Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Os Castros - Cangas
22/10/2023
16:30 - 17:30
[
Go Back
]
Descripción
IV CROSS “OS CASTROS”
1. DATA:
O Club Atletismo Ría de Foz en colaboración con Run Foz Run, Concello de Foz e C.M.V.M. Cangas de Foz organizan a
IV Edición do CROSS OS CASTROS o día 22 de Outubro de 2023 na localidade de Cangas de Foz, nas proximidades do
pavillón dos Castros.
2. PARTICIPANTES:
Poderán participar na categoría absoluta todas aquelas persoas nacidas dende o ano 2007 (incluído) que o desexen,
sempre que estean inscritas nos prazos e formas establecidos ao efecto pola Organización.
O evento desenvolverase en dúas fases diferenciadas: durante a mañá celebrarase o Campionato Galego de Cross por
Clubs nas categorías Sub16, Sub18, Sub20, Sub23, Absoluta e por relevos mixtos, mentres que pola tarde terá lugar o
IV Cross “Os Castros”, para todas as categorías, sub-8, sub-10, sub-12, sub-14, sub-16 e absoluta. A organización
resérvase 50 prazas a maiores para deportistas convidados/as.
3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN:
Quen participe comprométese a aceptar o presente regulamento e calquera posible modificación da proba obrigada
por causas alleas á vontade da organización. A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os
compromisos que se inclúen neste regulamento.
Todo/a participante inscrito/a declara:
• Que se considera nun estado de saúde óptimo para participar no IV CROSS OS CASTROS.
• Que exime de responsabilidade á Organización pola perda de obxectos persoais ou roubo, así como como por
calquera contaxio de calquera enfermidade que puidera sufrir durante o evento deportivo.
• Que autoriza sen contraprestación algunha a que a Organización faga uso de calquera tipo de material
audiovisual no que poida figurar o/a participante, aceptando a publicación do seu nome completo na
clasificación da proba, nos medios de comunicación, e/ou internet.
• Conforme á L.O. 03/2018, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro,
cuxo responsable é O Club Atletismo Ría de Foz. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para
os eventos RUN FOZ RUN así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercer os dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección de sinalada
(atletismoriadefoz@mail.com), axuntando unha fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte o presente regulamento. En caso
de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estimarase e aceptarase o que dispoña a
Organización.
4. INSCRICIÓNS:
En ningún caso de van aceptar inscricións fora de prazo. Desde o 18/09/2023 ata o 08/10/2023 a un prezo de 5€.
Desde o 09/10/2023 ata o 18/10/2023 8€. Categorías sub-8, sub-10, sub-12, sub-14 e sub-16 gratuítas!
A inscrición da carreira é persoal e intransferible, e non se devolverá o importe da inscrición en ningún caso salvo baixa
médica acreditada presentada antes do 18 de OUTUBRO (incluído) e enviada a atletismoriadefoz@gmail.com En caso
contrario, non se fará o reembolso.
5. ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS:
Os/as deportistas Terán que portar obrigatoriamente un dorsal no peito en todo momento, sen dobrar nin ocultar,
ben visible.
A entrega de dorsais do cross popular farase na carpa da organización de 15:00 a 17:30. Situada no Campo de Fútbol
de Cangas de Foz. Zona de Saída e Meta.
IV CROSS “OS CASTROS”
6. ESTACIONAMENTO RECOMENDADO:
• ZONA ROJA: Zona de saída e meta.
• ZONA AZUL: Zonas de parking vehículos.
• ZONA AMARILLA: Zona de parking autobuses.
7. ZONA DE QUECEMENTO:
O quecemento poderá facerse oficialmente na zona do campo de fútbol de Cangas ou no paseo marítimo. Habilitarase
unha zona de quecemento ao pasar a zona de presaída para que os atletas poidan seguir quentando antes da saída.
8. PRESAÍDA E SAÍDA:
Todos os deportistas terán que presentarse á porta da zona de presaída exactamente 5 minutos antes da súa saída
para ser ubicados nun lugar axeitado, para non ter acumulacións de persoas.
Todos os atletas da categoría absoluta terán un tempo máximo de 45 minutos para rematar a proba.
A categoría sub-8 a carreira será non competitiva.
9. PENALIZACIÓNS E DESCUALIFICACIÓNS:
Todo/a aquel/a que non cumpra os seguintes requisitos poderá ser descualificado (incluso antes de comezar a
competición). Non se permite:
• Non levar axeitadamente o dorsal no peito, e/ou o chip oficial de control de tempos.
• Non realizar o percorrido completo.
• Manifestar un mal estado físico evidente.
• Manifestar un comportamento non deportivo coa Organización, cos outros deportistas ou co público, facendo
protestas maleducadas, ou se reitere en protestas inxustificadas ante a Organización.
O persoal de Organización, está facultado para retirar xustificadamente da carreira a calquera atleta que manifeste
un mal estado físico evidente. Todo/a aquel/a corredor/a descualificado/a deberá retirar o seu dorsal e abandonar o
circuíto inmediatamente.
IV CROSS “OS CASTROS”
10. SERVICIOS E SEGURO:
Todas as persoas participantes estarán cubertas cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e de accidentes.
Contaremos coa axuda de efectivos de Policía Local, ademais dos voluntarios propios da organización.
11. PERSONAS NON INSCRITAS:
Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta pola
Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandonar o circuíto e serán requiridos os seus datos
persoais.
12. RECLAMACIÓNS:
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao responsable técnico do evento, non mais tarde de 30 minutos
despois de comunicarse oficialmente os resultados, presentando o DNI.
13. PREMIACIÓN:
A cerimonia de entrega de premios do IV CROSS OS CASTROS 2023 efectuarase a partir das 18:00h na zona de meta.
