Calendario
Ver carrera

Vigo

22/10/2023 9:00 - 12:00

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO DEFINITIVO:
https://www.montesdevigo.org/2023/07/VII-trail-montes-de-vigo-2023.html

1. ORGANIZADOR DA PROBA
Team Relay S.L., en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo organiza a "VII Trail Montes de Vigo" para o domingo 22 de outubro, coincidindo co VIº aniversario da catástrofe incendiaria vivida en cinco das catorce comunidades de montes de Vigo.

2. ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO
A participación nesta Trail implica a aceptación expresa e sen reservas deste regulamento, da ética do evento e das instrucións transmitidas polo organizador aos participantes.

3. DEFINICIÓN DA PROBA
- Trail "Montes de Vigo": 24,5 km, desnivel +1500m, altura máxima: 439m, altura mínima 81, dificultade técnica: Media, dificultade física: Alta
Saída: 9:00. Tempo máximo: 5 horas.
Abastecementos en carreira: 2 (2 líquidos + 1 sólido), Abastecemento final de carreira.

- Trail curta "Montes de Vigo": 15,5 km, desnivel +920, altura máxima: 439m, altura mínima 81m, dificultade técnica: Media, dificultade física: Media
Saída: 9:30. Tempo máximo: 3 horas.
Abastecementos en carreira: 2 (2 líquidos + 1 sólido), Abastecemento final de carreira.

4. PERCORRIDO DAS PROBAS
O percorrido definitivo das probas será publicado na web www.magmasports.es e www.montesdevigo.org. Poderá seguirse a través da track GPX.
A organización resérvase o dereito a realizar calquera cambio por necesidades organizativas ou polo beneficio dos/das participantes, debendo comunicalo antes da saída ou no momento que se identifique a necesidade.

5. PARTICIPACIÓN E RESPONSABILIDADES:
5.1 Participación na Trail e Trail curta:
Os/As participantes teñen que ter 18 anos (os corredores menores de idade so poderán participar na proba curta), podendo participar tanto federad@s como non federad@s, sendo o requisito mínimo ter un contacto mínimo con trail de montaña.
5.2 Categorías:
- Xeral individual masculina e feminina
- Veteranos 45 ou máis
- Veteranas 40 ou máis.
As idades para adscribirse a cada categoría deben estar cumpridas á data da proba, tendo que ser maiores de idade.
5.3 Responsabilidade de participantes.
Cada participante ten a responsabilidade de:
- Atoparse en forma física e psíquica axeitada no momento de realización da proba.
- Seguir o trazado da proba escollida segundo a sinalización implantada e/ou as indicacións do persoal da organización.
- Respectar as normas de circulación viaria e particularmente nos cruzamentos de estradas, sendo os únicos responsables das infraccións que puideran cometer.
5.4 Declinación de responsabilidade en caso de accidente, neglixencia ou perda de obxectos persoais.
A organización declina a súa responsabilidade nos casos de danos, prexuízos ou lesións que os participantes puideran sufrir ou causar a terceiros, como tampouco dos gastos, débedas ou danos que puideran contraer durante o evento.
A organización ten subscrito o correspondente seguro de responsabilidade civil e de accidentes para todos os participantes debidamente inscritos que cubriran as incidencias inherentes á proba. Quedan excluídos da póliza os casos derivados dun padecemento latente, inobservancia das leis, imprudencia, os producidos por desprazamento a ou dende o lugar no que se desenvolve a proba.

