Calendario
Info da proba

San Vitorio

09/09/2023 9:30 - 14:00
Regulamento REGULAMENTO: II TRAIL E ANDAINA CAPELA DO SAN VITOIRO 09/09/2023
1.-LUGAR:
Celebraráse o sabado 09 de setembro de 2023, a saída e chegada terán lugar na área recreativa
Samugueiros A Pobra do Brollón (Lugo) acadando o punto máis alto no Mirador pena do Santo
xunto a Capela.
2.- HORARIO:
9:30 h para a modalidade TRAIL (28km 1100+)
10:00 h para a modalidade ANDAINA (9km 200+)
10:30 h para a modalidade MINITRAIL (14km 450+)
3.- CARACTERISTICAS DA PROBA.
Esta proba está organizada polo CONCELLO DE A POBRA DO BROLLÓN. A proba de carreira de
montaña considerada como TRAIL ten unha distancia de 28 km e un desnivel positivo de
1100m aproximadamente, chegando a acumular 2200m totales, utilizando un 5% pista
asfaltada, 25% cortalumes e un 70% sendeiros, podendo cruzar algún río e pasando pola Capela
do San Vitoiro,o considerado MINITRAIL ten unha distancia de 14km con un desnivel positivo
de 450m e comoparte uns 4 km con trail longo,sendo o recorrido case na sua totalidade por
sendeiros,,e de dificultade media e non pasa pola Capela do San vitoiro,e para rematar a
modalidade ANDAINA conta con unha distancia de 9 km tamén na sua totalidade por
sendeiros, con un desnivel positivo de 200m aproximadamente, esta andaina está considerada
de dificultade media-baixa e non transcurre por ningún dos circuitos Trail.
Os participantes deberán ser conscientes que este tipo de evento deportivo está considerado
como de “Alto Risco”.
A organización conta cun seguro de responsabilidade civil e seguro de accidentes.
A organización contará cun servizo médico e de ambulancia.
3.-INSCRICIÓNS:
Poderanse realizar dende as 23:59 horas do día 9 de xuño de 2023 ata as 23:59 do día 20 de
agosto de 2023. Non se realizarán inscricións o mesmo día da proba nin se admitirán
inscricións posteriores ao remate do prazo de inscricións. As inscricións realizaranse:
Online a través da pasarela de pago da páxina web:
https://www.cronote.es
4.- PREZO:
O importe da inscrición para as diferentes modalidades será o seguinte:
9 de XUÑO ao 9 de AGOSTO 2023 (para os pagos das cuotas de inscrición realizados entre
ámbalas datas)
10 € para a modalidade ANDAINA
15 € para ós participantes MINITRAIL
18 € para os participantes TRAIL
9 de AGOSTO ao 20 de AGOSTO 2022 (para os pagos das cuotas de inscrición realizados entre
ámbalas datas)
12€ para a modalidade ANDAINA
17€ para a modalidade MINITRAIL
20 € para a modalidade TRAIL
5.- HORARIO E LUGAR RECOLLIDA DORSAIS
Dende as 8.00am do mesmo día ata 15 minutos antes da saída de cada modalidade.
Recolleranse nunha carpa situada na mesma area Recreativa SAMUGUEIROS (Lugar de saída e
chegada).Imprescindible presentar DNI para a retirada.
6.- NORMAS:
O evento rexirase según o regulamento de Carreiras por Montaña da Federación Española de
Deportes de Montaña e Escalada (Consultar en www.fedme.es) e seguindo as seguintes
normas:
Para a disputa de cada modalidade deberá aver un minimo de participantes, senón darase
por cancelada a proba que non acade uns mnimos.
a) No poden participar menores de 18 anos na modalidade TRAIL,menores de 16 anos no
MINITRAIL e menores de 14 anos na modalidade ANDAINA,antes da data na que se celebra o
evento (09 de setembro de 2023),a sua vez menores de 14 anos na modalidade andaina
poderán participar se estes veñen acompañadaos por un adulto baixo a súa responsabilidade e
firme un papel de que se lle enviara no momento da inscripción.
Ojo morado Os participantes deberán informar a organización se ten algún tipo de
enfermidade ou dolencia.
c) Será motivo de descalificación:
● Non pasar por todos os controis de paso.
● Recibir axuda externa fora dos lugares autorizados (ata uns 100m dos avituallamentos).
● Ensuciar e degradar o itinerario (é obligatorio que cada corredor leve os seus
propios desperdicios e deixalos nos lugares sinalizados pola organización).
● O dorsal levarase sempre visible durante toda a proba, no peito.
● Non prestar auxilio a cualquiera participante que sufra algún accidente e informar no
control máis cercano.
● No se pode obstaculizar voluntariamente a outro corredor.
