Calendario
Info da proba

Vigo - Celeste

24/09/2023 12:00 - 13:10
Regulamento 1. A Fundación Celta de Vigo organiza a Carreira Popular da Fundación Celta de Vigo | Invasión Celeste By Profand. Proba que se disputará o vindeiro 24 de setembro do 2023 con saída e meta no estadio Abanca Balaidos.
2. A proba celebrarase sobre un percorrido urbano de 8000 metros nas categoría absolutas, 1.000 metros en categorías por debaixo de Cadete (incluídos) e 50 metros os Chiquiceltas.
3. A Carreira terá tres diferentes saídas en función das categorías.
11:00 Chiquiceltas: Nenos e nenas nados/as en 2016, 2017, 2018 e 2019
Percorrido de 50 metros dentro do Estadio.
11:30 Homes e mulleres:
Sub-10 , nados/as en 2014 y 2015
Sub-12, nados/as en 2012 y 2013
Sub-14, nados/as en 2010 y 2011
Sub-16, nados/as en 2008 y 2009
Percorrido de 1K. Unha volta o exterior do estadio e meta no interior.
12:00 Homes e mulleres:
Sub-20, nados/as en 2004 y 2007
Sub-23, nados/as en 2001 y 2003
Senior nados/as entre 1990 y 2000
Veteranos A, entre 1984 y 1989
Veteranos B, entre 1974 y 1983
Veteranos C, entre 1964 y 1973 anos
Veteranos D, antes do 1958 incluído
Percorrido urbano de 8,0K.
4. Será necesario que haxa como mínimo 3 participantes do mesmo sexo en cada categoría na liña de saída para a constitución da mesma; Os atletas das categorías non constituídas serán asignados á categoría inmediatamente anterior á que lle corresponda.
5. As inscricións realizaranse a través da páxina web www.rccelta.es mediante pago con tarxeta de crédito. As inscricións pecharanse o 20 de setembro. Non é preciso estar federado e non se admiten inscricións fora do prazo marcado.
6. O coste da inscrición é de:
Chuiquiceltas: 2€
1K: 5€
8K: 10€ antes do 10 de setembro
14€ entre o 11 e o 20 de setembro.
7. Os dorsais e Chip serán entregados o domingo 24 de setembro no interior da grada de Rio do estadio Abanca Balaidos en horario de 9:00 a 11:00 horas
8. Coa entrega do Dorsal e Chip entregarase un agasallo conmemorativo da Invasión Celeste.
9. A saída das probas serán no interior do Estadio Abanca Balaidos, o que se poderá acceder dende a grada de Río, porta 19, sita na rúa Avd. de Citroen
11:00 Saída Chiquiceltas
11:30 Saída 1K
12:00 Saída 8K (proba absoluta)
Este horario poderá ser modificado pola organización.
10. O longo do percorrido a organización establecerá os puntos de control que estime oportunos, os cales poderán descalificar a calquera participante que realice algunha irregularidade no trazado da proba ou actúe de forma antideportiva.
11. Premios: Todas as categorías obterán medalla ata os tres primeiros clasificados. Chiquiceltas non é unha proba competitiva, pero todos os participantes levarán unha medalla.
12. Avituallamento: Porase a disposición dos participantes avituallamento líquido e sólido na zona de Meta.
14. A organización non se fará responsable de danos morais e materiais que así mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes, e todo o non previsto neste regulamento resolverase de acordo o regulamento en vigor.
15. A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil. Todos os participantes disporán de seguro de accidentes, non lesións, para o día da carreira contratado pola organización.
16. Conforme a la L.O 15/1999, informamos que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, cuxo responsable é Fundación Celta de Vigo con domicilio social en Rúa do Príncipe 44. 36202 Vigo (Pontevedra). A finalidade deste ficheiro e levar a cabo a xestión de datos dos atletas vinculados coa asociación. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición poderá facelo dirixíndose por escrito o enderezo sinalado, axuntando unha fotocopia do seu DNI.
17. Polo so feito de inscribirse, o participante declara o seguinte: “Atópome en estado de saúde óptimo para participar na Carreira da Fundación Celta de Vigo. Comprométome durante o desenrolo da competición a contribuír no posible ca Organización para evitar accidentes persoais. Autorizo ademais a que a organización faga uso publicitario de fotos, vídeos e calquera outro tipo de material audiovisual no que poda figurar, aceptando a publicación do meu nome na clasificación da proba, nos medios de comunicación e/o internet, sen esperar pago, compensación ou retribución algunha por este concepto”.
18. A inscrición de a Carreira “INVASIÓN CELESTE By Profand” implica a total aceptación deste regulamento.