6. INSCRICIÓN, PREZOS, CANCELACIÓN E DORSAIS:
6.1 Prazo de inscrición:
Dende o 1 de maio ata 18 de outubro a través do sistema de inscrición electrónica establecida en www.magmasports.es, realizando o pago a través de pasarela electrónica mediante tarxeta bancaria.
Ante calquera problema de inscricións, comunicalo a través do correo info@magmasports.es
6.2 Dereitos da inscrición:
Participar na proba escollida con dorsal, así como cos correspondentes abastecementos e seguros.
Tamén se porá a disposición dos/das participantes duchas e aqueles obsequios que consiga a organización.
6.3 Prezos
a) Prezos bonificados por inscrición ata 30 de setembro:
Trail: 20 euros; Trail curta: 15 euros. Neste caso os dorsais irán personalizados.
Ojo morado Prezos por inscrición 1-18 outubro:
Trail: 25 euros; Trail curta: 20 euros
6.4 Cancelación da inscrición:
Poderase solicitar en calquera momento ata o día 18 de outubro, cunha penalización de 3 euros en concepto de xestión de inscricións. Terá que ser realizada a solicitude por correo electrónico a info@magmasports.es
6.5 Retirada de dorsais:
Nas instalacións de Decathlon: venres 20 de outubro, entre 16 e 21 h, e sábado 21 de outubro, entre 11h e 14h.
Na zona de saída: domingo 22 de outubro, a partir das 8:30h.

7. ORGANIZACIÓN:
7.1 Lugar de inicio e finalización:
Fragoselo-Coruxo (diante dos locais da Comunidade de Montes de Coruxo) (Localización Google Earth)
7.2 Sinalización e controis.
Os distintos percorridos estarán sinalizados con cintas de plástico e sinalética con fondo amarelo e tipografía negra, sendo obrigado o paso polos controis establecidos.
O percorrido da proba non estará totalmente cortado ao tráfico, se ben haberá persoal da Organización nos puntos máis perigosos.
7.3 Dorsais e transponder
Unha vez asignados os dorsais, estes son persoais e intransferibles, debendo colocarse na camisola, fixados mediante imáns ou alfileres ou cinta para dorsais, quedando sempre visibles.
A cada corredor/ra asignaráselle un transponder que recollerá asociado ao seu dorsal e deberá ser devolto unha vez rematada a carreira. A non devolución deste transponder suporá unha penalización de 20 € pola substitución.
7.4 Tempos de paso.
A organización publicará os tempos de corte en cada control.
Os/as participantes que non acaden os controis nos tempos máximos, deberán retirarse da proba e quedarán fora da cobertura da Organización.
Os responsables de cada control e os "corredores escoba" terán potestade para retirar da proba a calquera participante se o seu tempo en carreira ou o seu estado de saúde así o aconsella.
O/A participante que se retire durante o transcurso da proba deberá avisar ao control máis próximo e facer a entrega do dorsal.
7.5 Abastecementos.
Existirán abastecementos líquidos e sólidos que serán comunicados no momento do inicio da proba.
Dado o noso compromiso co medio ambiente e para evitar a xeración de residuos, os alimentos non contarán con recipientes e os vasos non poderán saír dos lugares de abastecemento, provistos de contedores para o seu depósito.
Os participantes que leven envases ou residuos deberán levalos ata que sexan depositados no posto de abastecemento máis próximo ou na meta onde haberá contedores para a súa recollida.
7.6 Descualificacións e abandonos.
Quedará descualificado/a todo o/a que non cumpra co presente regulamento, non complete a totalidade do percorrido, deteriore ou emporque a contorna, non leve o seu dorsal ben visible, non respecte aos demais participantes, non se atope en condicións físicas para realizar a proba ou desatenda as indicacións da organización.
Todo participante que abandone deberá notificalo á Organización cando lle sexa posible
7.7 Auxilio a accidentados e teléfono de emerxencia.
Os/as participantes están obrigados/as a auxiliar aos/ás accidentados/as
A Organización porá a disposición dos/das participantes un número de teléfono móbil ao que dirixirse para comunicar calquera eventualidade ou accidente.
7.8 Vehículos autorizados e animais de compañía.
Os únicos autorizados a seguir a proba serán os designados pola Organización.
Para evitar posibles accidentes queda totalmente prohibido seguir aos participantes en moto, bicicleta, quad ou similar.
Non está permitido levar animais de compañía durante a proba.
7.9 Infraccións descalificatorias.
- Non axudar nin socorrer a outro participante que estea en perigo ou lesionado.
- Realizar calquera acción voluntaria que poida danar o medio natural.
- Botar calquera desperdicio fóra dos depósitos facilitados pola Organización.
- Non facer o percorrido completo.
- Non levar o número, manipulalo nin cederllo a outra persoa.
- Modificar os datos facilitados á Organización respecto dos que figuran no seu D.N.I ou N.I.E.
- Comportamento non deportivo ou non respectuoso cos organizadores, colaboradores, público e demais participantes.
- Responsabilidade ou participación neglixente nun accidente no que estea implicado outro participante.
- Calquera outra causa non reflectida nos puntos anteriores que se considere sancionable pola Organización.
7.10 Sancións.
Se se observa algunha irregularidade/infracción, a Organización avisará da mesma ao corredor/ra infractor/ra sempre que sexa posible, reservándose o dereito de inhabilitalo, comunicándoo ao Director/ra de Carreira e asumindo o infractor a responsabilidade derivada da infracción cometida.
Os/as corredores/as descualificados non terán opción a premios e trofeos.
Os/as corredores/ras que non estean inscritos ou corran sen dorsal e chip non serán admitidos/as pola Organización, impedíndolles o acceso á proba en defensa dos dereitos dos inscritos regulamentariamente.
7.11 Reclamacións.
No caso de desacordo coa clasificación, deberá dirixirse ao director/ra da proba para expor as alegacións oportunas.
Poderá facerse nos 10 minutos despois da súa publicación.
A decisión do director/ra da proba será inapelable.
7.12 Categorías e Premios.
- XERAL INDIVIDUAL MASC. E FEM
- VETERANOS 45 OU MÁIS
- VETERANAS 40 OU MÁIS
7.13 Cambios na organización da proba.
A Organización reservase a posibilidade de cancelación por causa xustificada e, de proceder, ao cambio de datas e lugares de celebración, que será comunicado a través da web www.magmasports.s e www.montesdevigo.org.
A organización tamén se reserva o dereito de realizar calquera modificación na proba por necesidades organizativas ou en beneficio dos participantes, debendo comunicarllo antes da saída ou cando sexa posible.
Ademais, pódese suspender e aprazar a proba se se observa un risco para a seguridade dos participantes, por causa de forza maior, por condicións meteorolóxicas extremas que a fan desaconsellable. Calquera modificación deste estilo será debidamente comunicada.

