Calendario
Info da proba

Mañón

26/11/2023 11:00 - 14:00
Regulamento I TRAIL CONCELLO DE MAÑÓN
DOMINGO 26 DE NOVEMBRO 2023
Mail: cultura.deportes@manon.es
Tlfs.-981414002 – 647536305
O I Trail Concello de Mañón é una carreira de monte con inicio na Praia de Esteiro (O
Barqueiro) con dirección á Praia de Bares pola parte oriental da península de Bares e
con vistas á Ría do Barqueiro. Dende a Praia de Bares súbese á Vila de Bares voltando
pola parte occidental da península da Estaca e subindo hacia Maeda onde chegaremos
ó punto máis alto do percorrido (329 m de altitude) cunha subida exixente do 29%.
Unha vez baixado á cota de Cañoles (xusto por encima da mina de cuarzo) a baixada
será contínua, pasando polo Barqueiro ata a meta na Praia de Esteiro .
INFORMACIÓN DO TRAIL:
INSCRICIÓNS : www.ccnorte.com
1. DATA ,HORARIOS E PREZOS :
Carreira limitada a 300 corredores
Mínimo de corredores para realizar o Trail: 70
Saída: 11h .Praia de Esteiro ,Polideportivo Municipal( O Barqueiro)
Inscricións:
1º Ata o 5 de novembro ás 24h: 12€
2º Do 6 de novembro ás 00:00h ó 19 de Novembro ás 24h: 15€
Peche de inscricións: 19 de Novembro ás 24h
Devolucións: ata o 5 de Novembro, será devolto o importe íntegro (100%)
2. CATEGORÍAS , TROFEOS E OBSEQUIOS:
JUNIOR: De 16 e 17 anos TROFEOS 1º, 2º e 3º masculino e feminina
SENIOR: De 18 a 44 anos TROFEOS 1º,2º e 3º masculino e femenina
VETERÁN/A A: De 45 a 55 anos TROFEOS 1º, 2º e 3º masculino e feminina
VETERÁN/A B: Máis de 56 anos TROFEOS 1º, 2º e 3º masculino e feminina
Obsequios:
 1 camiseta para os/as inscritos/as antes do 12 de Novembro.
 Para os/as inscritos/as a partir do 12 de Novembro haberá unha mochila de
praia.
3.REGULAMENTO do TRAIL:
Rexirase polas carreiras de montaña da FEDME (www.fedme.es)
a) Poderán participar,con autorización paterna ou materna os nados no 2006-
2007.
Ojo morado Serán descalificados os corredores/as por:
-Non pasar por todos os controis de paso.
-Recibir axuda externa fóra dos lugares autorizados(avituallamentos)
-Degradar o itinerario(cada corredor/ra debe levar os seus propios
desperdicios e deixalos nos puntos sinalizados pola organización)
-Non prestar auxilio a calquer participante que sufra algún percance ou
accidente e non informar ó control máis próximo.
-Obstaculizar voluntariamente a outro corredor/ra.
-Non obedecer ás instrucción dos membros da organización e controis de
paso.
c) É obrigatorio avisar nun control ou a un membro da organización de
abandono da carreira e entregar o dorsal
d) O mal tempo non é obstáculo para a realización da proba.A organización
resérvase o dereito de facer cambios de última hora no itinerario.
e) A organización prevé un peche de meta ás 14:00 h.
f) O participante exime á organización de calquer responsabilidade no caso de
accidente ou lesión.
g) Todo corredor/a debe coñecer e respectar o reglamento da proba. A
inscripción implica o cumprimento de este reglamento.
h) Os/as corredores/as deberán ter as condición físicas requeridas para a
distancia e a dureza do itinerario.Levarán a indumentaria e calzado adaptados ó
terreo por onde transcurre a proba.
4. DATOS DE INTERESE:
Distancia:16,5km (os primeiros 3,6 kms e os 3 kms últimos son por estrada asfaltada)
Incremento de elevación: 757 m
Pérdida de elevación: - 757 m
Desnivel acumulado: 1514 m
Pendente máx. : 29% e – 35%
Altitude máx.: 329 m
Recollida de dorsais: Domingo 26 de Novembro dende as 9:00h na saída no
polideportivo da Praia de Esteiro.
Entrega de Trofeos e premios: A partir das 14h, no Polideportivo,Praia de Esteiro
Para quen quera coñecer “in situ” o itinerario ,realizaremos unha ruta de sendeirismo
unha semana antes do Trail ,o sábado 18 de Novembro ás 9:30h ( para participar ,é
necesario inscribirse no Concello de Mañón tfs.- 981414002 - 647536305.