Calendario
Info da proba

Arteixo

01/11/2023 9:00 - 14:00
Regulamento 1.- TIPO DE PROBAS
1.1 Distancia Longa:
Mapa con recorrido, avituallemtos, paso para acompañantes , tempos e más info (CLICK
AQUÍ)
Modalidade competitiva cunha distancia de 28,5 km .
Desnivel positivo aproximado de 1.850 m e un desnivel acumulado de 3.800 m.
Dificultade física: alta Dificultade técnica: alta
Hora de saída: 09:00 Lugar de saída: Praza cuberta das festas (click para ubicación )
4 Avituallamentos (líquido+ sólido) km 4.9 / Km 8,8 / Km 14.7 / KM 23 + Fonte Km 20,5 +
Avituallamento en Meta
IMPORTANTE: Non haberá vasos de plástico nos avituallamentos, cada participante deberá portar
un vaso portátil ou sistema de hidratación propio.
MATERIAL OBRIGATORIO: móvil con batería e sistema de hidratación. Roupa e calzado
adecuado. Podería aumentar en función da climatoloxía.
PUNTOS DE CORTE :
A/ KM 9 , Avit 2. Santa Leocadia (primeiro paso por atrás). Tempo límite 1h 40 min dende a saída.
Opción retirada ou continuar por trayecto do corto.
B/ KM 14.7 , Avit 3. Carretera de Boedo. Tempo límite 2 h 45 min dende a saída.
C/ KM 20.5 Val de Loureda . Tempo Límite 3h 35 min
Aínda que se dé a posibilidade de continuar dende algún punto ata Meta , calquer participante que
non supere o corte deixará de optar a clasificación final da súa distancia, polo mero feito de non
facer o recorrido completo.
1.2 Distancia Curta:
Mapa con recorrido, avituallemtos, paso para acompañantes , tempos e más info (CLICK
AQUÍ)
Modalidade competitiva cunha distancia de 15.5 km
Desnivel positivo aproximado de 850 m. e un desnivel acumulado de 1.700 m.
Dificultade física: media Dificultade técnica: media
Hora de saída: 10:00 Lugar de saída: : Praza cuberta das festas (click para
ubicación)
Dous Avituallamentos (líquido + sólido) Km 4.9 // km 8.9 e avituallamento en meta
IMPORTANTE: Non haberá vasos de plástico nos avituallamentos, cada participante deberá portar
un vaso portátil ou sistema de hidratación propio.
MATERIAL OBRIGATORIO: móvil con batería e sistema de hidratación. Roupa e calzado
adecuado. Podería aumentar en función da climatoloxía.
1.3 Andaina
Modalidade non competitiva cunha distancia de 10 a 12 km
Dificultade física: media-baixa Dificultade técnica: media
Hora de saída: 10:05
Lugar de saída: Praza cuberta das festas ( click aquí ubicación )
Un Avituallamento (líquido e sólido) km (por determinar) e avituallamento en meta
MATERIAL OBRIGATORIO: móvil con batería e sistema de hidratación. Roupa e calzado
adecuado. Podería aumentar en función da climatoloxía.
2.- PROGRAMA
29 de Outubro (Domingo) de 2022
08:00 Apertura dirección de carreira e comezo da entrega de dorsais. (Praza cuberta das festas)
09:00 Saída proba Longa
10:00 Saída proba Curta.
10:05 Saída Andaina
11:30 Chegada prevista dos primeiros corredores.
13:15(aprox.) Entraga Trofeos Distancia 15 km
13:30 Apertura recollida Plato Combinado
14:00 Peche de Meta
14:15(aprox.) Entrega de trofeos Distancia 28 km
3. PARTICIPACIÓN E DECLARACIÓN DE SAÚDE
3.1 . Como participante son consciente de que este tipo de actividades, o desenrolarse no medio
natural, en lugares de difícil control e acceso, conlevan un risco adicional para os participantes. Por
iso, asisto de propia vontade e iniciativa asumindo íntegramente os riscos e consecuencias derivadas
da míña participación.
3.2 . Declaro que dispoño de capacidade física, destreza técnica e recursos de supervivencia
suficientes como para garantizar a miña propia seguridade, baixo as condición nas que se desenrola
a proba. Igualmente, dispoño do material deportivo e de seguridade exisidos pola organización e
comprométome a levalo durante toda a proba. Declaro tamén que domino e comprométome a
cumplir as normas e protocolos de seguridade establecidos pola organización, así como a manter un
comportamento responsable que non aumente os riscos para a miña integridade. Seguirei as
instruccións e acatarei as decisións que tomen os responsables da organización en temas de
seguridade.
3.3. Participo voluntariamente e baixo a miña propia responsabilidade na proba. Por consiguinte,
exonero ou eximo de calquer responsabilidade á organización, colaboradores, patrocinadores e
outros participantes, por calquer daño físico ou material e, por tanto, RENUNCIO a interpoñer
denuncia ou demanda contra os mesmos.
3.4 Comprométome a seguir as pautas xerais de seguridade e respeto ó medio ambiente que se
relacionan a continuación:
• Transitar con prudencia por pistas e carreteras abertas ó tráfico.
• Non circular por fora do recorrido sinalado para a proba.
• Non deteriorar os recursos naturais, xeolóxicos, culturais e, en xeral, da paisaxe.
