Calendario
Info da proba

San Martiño - Ourense

12/11/2023 11:00 - 12:30
Regulamento XLVI CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO
12 DE NOVEMBRO DE 2023
REGULAMENTO XERAL – CARREIRA ABSOLUTA 10 KM.
1. ORGANIZACIÓN
A XLVI edición da Carreira Pedestre Popular do San Martiño, organizada polo Consello
Municipal de Deportes de Ourense, celebrarase o domingo día 12 de novembro de 2023.
2. PARTICIPACIÓN
Esta carreira pedestre está incluída no calendario oficial de probas en ruta da Federación
Galega de Atletismo e no calendario RFEA de Competicións de Categoría Nacional Nivel II e
está reservada para todas as persoas nadas no ano 2005 e anteriores.
3. INSCRICIÓN
3.1 Forma e prazos de inscrición
As inscricións realizaranse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com facendo
constar todos os datos requiridos no procedemento.
Prazo de inscrición:
- Desde o día que o publicite a organización ata o 5 de novembro de 2023. Baixo
ningún criterio se inscribirá a ningún/ha corredor/a fóra deste prazo.
- O prazo de inscrición para optar á recollida anticipada de dorsal – chip e camiseta é
ata o 27 de outubro de 2023, nos puntos físicos que se informen para este cometido.
3.2 Cota de inscrición
Establécense as seguintes cotas de inscrición:
- Desde a apertura de inscricións ata o 27 de outubro de 2023: 5€
- Desde o 28 de outubro ao 5 de novembro de 2023: 7€
Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.
3.3 Dorsal solidario
Os/as participantes que o desexen poderán facer unha doazón económica en favor dunha
causa solidaria a través da pasarela de inscrición, indicando o importe que desexan doar.

O importe recadado doarase en favor dunha causa solidaria elixida de xeito motivado polos
membros do Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes, que dará a publicidade a
través das súas redes da campaña na que colabora e efectuará un acto público de entrega
da doazón.
3.4 Corrección de erros
A corrección de erros poderase facer durante o período de inscrición a través da páxina web
e da pasarela de inscrición e, despois de pechar o prazo de inscrición, o venres 10 de
novembro de 16:00h a 20:00h, e o sábado 11 de novembro de 10:00h a 14:00h e de 16:00h
a 20:00h, no momento de entrega e recollida de dorsais – chips.
A Organización non se fai responsable das consecuencias que deriven dunha inscrición
defectuosa e/ou errónea por parte do/a corredor/a ou persoa na que delegue.
3.5 Declaración responsable
O feito de inscribirse nesta carreira supón unha declaración responsable por parte do/a
atleta dos datos que aporta, aínda que, se obtén un premio, deberá presentar a
documentación acreditativa pertinente nun prazo máximo de 10 días.
3.6 Cobertura en caso de accidente
É imprescindible estar inscrito/a para ter cobertura dos seguros de RC e de accidentes.
A Organización contará con servizos médicos a disposición dos/as corredores/as, non
obstante, recoméndalles aos/ás participantes someterse a un recoñecemento médico previo
coa fin de minimizar os riscos que entraña a realización de actividade física.
A Organización contará cun local debidamente sinalizado, atendido por unha persoa
responsable nomeada pola Federación Galega de Atletismo, para facilitar os partes de
accidentes aos/ás interesados/as, formalizar a súa presentación e resolver as posibles
incidencias dos/as accidentados/as.
4. RECOLLIDA DE DORSAIS – CHIPS
4.1 Recollida xeral de dorsais – chips
A recollida de dorsais – chips e camisetas realizarase no Pavillón Municipal de Os Remedios
nas seguintes datas e horarios::
- Venres, 10 de novembro: de 16:00h. a 20:00h.
- Sábado, 11 de novembro: de 10:00h. a 14:00h. e de 16:00h a 20:00h.
Non se entregarán dorsais o día da carreira.

