Calendario
Info da proba

O Mosteiro - Meis

01/10/2023 12:15 - 13:15
Regulamento A CARREIRA DE LEO
O Mosteiro - Meis (Pontevedra)


A HISTORIA DE LEO
.

A historia de Leo é unha das moitas que se suceden no noso país. A celebración desta
proba é unha mostra máis do seu legado, a nosa maneira de honralo e de sentir que o
seu paso polo mundo non foi en balde, senón que serviu e servirá para axudar a moitos nenos e nenas que están a pasar por situacións semellantes.
O obxectivo deste evento deportivo non é outro que dar visibilidade, apoiar e recadar
fondos que axuden a mellorar a calidade de vida de nenos e nenas que padecen
enfermidades raras, severas ou crónicas.
Para máis información poden consultar as seguintes ligazóns:
INSTAGRAM A Carreira de Leo
FACEBOOK A Carreira de Leo
FACEBOOK Asociación A Baralla

REGULAMENTO

Art.1) A asociación A BARALLA organiza a “I Carreira Solidaria de Leo” o DOMINGO 1 de
OUTUBRO de 2023 na localidade de O Mosteiro – Meis (Pontevedra). Dita proba estará baixo o control do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e contará coa colaboración do Concello de Meis e outras entidades. Haberá dúas modalidades distintas, carreira e andaina, para que cada participante escolla a que máis lle conveña.

Art. 2) Poderán participar atletas federados e non federados e haberá unha clasificación
conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Art. 3) CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS:

#ANDAINA (1 a +99 anos) 6.500 m 10:00
#CARREIRAS
Absoluta (2005 e anteriores) 5.000 m 12:15
Máster (A partir de 35 anos) 5.000 m 12:15
Chupete 2022-2021 50 m 12:00
Pitufos 2020-2018 100 m 11:55
Prebenxamín 2017-2016 250 m 11:50
Benxamín 2015-2014 400 m 11:45
Alevín 2013-2012 800 m 11:35
Infantil 2011-2010 1.200 m 11:25
Cadete 2009-2008 1.200 m 11:15
Xuvenil 2007-2006 2.000 m 11:00

• As/os atletas de categoría xuvenil poderán participar na carreira absoluta
mediante invitación da organización, contactando con esta mediante o correo
electrónico acarreiradeleo@gmail.com.

Art. 5) LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO
- A saída da ANDAINA e tódalas CARREIRAS será dende a praza de España (campo
da feira do Mosteiro).
- Os percorridos estarán dispoñibles nas redes sociais da proba.

Art. 6) INSCRICIÓNS:
CARTEL, REGULAMENTO e INSCRICIÓNS (Click para acceder á plataforma de inscrición)
- A data límite para inscribirse ON LINE será o 27 de setembro de 2023.
na páxina da Federación Galega de Atletismo: www.carreirasgalegas.com
- PRESENCIALMENTE ata o 23 de setembro de 2023.
• CPI de MOSTEIRO – MEIS en horario de 9.30 a 13.30 de luns a venres e de
16.30 a 18.00 os luns e martes.
• ATLEET DEPORTES PIÑEIRO (Barrantes, Cambados e Sanxenxo).
• ATMÓSFERA SPORT en Cambados.

PREZOS
- Carreiras Chupete e Pitufo: GRATUÍTA (Día da carreira, antes das 11:30 horas).
- Carreiras Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil: 3€.
- Carreira Absoluta e Máster: 6€.
- Andaina: 5€.
• Na páxina web www.carreirasgalegas.com existirá a posibilidade de inscribirse
con “DORSAL 0” para aqueles e aquelas que desexen aportar o seu gran de
area e non poidan participar no evento. Tamén será posible realizar doazóns.
• TODO O RECADADO será doado integramente á FEGEREC
(Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas).

Art. 7) RETIRADA DE DORSAIS / CHIPS e VENDA DE CAMISETAS
Poderá realizarase no CAMPO DA FEIRA (praza de España) o sábado 30 de setembro
de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.
O mesmo día e lugar da proba dende as 9:30 ata media hora antes da carreira.
As persoas inscritas terán dereito preferente para mercar a CAMISETA SOLIDARIA polo
prezo de 6€ ata esgotar as existencias.

Art. 8 ) PREMIOS
Os premios para a ANDAINA serán os seguintes:
- Premio á cativa de menor idade.
- Premio ao cativo de menor idade.
- Premio á muller con máis idade.
- Premio ao home con máis idade.
*Pedirase a acreditación correspondente antes da entrega de premios.

Os premios para a CARREIRA serán os seguintes:
- Categorías Chupete, Pitufos, Prebenxamín, Benxamín, Alevín:
Medallas para tódolos/as participantes.
- Categorías Infantil, Cadete e Xuvenil:
Trofeo para os 3 primeiros clasificados masculinos e femininos.
- Categorías Absoluta e Máster:
- Trofeo para os 3 primeiros clasificados masculinos e femininos.
- Trofeo para o/a 1º/ª corredor/a local da proba absoluta.
- Trofeo Participación, ao club/organización con máis inscritos que finalicen a proba.
-Trofeo Supermáster, á/ao atleta masculino e feminino de máis idade que remate a proba.

Art. 9) SERVIZOS :persoal sanitario, ambulancia, duchas e avituallamento.

A proba conta cun seguro de Responsabilidade Civil e un seguro de accidentes deportivos
para os participantes.

Art. 10) Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na
zona do peito ou que incumpra as normas establecidas no regulamento da Federación
Galega de Atletismo e da RFEA referente a probas en ruta, poderá ser descalificado.

Art. 11) Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á
organización. Nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan
acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.
Art. 12) As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuíz
Árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.

Art. 13) OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGLAMENTARIAS
- A organización reservase a potestade de cambiar os percorridos definidos, horarios ou
modificar o regulamento, circunstancias que serán comunicadas aos participantes.
- Calquera aspecto non recollido neste regulamento resolverase de acordo co regulamento
da FGA e RFEA (por este orde) para probas en ruta en vigor.
- A organización da proba declina toda a responsabilidade dos danos que os/as atletas
puideran ocasionar, ocasionarse ou derivasen da participación nas probas. A organización
tampouco se responsabiliza dos obxectos persoais que poidan extraviarse ou danarse.
- Todos/as os/as atletas inscritos nas probas darán por aceptado o presente regulamento e
o descoñecemento do mesmo non exime do seu cumprimento.
- Poderán consultar os resultados oficiais e toda a información relativa ás probas nas webs:
www.carreirasgalegas.com www.atletismo.gal
www.correrengalicia.org

NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o
corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a
compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de
día e ránking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado
pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo
electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow 13 - 15008 A Coruña.

Todo participante polo xeito de inscribirse permite que as imaxes, vídeos e entrevistas realizadas pola
organización poidan publicarse nas redes sociais e páxinas webs relacionadas coa carreira.