•Non verter nin abandonar obxetos ou residuos fora dos lugares habilitados para a recollida dos
mesmos
A realización da inscripción implica que os corredores leeron, entenderon e aceptan as
condicións do presente Regulamento
3.5 O percorrido estará sinalizado pola organización con cinta plástica de cor viva, pintura, carteis
indicadores ou outros elementos de sinalización. É responsabilidade de cada participante localizar a
sinalización e seguila.
3.6 Aínda que o percorrido, case na súa totalidade, non transcorre por estradas, en algún momento si
se cruza ou se transita durante un pequeno tramo por elas. Polo tanto, estes tramos non estarán
cortados ao tráfico rodado, debendo os participantes respectar as normas de tráfico e indicacións da
Organización.
3.7 A Organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no percorrido, incluso
a suspensión da proba, se as condicións meteorolóxicas así o aconsellan.
4. INSCRIPCIÓN E DORSAIS
4.1 A proba está aberta a todos os deportistas con idade mínima de 18 anos (cumpridos o día da
proba para o longo e 16 para o corto , previa autorización dos pais). O límite de participantes será
de 250 prazas para Trail curto, 50 prazas andaina e 100 prazas para Trail longo. Se antes da data de
peche de inscripcións ( 22 de Outubro do 2023), se chegase a dito número, non se admitirán mais
participantes.
A organización resérvase o dereito a cancelación da proba ante o posible caso dun número de
participantes inferior o necesario para a viabilidade económica da proba.
4.2 As inscripcións poderanse realizar a partir do 25 de Agosto a través de https://ccnorte.com/
cubrindo o formulario habilitado a tal efecto e facendo o pagamento correspondente
Prezo da inscrición:
Trail 28 km - 24€
Trail 28 km Equipo Mixto – 44€
Trail 15 km- 22€
Andaina- 12 €
Pincho e bebida para acompañantes : 5 euros
4.3 A inscripción dá dereito a: dorsal con chip , seguro de accidentes, asistencia médica en carreira,
regalo conmemorativo , avituallamentos , pinchos postcarreira
Unha vez realizada a inscripción, só se accederá a devolución do importe en caso de causa
xustificada , lesión ou enfermidade, sendo necesario a presentación dun certificado médico
mediante correo electrónico ao seguinte enderezo electrónico : running@adjarnchas.com
A inscrición é persoal e intransferible e supón a aceptación deste Regulamento e a renuncia a
todos os dereitos contra a Organización, renunciando a toda acción legal que puidera
derivarse da súa participación na proba. Unha vez realizada, baixo ningún concepto, pode ser
utilizada por outra persoa diferente á inscrita.
Recollida Dorsais:
O propio día da carreira a partir das 8:00 na zona de Saída e Meta.
O día anterior en Marthon Running Shop (clic para ubicación)
5. CATEGORÍAS E PREMIOS
- Categoría absoluta masculina e feminina en ambas distancias.
- Subcategoría Veteran@s (+45) masculina e feminina en ambas distancias.
- Equipo Mixto en Trail Longo
- Premios especiais otorgados pola organización
- Premio o clube más numeroso
Aclaración Equipo Mixto: constará dunha persoa de cada sexo que deben entrar en meta e facer
toda a carreira cunha diferencia de menos de 1 minuto entre ambos. Haberá un único podio sin
distinción de idades. As persoas que compitan en Equipo Mixto non poderán optar a clasificación
xeral da proba.
6. - MOTIVOS DE DESCALIFICACIÓN
Non pasar polos puntos de control establecidos.
Non realizar o recorrido completo.
Non respectar o itinerario balizado ou a sinalización do recorrido.
Entrar na meta sen dorsal.
Deixar lixo (envases, envoltorios ou calquera outro desperdicio), fóra das zonas de avituallamentos
e control).
Non prestar auxilio a outro corredor que o necesite.
Participar baixo identidade falsa ou suplantando a outra persoa.
7 .- RETIRADA E ABANDONOS
7.1.- Calquera corredor poderá retirarse da proba sempre que o desexe, advertindo ao control máis
próximo ou ao persoal da Organización e entregando o dorsal. Se por caso de accidente ou lesión o
corredor queda inmobilizado e non pode chegar ata un punto de control, terá que avisar ao corredor
máis próximo ou esperar ao vehículo “escoba”. Existirá un nº de teléfono para emerxencias.
7.2.- A Organización poderá retirar da carreira, baixo o seu criterio, aos participantes que teñan
problemas físicos evidentes, tales como vómitos, desorientación, desmaio, etc. que poidan poñer en
perigo a súa saúde, ou aqueles que teñan minguadas as súas condicións físicas para continuar en
carreira.
7.3.- Os participantes están obrigados a prestar auxilio aos accidentados ou a aqueles que o
requiran.
8.- ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios farase unha vez completadas as categorías na zoma de Meta.
Hora estimada para Trail 15 km as 13.15 horas e para Trail 28 km as 14.15horas
9. DUCHAS
Campo de futbol de Arteixo Duchas pincha aquí
Aroximadamente a 400 metros da línea de Saída, meta e pinchos
11. OUTRA INFORMACIÓN RELEVATE
11,1 Todos os participantes oficialmente inscritos estarán cubertos por unha póliza de seguros
concertada pola Organización, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia
directa do desenvolvemento da proba e nunca como derivación de un padecemento ou tara latente,
imprudencia, inobservancia das leis e do articulado deste Regulamento, así como os producidos nos
desprazamentos ou e desde o lugar no que se desenvolve a carreira.
11.2.- A Organización resérvase o dereito de admisión nesta proba.