8. ACEPTACIÓN, PREGO DE DESCARGO DE RESPONSABILIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS.
8.1 Aceptación.
Os/As participantes inscríbense na proba libre e voluntariamente e, polo tanto, declaran coñecer e aceptar plenamente o presente regulamento.
Tamén aceptan o correo electrónico e/ou o móbil como medio de notificación legal.
8.2 Prego de descargo de responsabilidades.
Todo/a participante está autorizando á publicación dos seus datos persoais necesarios para o desenvolvemento da proba polo feito de inscribirse (listado de participantes, clasificacións, etc), así como a publicación de imaxes ou vídeos da proba, podéndose empregar de forma atemporal en calquera publicación, medio de comunicación, medio dixital ou acción publicitaria, co único fin de promoción e difusión do evento e das actividades do organizador. En ningún caso derivaranse pagos, compensacións ou retribucións por estes conceptos.
8.3 Protección de datos.
Cada participante é responsable da veracidade dos datos proporcionados na súa inscrición, e consinte que ditos datos se incorporen a un ficheiro automatizado do que é responsable TEAM RELAY e que pode ser compartido con terceiros aos efectos da xestión da proba, así como para a promoción, distribución e difusión da mesma.
O titular dos datos terá dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición nos termos previstos na lexislación vixente enviando un escrito acompañado do seu DNI a info@magmasports.es
MAPA DE TRAZADO E ALZADO (ver en montesdevigo.org)

[ Go Back ]