:45 h. aprox.) na Alameda Marín.
- Recibirán premio conmemorativo os tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada
categoría da carreira de “Adultos” e “cadete - infantil” - “xuvenil”. Nas carreiras “alevín –
benxamín” - “prebenxamin- pitufos e chupete” recibirán un agasallo ao cruzar a liña de meta.
- Premio especial: 1º e 1ª Marinense, nado no Concello de Marín
*As persoas corredoras descualificadas non terán opción aos premios.
• NORMAS XERAIS.
- A proba está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e estará baixo o
control técnico do Comité Galego de Xuíces.
- A proba estará controlada e sinalizada en todo momento. Os corredores deberán respectar as
seguintes indicacións:
- Todo corredor/a que non entre en liña de meta co dorsal ben visible na zona do PEITO para a súa
identificación ou que cometa algunha irregularidade ou non respecte as indicacións dadas pola
organización, será automaticamente descualificado/a.
- Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados cada quilómetro. O control de chegada
pechará 1h15’ despois sa saída xeneral da carreira.
- Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba o/a atleta que manifeste un
mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle requira ou os/as
corredores/as que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado, servizos
médicos ou membros da organización debidamente identificados.
- A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o
tráfico ó longo do percorrido.
• UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
- As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen axudas
externas.
- Non está permitido o acompañamento en carreira por parte de ningún vehículo alleo á
organización, nin bicicleta, patíns ou persoas non inscritas na carreira que poidan acompañar,
avituallar ou marcar ritmos ás persoas participantes. Así mesmo non se permite a participación con
coches ou cadeiras de nenos, animais, nin correr acompañados destes en ningún momento
• RESPONSABILIDADE
- A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, realizarse o oportuno recoñecemento
médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e exime a organización da
devandita responsabilidade.
- A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as
incidencias inherentes á proba.
• RECLAMACIÓNS
- As reclamacións aos resultados oficiais deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, situado na
zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois de publicados os resultados oficiais