4.2 Recollida anticipada de dorsais – chips
A recollida anticipada de dorsais - chips para os/as inscritos/as ata o 27 de outubro de 2023,
será os días 3 e 4 de novembro de 2023 nos puntos acordados que se anunciarán
debidamente.
5. SERVIZO DE GARDARROUPA
A Organización disporá dun servizo de gardarroupa pero non se responsabiliza dos efectos
depositados no interior das bolsas.
6. COLOCACIÓN DO DORSAL – CHIP
O dorsal – chip deberá ser colocado no peito de maneira visible e sen dobrar. Os/as
corredores/as que non leven o dorsal - chip ben colocado non entrarán nas clasificacións. É
obrigatorio levar o dorsal - chip no peito durante toda a proba.
7. CONTROL DA PROBA
Esta proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA e
por procedementos automatizados contratados pola Organización.
O control das inscricións, dorsais - chips, resultados e secretaría será realizado por
procedementos automatizados. Gravarase a chegada para resolver calquera reclamación.
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao Xuíz Árbitro non máis tarde de 30
minutos despois de publicarse oficialmente os resultados.
8. SAÍDA – META CARREIRA ABSOLUTA 10 KM.
A saída da Carreira Absoluta darase na Ponte do Milenio ás 11:00h.
A liña de meta estará situada no Pavillón Municipal de Os Remedios.
9. CAIXÓNS DE SAÍDA
Estableceranse varios caixóns, sinalizados por cores, en función da marca acreditada na
distancia de 10 Km. realizada na tempada 2022 ou 2023.

- Caixón negro: para os/as atletas que teñan unha marca inferior a 35 minutos
(homes) e 40 minutos (mulleres), debidamente acreditados na pasarela de inscrición.
- Caixón vermello: para os/as atletas que teñan unha marca entre 35 e 40
minutos (homes) e entre 40 e 45 minutos (mulleres), debidamente acreditados na
pasarela de inscrición.
- Caixón amarelo: para os/as atletas que teñan unha marca entre 40 e 45
minutos (homes) e entre 45 e 50 minutos (mulleres), debidamente acreditados na
pasarela de inscrición.
- Caixón verde: Popular.
Os/as participantes deberán situarse no caixón correspondente 15 minutos antes do comezo
da proba, atendendo en todo momento ás indicacións da Organización.
10. PERCORRIDO
O percorrido de 10 Km., homologado pola Real Federación Española de Atletismo, estará
sinalizado cada quilómetro e discorrerá polas seguintes rúas da cidade:
Saída da Ponte do Milenio, Avda. Xesús Pousa, Praza da Estación, Avda. das Caldas,
Ponte Vella, Progreso, Tras Alameda, Dr. Fleming, Ervedelo, Avda. de Portugal, Avda. de
Marcelo Macías, Avda. de Zamora, Bonhome, Galicia, Fernández-Oxea, Lugo, Padre Feijóo,
Colón, Moratín, Bispo Carrascosa, Praza Maior, Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez,
Avda. da Habana, Cardeal Quevedo, Avda. Rodríguez Castelao, Avda. Otero Pedrayo,
Curros Enríquez, Ponte Nova, Avda. de Marín, Vicente Risco, Francisca Herrera, Avda. de
Santiago, Avda. das Caldas, Ponte Vella e Pardo de Cela.
11. CONTROIS – PECHE DE CONTROIS
Ao longo do percorrido, a Organización establecerá controis de paso.
O peche dos controis de paso queda previsto do seguinte xeito:
- Control 1 – Saída: peche aos 5 minutos da saída.
- Control 2 – Km. 5: peche ás 11:45h.
- Control 3 – Km. 8: peche ás 12:10h.
- Control 4 – Chegada: peche 1 hora despois de que entre a primeira persoa
clasificada.