● Os participantes obedecerán as instruccións dos membros da organización e dos
controis de paso.
d) É obligatorio avisar nun control ou a un membro da organización do abandono e
entrega do correspondente dorsal.
e) O mal tempo non é obstáculo para a celebración da proba, salvo no caso de
que as condicións climatolóxicas sexan moi adversas, a organización habilitará un
percorrido alternativo para garantir a seguridade dos participantes no evento.
f) A organización reservase o dereito a realizalas modificacións que considere
necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba si as
condicións meteorolóxicas o obrigan, ou por algunha causa de forza maior.
g) A organización prevé uns tempos de peche de meta de 4.30horas dende o inicio da
proba as 9.30am.
h) O final da proba pode haber control antidoping.
i) A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, lesión ou
neglixencia, así como dos obxectos de cada participante. Os participantes exoneran a
organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión.
j) Os corredores deberán ter as condicións físicas requeridas para a distancia e a dureza do
itinerario. Levarán a indumentaria e o calzado axeitados para a modalidade deportiva na que se
inscriban.
k) A cota de inscrición dará dereito a participar na proba,dorsal personalizado de cada
corredor e sistema de cronometraxe, seguro de accidentes, camiseta conmemorativa,
avituallamentos, gardaroupa, duchas, petisco postcarreira e participar no sorteo de cantos
agasallos consiga a organización.
l) En todo o que non se contemple neste regulamento, a proba regularase polo disposto
nos regulamentos da Federación de Montaña de Galicia e da Federación Española de
Deportes de Montaña e Escalada (FEDME).
7.- AVITUALLAMENTOS
A distribución dos avituallamentos será a seguinte:
1. (TRAIL ):
km 9 (líquido e sólido)
km 20 (líquido e sólido),
meta (pinchada final)
2. (MINITRAIL ):
Km 9 (líquido e sólido)
Meta (pinchada final)
3. (ANDAINA ):
Km 5 (liquido)
meta (pinchada final)
8.- DUCHAS
O rematar a proba todolos participantes que o desexen teñen o seu dispor as duchas nos
seguintes recintos:
● Pavillón Polideportivo a 700m (av de Outeiro,37) xunto o Colexio
● Campo de Futbol Os Medos a 1,5km (carretera LU-653 km4)
O peche das mesma será as 15:00horas
Con zona habilitada de baño no Rio Saa o seu paso pola Area Recreativa Samugueiros.
9.-PREMIOS
a) Nas modalidades TRAIL E MINITRAIL), entregaranse trofeos conmemorativos os tres
primeiros/as clasificados/as das seguintes categorías:
1. GENERAL MACULINO E FEMENINO (independentemente da ídade) os 3 primeiros/as
clasificados/as de cada proba (TRAIL E MINITRAIL).
2. SENIOR MASCULINO E FEMENINO (nacidos dende 1978 ata 2007) menor a 45 anos os 3
primeiros/as clasificados/as de cada proba.(TRAIL E MINITRAIL)
3. VETERANO MASCULINO E FEMENINO (nacidos antes do 1978) maior de 45 anos os 3
primeiros/as clasificados/as de cada proba.(TRAIL E MINITRAIL)
Os trofeos NON poden sér acumulativos e para que existan estas categorías debe aver
inscritos un minimo de 3 participantes por categoría.
4. TAMEN RECIBIRA TROFEO E SI PODE SER ACUMULATIVO O MELLOR ATLETA LOCAL
MASCULINO E FEMENINO (comarca de Monforte de lemos
Ojo morado A modalidade ANDAINA non ten carácter competitivo.
10.- DEREITOS DE IMAXE
A aceptación e inscripción na proba, e polo tanto do presente regulamento, implica que o
participante autoriza á organización II TRAIL E ANDAINA CAPELA DO SAN VITOIRO á grabación
total ou parcial da súa participación na mesma, presta o seu consentimento para que poida
ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba de todas as formas posibles (radio,
prensa, vídeo, foto, DVD, Internet, carteis, medios de comunicación, etc.), e cede os dereitos
relativos á explotación comercial e publicitaria que a organización considere oportuno
executar...
A organización de II TRAIL E ANDAINA CAPELA DO SAN VITOIRO garante o pleno cumprimento
da normativa de protección de datos de carácter persoal, e así o inscrito queda informado a
través deste regulamento e presta o seu consentimento á incorporación dos seus datos aos
ficheros automatizados existentes e ao tratamento dos mesmos para a súa utilización en
relación con xestións administrativas, comerciais e outras actividades propias da organización a
Concello da Pobra do Brollón, o titular dos datos terá dereito de acceso, rectificación,
cancelación e oposición nos términos previstos na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de Decembro, de
Protección de Datos de Carácter Persoal. Todo corredor debe coñecer e respetar o regulamento
da proba. A inscrición implica cumprimento deste Regulamento.
11.COMPORTAMENTO DOS PARTICIPANTES NAS DIFERENTES PROBAS.
Os participantes que se inscriban na modalidade ANDAINA poderán tomar a saída
acompañados de animais.Estes sempres terán que ir o carón do deportista durante todo o
transcurso da proba.
Na modalidades TRAIL E MINITRAIL está totalmente prohibido ir acompañado de animais.
Os participantes que tomen saída na modalidade ANDAINA deberán saber que nalgún
momento do percorrido se van a atopar cos corredores, os cales lle deben facilitar o paso.