Calendario
Info da proba

Vigo

29/10/2023 11:00 - 12:30
Regulamento REGULAMENTO
ORGANIZACIÓN
A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO), organiza a
XI Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple.
DATA
A proba celebrarase o domingo 29 de Outubro de 2023, ás 11:00 horas.
PERCORRIDO E DISTANCIA
O circuíto terá o seguinte trazado: Rúa Pescadores – Rúa Eduardo Cabello - Av.
Beiramar – Rúa Jacinto Benavente - Rúa Coruña - Rúa Tomás A. Alonso. A saída e
a meta situaranse no mesmo lugar, a Alameda Suárez Llanos( Bouzas).
Dúas modalidades opcionais:
▲ ANDAINA (Non competitiva, non cronometrada): Unha volta ao percorrido.
Total: 5050 m.
▲ CARREIRA (Competitiva, cronometrada): Dúas modalidades opcionais:
 5K: Unha volta ao percorrido. Total: 5050 m.
 10K: Dúas voltas ao percorrido. Total: 10100 m.
* Importante: os corredores da carreira 10K NON teñen que entrar na
Alameda Suárez Llanos na segunda volta, xirarán
directamente cara a Rúa Pescadores.
ORGANIZACIÓN DA SAÍDA
A saída será simultánea para tódalas modalidades dende a liña de meta na
Alameda Suárez LLanos.
Sen embargo, os inscritos nas probas cronometradas (carreira 5K e carreira 10K)
teñen prioridade, polo que se deberán situar cara adiante na liña de saída.
Así, os inscritos na andaina deberán situarse cara atrás para facilitar a saída aos
que compiten nas carreiras.
* Se se constituíse unha categoría de vehículo adaptado (integrada na
modalidade de andaina), por razóns loxísticas e de seguridade a súa saída terá
lugar 15 min antes da saída xeral, directamente dende a estrada, no cruce entre
as rúas Tomás Alonso e Pescadores.
* A organización resérvase o dereito a modificar a organización da saída para
asegurar a seguridade da mesma, por causas propias ou alleas, previo aviso nas
redes socias do evento.
AVITUALLAMENTO
A organización ofrecerá a tódolos participantes un avituallamento líquido e sólido
ao finalizar as probas, na Alameda Suárez Llanos. Ademais, os participantes da
10K terán un avituallamento líquido ao inicio da segunda volta.
PECHE DE CONTROL
O tempo máximo para realizar a proba será de 1 hora 30 minutos para tódalas
modalidades. Transcorrido este tempo, os participantes que sigan en carreira
deberán retirarse do circuíto.
PARTICIPACIÓN
Poderán tomar parte na carreira todas aquelas persoas maiores de idade (18
anos cumpridos ou máis) que o desexen, sempre e cando estean correctamente
inscritas, tanto en tempo como nas formas establecidas para elo.
Como caso excepcional e sempre baixo a responsabilidade dos pais e/ou
representantes legais, permitirase a participación de menores de idade:
• Andaina: sen límite de idade.
• Carreira (5K e 10K): na categoría SUB 24 permitirase a participación dos
corredores a partir de 15 anos cumpridos.

Dorsal 0: No caso das persoas que non estean interesadas na participación activa
na carreira pero si queiran contribuír a que AVEMPO poida seguir loitando polos
seus obxectivos, tamén é posible realizar na propia plataforma de inscrición un
donativo para a asociación.
INSCRICIÓNS
A cota de inscrición será de:
▲ ANDAINA:
 Menores de 8 anos: 3 €.
 A partir dos 8 anos: 6€
▲ CARREIRA:
 5K: 10 € para tódalas categorías.
 10K: 12 € para tódalas categorías.
A inscrición farase efectiva cubrindo o Formulario de Inscrición que se atopa a
disposición dos interesados en:
▲Empresa de cronometraxe TEAM RELAY S.L : WWW.MAGMASPORTS.ES
► A través das opcións de pago que ofrece a propia web.
* Especificacións sobre a inscrición de menores de idade:
Os menores de idade no momento da inscrición deben indicar o dni, nome e
apelidos do pai, nai o tutor responsable.
Prazo de inscrición: do 27 de setembro ao 25 de Outubro ás 23:59 h
En todo momento, os participantes poderán consultar o estado da súa inscrición
no apartado correspondente da web de inscricións. Os participantes que non
finalicen o proceso de pago dentro do prazo, non quedarán inscritos.