Os/as atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, podendo delegar noutra persoa. Se non
estivese presente ao inicio do acto, entenderase que renuncia ao premio.
Recibirán trofeo os/as tres primeiros/as clasificados/as individuais das seguintes categorías:
• CATEGORÍA BENXAMÍN MASCULINA E FEMININA: 2014-2015
• CATEGORÍA ALEVÍN MASCULINA E FEMININA: 2012-2013
• CATEGORÍA INFANTIL MASCULINA E FEMININA: 2010-2011
• CATEGORÍA CADETE MASCULINA E FEMININA: 2008-2009
• CATEGORÍA SENIOR MASCULINA E FEMININA: 1988 ata 2007
• CATEGORÍA MÁSTER A MASCULINA E FEMININA: 1978 ata 1987
• CATEGORÍA MÁSTER B MASCULINA E FEMININA: 1968 ata 1977
• CATEGORÍA MÁSTER C MASCULINA E FEMININA: 1967 e anteriores
• CATEGORÍA ABSOLUTA MASCULINA E FEMININA: 2007 en diante.
14. AVITUALLAMIENTO/OUTROS:
Todos/as os/as inscritos gozarán dun avituallamento líquido e sólido ao finalizar o evento. Haberá a disposición dos
atletas colectores de lixo polo que agradecemos que ao rematar depositen o lixo neles. Tamén haberá servizo de
duchas, vestiarios e baños.
15. COMIDA POST-PRE COMPETICIÓN:
Para todo/a aquel atleta que o desexe poderase reservar a comida que preparará o BAR OS CASTROS e se servirá as
14:00h aproximadamente do Domingo día 22 de Outubro. A comida constará dun menú con tres primeiros e tres
segundos a elixir, postre ou café. O prezo da mesma será de 12€ e deberá facerse reserva previa enviando un correo
electrónico a atletismoriadefoz@gmail.com , indicando nome e apelidos da persoa que reserva e o número de
comensais para os que desexa reservar. Por tema de aforos/loxística as prazas estarán limitadas ás 150 primeiras
persoas. DATA LÍMITE DE RESERVAS 18/OUTUBRO/2023.
IV CROSS “OS CASTROS”
16. CIRCUÍTOS: * NON DEFINITIVOS. PODEN SUFRIR MODIFICACIÓNS.
17. CIRCUÍTO E_PÍCAROS 200m.
18. COLA DE SAÍDA_200m
VOLTA A - PEQUENA 500m.
IV CROSS “OS CASTROS”
VOLTA B - MEDIANA 950m.
VOLTA C – GRANDE 1500m.
IV CROSS “OS CASTROS”
VOLTA D – SUPER GRANDE 19500m.
19. CATEGORÍAS/DISTANCIAS/HORARIOS ESTIMADOS: *PODEN SUFRIR MODIFICACIÓNS.
APERTURA
CÁMARA
CHAMADAS
PECHE
CÁMARA
CHAMADAS
HORA
SAÍDA CATEGORÍA DISTANCIA VOLTAS PECHE
CONTROL*
9:35 9:45 10:00 Remuda Mixta 6000 aprox 4C 28 min*
10:05 10:15 10:30 Sub 16 M 3100 aprox 1B+1D 18 min*
10:25 10:35 10:50 Sub 16 H
Sub 18 e Sub 20 M 4100 aprox 2D 24 min*
10:50 11:00 11:15 Sub 18 H 4600 aprox 1A+2D 26 min*
11:20 11:30 11:45 Sub 20 H - Sub 23 M 6050 aprox 3D 35min*
11:55 12:05 12:20 Abs M -Sub 23 H 8000 aprox 4D 45 min*
12:40 12:50 13:05 Abs H 9950 aprox 5D 55 min*
CERIMONIA DE PREMIACIÓN CAMPIONATO GALEGO (14:15 APROX)
COMIDA PARA OS ATLETAS QUE O DESEXEN (14:00 H APROX)
INICIO IV CROSS “OS CASTROS”
16:15 16:25 16:30 Popular Abs H-M 5100 aprox 1B+2D 45 min*
17:05 17:15 17:20 Popular Sub-14-16
H-M
1700 aprox 1C
17:20 17:25 17:30 Popular Sub-12 HM
1200 aprox 1B
17:30 17:35 17:40 Popular Sub-10 HM
700 aprox 1A
17:45 Popular Sub-8 H-M 200 aprox 1E
CERIMONIA DE PREMIACIÓN CROSS POPULAR OS CASTROS (18:00 APROX)
IV CROSS “OS CASTROS”
20. PLANO E INFORMACIÓN PUNTOS DE INTERESE:
• ZONA SECRETARÍA (1): Información e dorsais do Campionato Galego de cross e IV Cross Os Castros.
• ZONA DE TENDA (2): Tenda de merchandising Run Foz Run.
• ZONA DE EQUIPOS (3): Cada club poderá ter un espacio onde poderán colocar a sua propia carpa e será o seu
punto de encontro e reunión para os atletas (deixar mochilas, cambiarse…).
• ZONA CAFETERÍA (4): Cafetería e aseos para acompañantes, pais, nais…
• ZONA VESTIARIOS E ASEOS (5): Vestiarios e aseos unicamente para atletas, delegados, adestradores e xuíces.
• ZONA QUECEMENTO (6): Só poderán acceder atletas e un adestrador ou delegado por entidade.
• ZONA CÁMARA DE CHAMADAS (7): Chamadas aos atletas previa competición.
• ZONA DE SAÍDAS (8): Caixóns e recta de saída.
• META (9): Paso de volta e zona de meta.
• ZONA PREMIACIÓN (10): Cerimonia de premiación, premios…
• SERVICIOS MÉDICOS/AMBULANCIA (11)
[
Go Back
]