Calendario
Info da proba

Ares-Mugardos-Ares

31/12/2023 11:00 - 12:30
Regulamento XVIII Carreira de Fin de Ano Ares-Mugardos: 31de decembro de
2023:
Regulamento da Proba:
• HORARIO: Saída ás 11 da mañá de enfronte á pista exterior do pavillón
polideportivo municipal de Ares.
• LUGAR: Acreditacións e meta na pista exterior do Pavillón polideportivo
de Ares.
• DISTANCIA A PERCORRER: 10 km.(non homologados)
• IDADE: Ter cumpridos 16 anos na data da proba.
• CLASIFICACIÓN: A clasificación e a cronometraxe será
electrónica e apoiada polo Comité Galego de Xuíces. Farase unha
clasificación xeral única.
• INSCRICIÓNS : Ate as 23:59 do 25 de decembro na pasarela
http://www.carreirasgalegas.com realizando un pago de 4 € . Número
máximo de prazas 500. Retirada de dorsais o xoves 28 e o venres 29 de
8:00 a 13:30 e 16:00 a 22:00h. e o sábado 30 de decembro de 9:00 a
13:00h., no Complexo Acuático do Castro. Asimesmo, o propio día da
proba na pista exterior do pavillón polideportivo de Mugardos de 9:00 a
10:30h. A retirada do dorsal será a confirmación da asistencia á
proba. A entrega de dorsais aos atletas federados farase a un
representante do seu club de forma conxunta.
PERCORRIDO: Ares-Mugardos-Ares.
Ás 10’50 horas concentración previa á saída da proba na rúa Celso
E.Ferreiro en Ares ( enfronte pista exterior pavillón deportivo), dende a saída
faise o percorrido que segue: Rúa Celso E. Ferreiro, Avd. de Mugardos, Avda.
Saavedra Meneses, Avenida de Redes, Avenida Federico García Exposito,
Avenida de Mugardos, estrada AC-130 dirección Mugardos, Rúa Francisco
Yáñez Badía, Rúa dos Corzás, Avenida de Galicia, Rúa do Peteiro, Rúa do
Cristo, Catro Camiños, e logo dirección Ares (AC-130), entrase na vila de Ares
pola Avenida de Mugardos e meta na Rúa Celso Emilio Ferreiro. FIN.
Tempo máximo de control da chegada 75’ logo da saída. Avituallamento sólido
e líquido para todas as persoas participantes ao chegar á meta. Por cuestións
alleas á organización como obras públicas ou privadas poderá haber pequenas
variacións no circuíto descrito. Durante toda a carreira o tráfico estará
restrinxido e todos os cruces controlados por policía e protección civil debendo
os participantes atender as súas indicacións.
O tempo estimado da proba é de entre 31 min e 75 min.
Ao remate da carreira farase unha clasificación xeral por tempos nunha
categoría única. Todas as persoas participantes que rematen a proba
participaran no sorteo de 10 cestas do Nadal.
As dúbidas e interpretación das normas serán resoltas segundo a normativa en
vigor da FGA para probas de estas características.
A cobertura do seguro de accidentes deportivos non cubre patoloxías nin
lesións anteriores ou alleas á proba sendo responsabilidade de cada
participante a cobertura das mesmas así como o de estar nas condicións
físicas axeitadas para realizar a proba.
• Organizan: Concellos de Mugardos e Ares e a Federación Galega de
Atletismo.