12. AVITUALLAMENTO
Os avituallamentos estarán situados no Km. 5 e á chegada no Pavillón Municipal de Os
Remedios.
13. SERVIZOS MÉDICOS
A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de saída/meta. Os
Servizos Médicos e o Xuíz Árbitro da competición están facultados para retirar da carreira a
calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da
mesma.
14. VEHÍCULOS OFICIAIS
Só poderán permanecer no percorrido os vehículos de axuda que a Organización estime
oportuno, prohibíndose explicitamente o uso de bicicletas, patíns, carriños de bebé
e/ou similares para evitar accidentes.
15. CATEGORÍAS
Establécense categorías para mulleres e homes con clasificacións diferenciadas.
As categorías corresponden aos/ás nados/as nos anos indicados:
- SUB20: Nados/as en 2004 e 2005
- SUB23: Nados/as en 2001, 2002, 2003
- SÉNIOR: Nados/as desde 2000 ata MÁSTER
- MÁSTER 35: de 35 a 39 anos cumpridos o día da proba
- MÁSTER 40: de 40 a 44 anos cumpridos o día da proba
- MÁSTER 45: de 45 a 49 anos cumpridos o día da proba
- MÁSTER 50: de 50 a 54 anos cumpridos o día da proba
- MÁSTER 55: de 55 a 59 anos cumpridos o día da proba
- MÁSTER 60: de 60 a 64 anos cumpridos o día da proba
- MÁSTER 65: 65 anos e en adiante

16. PREMIOS
16.1 Premios
Trofeos para os/as tres primeiros/as clasificados/as “absolutos” e “locais”
Trofeo ao/á primeiro/a clasificado/a de cada categoría e camisetas para todos os/as
participantes ata esgotar existencias.
Premios económicos tanto en homes como en mulleres:
Clasificación ABSOLUTA Clasificación LOCAIS
1º posto: trofeo e 1.000€
2º posto: trofeo e 700€
3º posto: trofeo e 500€
1º posto: trofeo e 300€
2º posto: trofeo e 200€
3º posto: trofeo e 100€
Para optar ao premio de “locais”, o/a atleta con nacionalidade española, será nado/a ou
empadroado/a no Concello de Ourense.
16.2 Premios especiais
Récord da proba, tanto na categoría masculina como feminina: 500€
- Homes: 28’49’’ no ano 2010
- Mulleres: 30’23’’ no ano 2021
Premio especial Caixabank polo primeiro posto ao cruzar o control do 5 Km, tanto na
categoría masculina como feminina. É imprescindible rematar a carreira e clasificarse para
optar a este premio: 300€
Os premios non son acumulables, agás os premios especiais, e aplicaráselles a normativa
vixente do IRPF.
16.3 Entrega de trofeos
A entrega de trofeos terá lugar ás 13:00h. no entorno do Pavillón Municipal de Os Remedios
e a entrega dos premios económicos realizarase nas oficinas do mesmo lugar, previa
xustificación dos datos aportados na inscrición, presentando a documentación acreditativa
que proceda.
É de obrigado cumprimento a asistencia á Cerimonia de Premiacións para percibir os
trofeos e os premios económicos.

17. MOTIVOS DE DESCUALIFICACIÓN
Serán motivos de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
- Non realizar todo o circuíto da carreira
- Non pasar por todos os controis
- Non levar dorsal – chip visible por diante ou manipulalo
- Falsificar datos persoais e a suplantación de identidade
- Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á
organización; nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan
acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.
18. ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO
18.1 Normativa
Todos/as os/as participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o
presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non prevista no
mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da
FGA, RFEA e WA en vigor.
O feito de participar nesta carreira implica a autorización á Organización para poder facer
uso das imaxes do evento.
18.2 Participación de atletas doutras federacións autonómicas e
estranxeiros/as
Esta carreira está incluída no calendario autonómico da Federación Galega de Atletismo e
no calendario RFEA de Competicións de Categoría Nacional Nivel II, polo cal a participación
de atletas estranxeiros e doutras federacións autonómicas rexerase de acordo co disposto
na sección segunda artigo 15.2.B e sección terceira, artigos 16, 17 e 18 do regulamento de
competicións da Real Federación Española de Atletismo, que se pode consultar na seguinte
ligazón
Aqueles/as atletas que sabendo da súa imposibilidade para participar nesta proba,
proporcionen datos falsos para poder facelo, serán descualificados/as.
A Organización, de acordo coa normativa RFEA e previo informe da FGA, rexeitará a
inscrición dos/as corredores/as federados/as doutras federacións autonómicas que excedan
os límites fixados pola RFEA.