Calendario
Info da proba

Mondariz

23/09/2023 18:30 - 19:30
Regulamento VII CARREIRA POPULAR DE MONDARIZ
1.- REGULAMENTO
PREVIO Á CARREIRA
Art. 1º.- Todos os participantes polo feito de inscribirse declaran coñecer,
entender e aceptar o presente regulamento
Art. 2º.- A Asociación Deportiva Mondariz con CIF G94138070, xunto co a
colaboración do concello de Mondariz, con CIF: P-3603000-E Organizan, o
sábado 23 de setembro de 2023, a partires das 17:30 horas a “VII Carreira
Popular de Mondariz” sobre un trazado urbano de 7 Km.
Art. 3º.- PARTICIPANTES E CATEGORIAS.
Poderán participar todas aquelas persoas, federadas ou non, que o desexen
sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos para o efecto pola
organización, e cumpran as condicións de participación.
Categorías Establecidas:
A proba estará aberta a todos os atletas que estean comprendidas entre as
seguintes idades.
Categoría de menores:
CADETES: Nados entre os anos 2008/2009
INFANTILES: Nados entre os anos 2010/2011
ALEVINES: Nados entre os anos 2012/2013
BENJAMINES: Nados entre os anos 2014/2015
PREBENJAMINES: Nados entre os anos 2016/2017
PITUFOS: Nados entre os anos 2018/2019
CHUPETES: Nados entre os anos 2020/2023
Categoría Absoluta:
SENIOR: Nados entre os anos 2007/1988. VETERANOS
A: Nados entre os anos 1987/1978 VETERANOS B:
Nados no ano 1977 en diante.
Art. 4º.- CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN.
As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente
regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas
alleas á vontade da organización.
O feito de inscribirse implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que
se expoñen deseguido:
● Cada corredor participa baixo a súa enteira responsabilidade, afirma
posuír un nivel de condición física suficiente para afrontar a proba e ter
pasado os pertinentes controis médicos de saúde.
● A organización non se fai responsable de calquera lesión ou padecemento
por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a participante.
● O/A participante exime de toda responsabilidade á organización de
calquera prexuízo que puidera derivarse da súa participación no evento (
Ex. Perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo
de lesións, atropelos, agresións...)
● Autorízase á organización o uso de calquera imaxe en publicacións,
carteis ... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá
prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa e por escrito
dirixida o concello de Mondariz.
A Organización resérvase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non acepte
os termos e condicións expostos no presente regulamento. No caso de dúbida,
ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña
a Organización.
Art. 5º.- INSCRICIÓNS.
Faranse na web Championchipnorte.com, ata as 23:59 horas do martes 19 de
setembro de 2023, non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo
día da proba.
O custe da inscrición será de 5 euros por participante, agás as categorías de
menores.
A inscrición considerase finalizada ao facer o pago desta e non se retornará o
importe da inscrición por ningunha circunstancia.
A inscrición da proba é persoal e intransferible.
A inscrición na proba absoluta quedará limitada a 200 participantes.
A inscrición de menores poderá facerse a través do formulario disposto na
web da organización: admondariz.org ou na paxina web
championchipnorte.com, indicando nome e apelidos, data de nacemento,
dirección, teléfono de contacto e DNI se o tivese.
O DÍA DA PROBA
Art. 6º.- RECOLLIDA DE DORSAISCHIP.
Farase na zona de saída, na Casa Rectoral de Mondariz, nun lugar habilitado
pola organización, a partires das 15:30 en diante.
O dorsal terá que ir colocado na parte dianteira ben visible en todo momento, sen
que poida ser tapado por un chaleco, chaqueta ou calquera outra prenda.
Na mesma zona farase a entrega da bolsa do corredor.
Os participantes disporán dun servizo de gardarroupa na zona de saída e meta.
Art. 7º.- PERCORRIDO.
A carreira absoluta fará un percorrido de 7 km, comprendendo parte urbana po
las rúas de Mondariz e rematará no centro do pobo.
Dando comezo a proba as 18:30h
O corte da carreira será de unha hora, Todo aquel que non chegou a meta
despois deste tempo, quedaría descalificado.
As carreiras de menores faranse por un circuíto totalmente urbano, realizando
na seguinte orde e horario:
17:30 h- CADETES: Nados entre os anos 2008/2009 Circuíto de 1500m
(aprox)
17:40 h- INFANTILES: Nados entre os anos 2010/2011 Circuíto de 1200m
(aprox) .
17:50 h- ALEVINES: Nados entre os anos 2012/2013 Circuíto de 900m
(aprox) 3 voltas a praza.
O rematar a carreira absoluta saldrían os mais cativos:
19:30 h-BENJAMINES: Nados entre os anos 2014/2015 Circuito de
600m (aprox) 2 voltas a praza
19:40 h-PREBENJAMINES: Nados entre os anos 2016/2017 Circuito de
300m (aprox) 1 volta a praza
19:45 h- PITUFOS: Nados entre os anos 2018/2019 Circuito de 100m
(aprox)
19:50 h- CHUPETES: Nados entre os anos 2020 ata 2023 Circuito de
100m (aprox)
Avituallamento: Líquido no Km 4,5 aproximadamente e especial na liña de meta.
Art. 8º.- SERVICIOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES.
A Organización disporá dun servizo médico formado por un/ha médico, un/ha
enfermeiro/a e unha ambulancia, situados na zona de saída e chegada A
Organización dispón dun seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación
vixente, un seguro de accidentes vixente durante a proba e asistencia sanitaria.
Así mesmo, tódolos participantes non federados, disporán dun seguro de
accidentes, por lesións, soamente para o día da carreira, contratado pola
organización.
Art. 9º.- DESCALIFICACIÓNS.
O servizo médico da competición ou o director de carreira, están facultados para
retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente,
que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a
publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se
reitere en protestas á organización.
Art. 10º.- PERSOAS NON INSCRITAS.
Toda persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade, non
estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza instaráselle a
abandonar o circuíto.
POSTERIOR Á CARREIRA
Art. 11º.- PREMIOS.
O rematar farase a entrega de trofeos, hora estimada 20:00h.
Haberá trofeos para os tres primeiros da clasificación da proba absoluta,
tanto feminina coma masculina, e serán obsequiados coa cantidade de 100
Euros para o primeiro, 75 Euros para o segundo e 50 para o terceiro. A se
mesmo haberá trofeos para os tres primeir@s clasificados da proba absoluta
nados en Mondariz. Tamén haberá trofeos para as categorías da Carreira
Absoluta, tanto masculina como feminina.
Tamén terán trofeos as categorías menores tanto masculino como feminino
excepto os pitufos e chupetes que serán obsequiados cun agasallo.
Art. 12º.- SERVIZO DE DUCHA.
Os participantes disporán dun servizo de ducha no pavillón de Mondariz ou no
colexio Publico de Mondariz
Para máis información: Asociación Deportiva Mondariz