Calendario
Info da proba

Meaño

10/09/2023 11:00 - 12:00
Regulamento 1º A inscrición debe realizarse no prazo sinalado, debendo facilitar os seguintes datos: nome e apelidos,
sexo, concello, data de nacemento, DNI, telófono e, se procede, clube.
ATENCION: Inscricións ata o xoves 7 de setembro ás 23.59 horas. En ningún caso se admitirán inscricións fora de prazo, nin o mesmo día da proba, en ningunha categoría, xa sexa competitiva ou non.

2" FacilitarÓselle a cada participante o dorsal e o chip correspondente á súa categoria. Deberan colocar o dorsal no peito.
S° 0 chip e o dorsal recolleranse o día da proba na zona de saíd&meta (Praza da Feira) entre as 9:00 e as
10.30 h. da mañá (cumprimento estrito de horario).
4º Dado que o chip e os dorsais son intransferibles, cada quen debe retirar o seu de xeito individual.
5º Ó longo do percorrido a Organización establecerá os controis que estime oportunos para a entrega de testemuños ou para seguridade da proba. Estes controis poderÓn ser fixos ou móviles e estarán autorizados para descualificar aos participantes que cometan algunha irregularidade ou atenten contra a seguridade individual (tanto propia como allea) ou colectiva durante a proba.
6º Prohibido acompañar aos rapaces. De facelo o neno ou nena terá que ser descuaIificado/a.
7º Será motivo de descualificación calquera infracción grave estimada polo xurado da proba, sendo a súa decisión inapelable.
8º A categoría de chupetes, correspondente a participantes nados no ano 2019 ou posteriores, non ten carácter competitivo, só ten por obxecto fomentar o deporte entre os máis pequenos. A carreira
pertencente a esta categoría celebrarase unha vez finalizada a Carreira Popular. (Aprox. sobre as 12:00 h.).

9º A Organización establece unha categoría de ANDANTES (non competitiva), sobre un circuito de 3,5 Km. Os interesados en participar na andaina deberán facer a inscrición na páxina web no prazo establecido e recoller o dorsal o día da Carreira en horario de 9.00-J 0.30 horas.

10º Recibirán trofeos especiais:1° Clasificado/a masculino e femenino do Concello (empadroado); Atleta máis veterano e veterana do Concello (empadroado/a); Atleta máis veterano absoluto.

11" A Organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes desta Carreira, antes, durante e despois da proba, se ben en todo momento estará disposto un equipo de primeiros auxilios. Así como tampouco das persoas, que participen na mesma sen estar inscritos na páxina web, os cales o farÓn baixo a súa responsabilidade.
12º Dado o carácter eminentemente popular e festivo desta proba, a Organización agarda de todos os participantes o mellor espírito deportivo.
13º O desconecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.
14º Acción social: queremos convidar a cada participante que done un quilo de alimentos non perecedoiros cando recolla o dorsal o dia da carreira. Os alimentos recollidos será repartidos ás familias que máis o precisen do Concello.
15º A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos de estar en bo estado físico e pasado os pertinentes recoñecementos de saúde; autoriza a organización para a utilización da imaxe en publicacións, carteis... para a promoción do deporte.
16º Conforme Ó Ley Organiza 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que e responsable o Concello de Meaño. A finalidade do ficheiro e levar a cabo a xestión de datos para a Carreira
Chupetes: nados ata o 2019 Chupetes: nadas ata o 2019 A: nados entre 2016/2018 M: nados entre 2016/2018 B: nados entre 2013/2015 N: nados entre 2013/2015 C: nados entre 2010/2012 O: nados entre 2010/2012 D: nados entre 2006/2009 P: nados entre 2006/2009 E: nados entre 1988/2005 Q: nadas entre 1997/2005 F: nados entre 1979/1987 R: nadas entre 1988/1996 G: nados entre 1969/1978 S: nadas entre 1979/1987 H: nados entre 1960/1968 T: nadas entre 1969/1978
I: nados entre 1952/1959 U: nadas entre 1964/1968 L: nados antes de 1951 V: nadas antes de 1963
CIRCUITO LONGO
(6.330m) para as categorías
D, E, F, G, H, I, L, P, Q, R, S, T, U, V CIRCUITO MEDIANO
(1.600m) para as categorías B, C, N, O
CIRCUITO CURTO
(1.070m) para as categorías A, M
CATEGORÍA CHUPETES (100m