Calendario
Info da proba

Narón

19/08/2023 21:30 - 22:30
Regulamento REGULAMENTO IV CARREIRA NOCTURNA CIDADE DE NARÓN.
Artigo 1 .
O Concello de Narón , en colaboración co Club Pasa ou Entorna , organiza a IV Carreira Nocturna Cidade de Narón. Disputarase o vindeiro 19 de Agosto do 2023 as 21:30h, con saída e chegada na Praza de Galicia situada en dito concello.
Artigo 2. Inscripcións.
Realizaránse na páxina sportmaniacs.com ou a través da app saudeter live ata o dia 16 de Agosto de 2023 as 23:59h, o precio será de 7€. Non se admitirán as inscripcións posteriores a dita data e haberá un límite de 500 inscritos.
Artigo 3. Categorias.
Todas as categorias sairán ao mesmo tempo sendo a distribución das mesmas as seguintes:
- Senior
Idades 16-34
Distancia
7.000m
Hora de saída
21.30h
- Veterano A
Idades 35-44
Distancia
7.000m
Hora de saída
21:30h
- Veterano B
Idades 45-54
Distancia
7.000m
Hora de saída
21:30h
- Veterano C
Idades 55 en adiante
Distancia
7.000m
Hora de saída
21:30h
A idade será a que se teña o día da celebración da proba.
Artigo 4. Premios.
Haberá trofeos @s 3 primeir@s clasificad@s na proba , asi como @s 3 primeir@s de cada categoria. Non sendo os premios acumulativos.
Haberá tamén un agasallo para o corredor e a corredora de maior idade.
Haberá un premio “ GADIS “ especial ao corredor e a corredora que recorran no tempo mais breve o tramo de subida a “Picotiña” . Será un tramo especial cronometrado que estará perfectamente sinalizado pola organización ( 450m aproximadamente ). Premio para o home e a muller mais rápidos nese tramo , e que ademais quede clasificado nos 30 primeiros postos do seu sexo na clasificación xeral.
Haberá un premio especial “LA BODEGUILLA” ao clube mais numeroso na categoria absoluta , que consistirá nun cheque de 200€ para canxear no “ Mesón La Bodeguilla “ situado na Estrada de Castela 467 Narón , para unha comida ou cea en dito local.
Este cheque terá unha caducidade de 3 meses dende o día da celebración da proba , e para poder canxealo e necesario poñerse en contacto con anterioridade co Mesón La Bodeguilla .
O club organizador desta carreira , “ Pasa ou Entorna ” queda excluido para esta premio.
Artigo 5. Carreiras de menores.
A partir das 20:00h comenzarán a celebrarse as carreiras das categorias dos menores , cun límite de participación para todas elas de 200 menores . Ás categorias e os horarios serán os seguintes, podendo a organización da proba realizar varias tandas dentro de cada unha das categorias , asi coma modificar o trazado de algunha ou varias das mesmas no último intre para garantir a seguridade dos menores.
Ainda que a organización intentará cumplir con exactitude o horario establecido , algunha das carreiras poderá sufrir algún tipo de retraso dependendo da cantidade de menores inscritos en cada unha delas.
20:00h Categoria Gazapos, nados en 2019, 2018, 2017 e 2016. Distancia aproximada 100m.
20:20h Categoria Coelliños, nados en 2015 e 2014. Distancia aproximada 450m.
20:35h Categoria Coellos, nados en 2013, 2012 e 2011. Distancia aproximada 650m.
20:50h Categoria Lebres, nados en 2010, 2009 y 2008. Distancia aproximada 1200m.
A inscripción terá un prezo de 1€ por menor inscrito , e será na mesma páxina que os maiores sportmaniacs.com ou a través da app saudeter live.
Artigo 6. Aseos
A organización da proba poñerá á disposición dos participantes aseos , que estarán situados no auditorio da Praza de Galicia . Non haberá duchas.
Artigo 7. Responsabilidade dos participantes e da organización.
Tódolos inscritos participan voluntariamente e declaran , baixo a súa responsabilidade, realizar o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións físicas óptimas para realizar a proba, eximindo a Organización de dita responsabilidade .
A Organización responsabilizarase dos accidentes que se rexistren dentro do percorrido, pero declina toda responsabilidade no caso de padecemento latente, accidente por abandono do itinerario establecido ou neglixencia do participante.
Disporá dos servicios médicos, de acordo coa lexislación vixente e coa colaboración de Protección Civil e a Policía Local nos puntos maís estratexicos do percorrido.
Non se fai responsable das consecuencias que se deriven dunha inscripción defectuosa ou errónea por parte do corredor , ou dalgún participante que realice a proba sin estar debidamente inscrito na mesma e/ou sin dorsal acreditativo de ter pagada a inscripción para a participación da mesma .
Artigo 8. Recollida de dorsais.
A recollida de dorsais realizarase o venres 18 en horario de 18:00h a 21:00h en DEQUIP GALEA SPORT , C/Batalla de Brión 1 Bajo Ferrol , e o sábado 19 día da celebración da proba en horario de mañan de 10:30 a 13:00 e en horario de tarde de 19.00h ata 30min antes da proba , entregaranse os dorsais no auditorio de Narón na mesma Praza de Galicia , zoa de saída da proba.
Artigo 9. Normas para os participantes
Os participantes deberán correr co dorsal colocado no peito todo o recorrido, seguindo as indicacions da organización.
Ningún vehículo alleo á organización poderá acompañar a ningún corredor, xa que suporá motivo de expulsión inmediata da competición.
Artigo 10. Reclamacións/Duración da proba.
Todas as reclamacións faranse verbalmente ó Xuiz árbitro situado na zona de meta, non maís tarde de 30 minutos despois de publicados os resultados oficiais.
A duración da proba será de 60 minutos, os corredores que non cheguen nese tempo serán descalificados.