Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Villagarcía
26/11/2023
10:00 - 12:30
[
Go Back
]
Descripción
REGULAMENTO
1.- Horario e Lugar:
A saída darase da Avenida da Mariña da localidade de Vilagarcía de Arousa, ás 10:00
horas. A carpa de organización estará ubicada na explanada do auditorio municipal (Praza
II República)
2.- Participantes:
Nesta proba poderán participar todas aquelas persoas que teñan cumpridos 18 anos o día
da mesma, estean ou non federadas, habendo unha única clasificación conxunta. O control
da carreira estará a cargo do comité galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Os/as participantes deben cumprir as condicións de participación e inscrición reflectidas no
presente regulamento.
3.- CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN
Establécense as seguintes categorías de participación:
CATEGORIAS ANOS
Sub 20 2004 – 2005
Sub 23 2001 – 2002 – 2003
Sénior De 2000 ata 34 anos
Máster 1 De 35 a 39 anos
Máster 2 De 40 a 49 anos
Máster 3 De 50 a 59 anos
Máster 4 60 anos e superiores
4.- Inscricións, prezos e prazos:
A inscrición para todas as categorías farase a través da páxina web
http://www.carreirasgalegas.com ata as 23:59 horas do 22 de novembro de 2023.
Non se admitirán inscricións fóra dese prazo.
O prezo da inscrición será variable en función dos seguintes prazos:
• Ata o 19 de novembro: 15 €
• Do 20 ao 22 de novembro: 20 €
A inscrición da carreira é persoal e intransferible. Baixo ningún concepto, unha vez
feita a inscrición, poderase transferir a participación a outra persoa, amigo/a ou familiar por
mor de non poder acudir o día da proba.
5.- Entrega de dorsais-chips:
A entrega de dorsais-chips realizarase o sábado 25 de 18:00 a 20:00 horas no auditorio
municipal ou o mesmo día da proba, na explanada do auditorio municipal dende as 8:30
am e ata 45 minutos antes do inicio da proba.
Os dorsais-chips son persoais e intransferibles. Deberán levarse na parte anterior do
corpo, de xeito totalmente visible. Todo/a corredor/a que entre en meta sen este elemento
será automaticamente descualificado/a a criterio do xuíz árbitro da competición.
6.- Percorrido:
O circuíto está homologado pola R.F.E.A. para a distancia de medio maratón, e terá
unha lonxitude total de 21.097,50 metros que se completará a 3 voltas (1 pequena + 2
grandes), sendo este urbano, asfaltado e pechado ao tráfico.
Cada quilómetro estará sinalizado visualmente.
7.- Tempo límite para rematar a proba:
Establecerase un tempo límite de entrada en meta de 2 horas e 30 minutos. Todo
corredor/a que supere este tempo será retirado de competición sen posibilidade de entrar
na clasificación final.
8.- Avituallamentos:
Estableceranse 3 puntos de avituallamento líquido no percorrido (km 5, 10 e 15 aprox.) e
un punto líquido e sólido en liña de meta.
9.- Premios e agasallos:
Todos/as os/as participantes na Media Maratón Concello de Vilagarcía 2023 recibirán un
agasallo técnico, sendo preciso que se atopen inscritos/as na proba popular a través de
www.carreirasgalegas.com. De xeito contrario, non terán acceso aos premios e agasallos
desta.
TROFEOS
Recibirán trofeo os/as tres primeiros/as clasificados/as absolutos/as da proba, así como
os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no presente
regulamento. A maiores entregaranse trofeos os /as tres primeiros/as clasificados/as
locais (empadroados/as no Concello de Vilagarcía).
Poderá requirírselle o DNI a calquera atleta premiado para a comprobación dos seus datos
persoais.
A entrega de premios terá lugar no auditorio municipal e comezará ás 12:30 horas.
10.- Retirada do circuíto polos servizos médicos ou organización
Os servizos médico da competición, ou o Persoal da Organización, están facultados para
retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente.
11.- Descualificacións:
Serán descualificados/as sempre a criterio do xuíz árbitro da competición:
- Aqueles/as corredores/as que alteren os datos facilitados á organización con
respecto aos que figuran no seu D.N.I.
- Non realizar o percorrido completo.
- Non ter dorsal-chip, ou manipular a súa publicidade.
- Manifestar un comportamento antideportivo.
12.- Duchas e vestiarios:
Haberá servizo de duchas tanto no auditorio (a carón da saída) coma no pavillón de
deportes naúticos e en Fexdega.
13.- Todo o non presente neste regulamento, resolverase co Regulamento da FGA, RFEA
e a World Athletics en vigor, por esta orde.
14.- Condicións de participación:
As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e
calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da
organización. A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os
compromisos que aquí se expoñen:
- Exime de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da súa
participación no evento (Exemplos: perda de obxectos persoais por roubo ou outras
circunstancias, perigo de lesión, agresións,...).
- Autoriza á organización para que trate automaticamente e con finalidade
exclusivamente deportiva, promocional ou comercial a utilización dos seus datos persoais
e a súa imaxe en publicacións, carteis, clasificacións,. para a promoción do evento. De
acordo co que se establece na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro,da Protección
de Datos de Carácter Persoal, o participante ten dereito de acceder a estes ficheiros co
obxecto de rectificar ou cancelar de xeito total ou parcial o seu contido.
Para facelo deberá solicitalo por escrito ó domicilio social Praza Ravella Nº 1 C.P. 36.600
Vilagarcía de Arousa ou mediante correo electrónico a fdeportes@vilagarcia.es.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os
termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida,
ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, aceptarase o que dispoña a
organización.
[
Go Back
]