Calendario
Info da proba

Lourenzá

26/08/2023 19:45 - 20:45
Regulamento IRA POPULAR VAL DAS FABAS LOURENZÁ 2021”
ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁCONCELLO DE LOURENZÁPREMIO ANUAL MELLOR
CONCELLO DE GALICIA 2009 DEPORTES –DEPORTE GALEGO
VI MILLA POPULAR LOURENZÁ FIN DE ETAPA
XIV CAMPIONATO DE GALICIA DE MILLA EN RUTA
A Federación Galega de Atletismo e as Escolas Deportivas Lourenzá organizan, co patrocinio
do Concello de Lourenzá, a VI Milla Lourenzá Fin de Etapa Camiño Norte que terá lugar o
sábado 26 de agosto de 2023, a partir das 17:30 horas, na Praza Conde Santo de Lourenzá,
sendo a mesma XIV Campionato Xunta de Galicia de milla en ruta e de 1Km de menores.
Paralelamente celebraranse varias carreiras populares nas diferentes distancias establecidas
no presente regulamento. Os circuítos estarán homologados na distancia de 1 km e milla pola
Real Federación Española de Atletismo (agás categoría sub 8).
As probas rexeranse polo seguinte:
REGULAMENTO
1. PARTICIPANTES
Atletas Federados dende categoría sub-10 ata categoría máster Populares para sub-8 e
Milla popular absoluta e máster feminina e masculina.
2. CATEGORÍAS DAS PROBAS POPULARES
CATEGORIA ANOS SEXO
SUB 8 2016 e posteriores H / M
SEN-S23-S20-S18 De 2007 ate máster H / M
MASTER 1 De 35 a 44 anos cumpridos o día da proba H / M
MASTER 2 De 45 anos cumpridos o día da proba e
superiores
H / M
AS CATEGORÍAS DO CAMPIONATO DE GALICIA REXERANSE POLO
RECOLLIDO NA CIRCULAR 101-2023 DO CAMPIONATO DE GALICIA.
(Aquí)
3. INSCRICIÓNS, PRAZO e PREZO
CAMPIONATOS DE GALICIA DE MILLA EN RUTA E DE 1KM a través da plataforma
https://sdp.rfea.es/ ata as 20:00 horas do luns anterior á competición.
MILLA POPULAR E MENORES: a través da páxina web
https://www.carreirasgalegas.com/events/vi-milla-lourenz-fin-de-etapa-camionorte/gemDgVlD ata as 20:00 horas do martes anterior á competición.
Só poderán acceder á premiación popular os/as atletas que se inscriban na carreira
popular.
PREZOS
• MILLAS POPULARES MASCULINA e FEMENINA
5,00 €
• SUB-8 e CAMPIONATOS DE GALICIA GRATUITO
“XI CARREIRA POPULAR VAL DAS FABAS LOURENZÁ 2021”
ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁCONCELLO DE LOURENZÁPREMIO ANUAL MELLOR
CONCELLO DE GALICIA 2009 DEPORTES –DEPORTE GALEGO
VI MILLA POPULAR LOURENZÁ FIN DE ETAPA
4. HORARIOS (O horario das probas poderá ser variado en función das inscricións finais)
HORA DISTANCIA PROBA ANO
17:30 h 250 m Categoría sub 8 (non competitiva) (2016 e posteriores)
17:45 h 1 km Categoría sub 10 masculino e feminino (2014-2015)
18:00 h 1 km Categoría sub 12 masculino e feminino (2012-2013)
18:15 h 1 km Categoría sub 14 masculino e feminino (2010-2011)
18:30 h 1 km Categoría sub 16 masculino e feminino (2008-2009)
18:40 h ENTREGA DE PREMIOS CATEGORÍAS MENORES 1 KM EN RUTA
19:00 h 1,609 km Campionato Xunta de Galicia Milla máster feminino (M-35-M40)
19:15 h 1,609 km Campionato Xunta de Galicia Milla máster masculino (M35-M40)
19:25 h 1,609 km Campionato Xunta de Galicia Milla máster masculino (M45 e superior)
19:40 h 1,609 km Milla popular feminina (2007 ata máster)
19:50 h 1,609 km Milla popular masculina (2007 ata máster)
20:10 h 1,609 km Campionato Xunta de Galicia Absoluto de Milla feminino
20:20 h 1,609 km Campionato Xunta de Galicia Absoluto de Milla masculino
20:45 h ENTREGA DE PREMIOS DO CAMPIONATO DE GALICIA DE MILLA EN RUTA E PROBA POPULAR
* Calquera atleta de categoría máster poderá correr a milla absoluta do Campionato
renunciando deste xeito a correr na súa categoría máster.
5. PREMIOS
✓ Medallas aos 3 primeiros/as clasificados/as da milla popular masculina, feminina
absoluta, máster 1 e 2.
✓ Premio económico de 100, 50 e 25 euros para o 1º, 2º e 3º mellores tempos na
distancia da milla con independencia da participación popular ou de campionato.
✓ Medallas aos 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría do Campionato Xunta de
Galicia de Milla e de 1Km de menores segundo o establecido no regulamento do
campionato (circular 101-2023)
✓ A carreira sub-8 non será competitiva, non se farán clasificacións.
6. APARCADOIROS, DUCHAS E VESTIARIOS
• Aparcadoiros: Disporase dunha amplia zona de aparcadoiros no centro da vila.
• Duchas: No Pavillón Municipal de Lourenzá.
• Gardarroupa: Na Biblioteca municipal dende as 15h ata as 21:00 horas.
7. ENTREGA DE DORSAIS E CÁMARA DE CHAMADAS
Os dorsais entregaranse no lugar de saída das probas (Biblioteca Municipal na Praza do
Concello) ata 30’ antes do inicio de cada proba.
Os participantes no campionato de Galicia de Milla e 1Km en ruta terán que pasar por
Cámara de Chamadas, tal e como se recolle na circular dos campionatos.
“XI CARREIRA POPULAR VAL DAS FABAS LOURENZÁ 2021”
ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁCONCELLO DE LOURENZÁPREMIO ANUAL MELLOR
CONCELLO DE GALICIA 2009 DEPORTES –DEPORTE GALEGO
VI MILLA POPULAR LOURENZÁ FIN DE ETAPA
8. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGULAMENTARIAS
Actualmente esta carreira está incluída no calendario autonómico da Federación Galega de
Atletismo, polo que a participación de atletas estranxeiros e doutras federacións
autonómicas rexerase da cordo co disposto na sección terceira, artigos 16, 17 e 18 do
regulamento de competicións da Real Federación Española de Atletismo, que se pode
consultar na seguinte ligazón:
https://atletismorfea.es/sites/default/files/2023-04/Reglamento%20de%20Competición.pdf
Todo o non recollido no presente regulamento rexerase polo regulamento da FGA e RFEA
en vigor para probas en ruta.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa
inscrición o corredor consinte expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a
tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así
como a xestión da licencia de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal e como establece a ley
de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación
e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13 -
15008 A Coruña.
Todo participantes polo xeito de inscribirse permite que as imaxes, vídeos e entrevistas
realizadas pola organización poidan publicarse nas rrss e páxinas webs oficiais.