Límite de inscrición: A inscrición pecharase ao acadar os 2000 inscrit@s totais
(entre tódalas modalidades e categorías).
CAMISETA
O importe da camiseta será de 6€.
Tódalas persoas inscritas nalgunha das modalidades da proba, poderán adquirir
unha camiseta de esta edición. Terán que marcar a opción correspondente no
momento da inscrición e seleccionar, ademais, a talla da camiseta que prefiran.
As camisetas adquiriranse baixo pedido, polo que non se admiten cambios de
talla.
Data límite pedido de camisetas seleccionando tipo e talla 17 de outubro ás
23:59hrs.
Unha vez finalizado o prazo de pedido de camisetas a demanda, pecharase a
venta a través de web de inscricións. As persoas interesadas en conseguir a
camiseta posteriormente, poderán adquirila os días asignados para a recollida
dos dorsais de entre as unidades extra dispoñibles na asociación ata final de
existencias.
Entrega de camisetas e compra de tallas remanentes:
▲ O 29 de Outubro, entre as 10:30 e as 18:30 horas, na sede de AVEMPO.
▲ O 30 de Outubro, entre as 9:00 e as 10:30, ao lado da liña de meta, na
Alameda
DORSAIS E CHIPS
Tódolos participantes deberán estar identificados co seu dorsal (andaina) ou
dorsal+chip (carreira) ben fixados, en calquera parte do corpo que sexa visible
frontalmente.
A recollida de dorsais e chips poderá realizarse:
▲ O 28 de Outubro, entre as 10:30 e as 18:30 horas, na sede de AVEMPO.
▲ O 29 de Outubro, entre as 9:00 e as 10:30, ao lado da liña de meta, na
Alameda Suárez Llanos (Bouzas).
Aconséllase a tódolos participantes que retiren o seu dorsal coa maior
anticipación posible.
Para a recollida, será preciso presentar o DNI co cal se realizou a inscrición. No
caso de menores, deberán ir acompañados do seu representante legal.

Todo corredor que chegue á liña de meta sen o seu dorsal/chip ou non o leve
colocado de xeito correcto poderá ser descualificado.
Non se descalcificará a ningún atleta por levar auriculares durante a proba.
SISTEMA DE CRONOMETRAXE
O sistema de cronometraxe, mediante chip de dorsal dun so uso, será facilitado
pola empresa de cronometraxe (Homologado pola RFEA). O seu uso incorrecto
será considerado motivo de descalificación.

* Os participantes na modalidade de andaina terán a obriga de cedelo paso aos
participantes das distancias cronometradas durante todo o percorrido, debendo
camiñar pegados ao borde dereito da calzada, deixando sitio para que os
corredores poidan adiantalos sempre pola esquerda. Non cruzar nunca as liñas
de coneado.
CATEGORÍAS
▲ ANDAINA: Unha única categoría para tódolos participantes.
▲ CARREIRA: Haberá unha soa clasificación conxunta para cada distancia
(5K e 10k), distinguindo na mesma as seguintes categorías:

Sub 25 15 a 24 anos.
Sénior 25 a 34 anos.
Veterán A 35 a 44 anos.
Veterán B 45 anos ou máis.

Será necesario un mínimo de 3 participantes do mesmo sexo en cada categoría
en liña de saída para a constitución da mesma. Os atletas das categorías non
constituídas pasarán a formar parte da categoría inmediatamente anterior á que
lle correspondía.
PREMIOS
Os premios da modalidade cronometrada, tanto na distancia 5K coma na 10 K,
serán os seguintes:
▲ Categorías Sub 25, Sénior, Veterán A e Veterán B
Medalla aos tres primeiros clasificados de cada categoría (masculino e
feminino).

▲Os tres primeiros clasificados na carreira absoluta (masculino e feminino)
Recibirán unha medalla acompañada dun agasallo.
* A organización descarta a duplicidade de premios: os participantes que resulten
premiados na carreira absoluta, quedarán excluídos de selo nas categorías Sub
24, Sénior, Veterán A e Veterán B.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
Servizo de Gardarroupa: a organización poñerá a disposición dos corredores un
emprazamento onde deixar as súas pertenzas controladas durante a duración da
proba.(Pendente de confirmación)
Servizo de Duchas: pendente de confirmación. Informarase do resultado da
solicitude e, no seu caso, a ubicación final do servizo a través das redes sociais do
Eu Móvome pola EM
Servizo de Fisioterapia: os atletas que o desexen poderán acceder a unha sesión
no stand que a Facultade de Fisioterapia da Universidade de Vigo colocará no
evento. (Pendente de confirmación)
Dispositivo sanitario de emerxencias: dúas unidades móbiles e un hospital de
campaña estarán a disposición daqueles corredores que presenten algún tipo de
molestia dende media hora antes de dar comezo a proba ata media hora
despois do peche de control.
RESPONSABILIDADE
Este evento está amparado por unha póliza de seguro de Responsabilidade Civil.
Os participantes (ou os seus representantes legais no caso de menores) aceptan
participar no mesmo baixo a súa responsabilidade e propio risco. No momento da
inscrición, manifestan atoparse fisicamente aptos para completar o percorrido da
proba con seguridade e se comprometen a colaborar coa organización na
prevención de accidentes persoais na medida das súas posibilidades.
Os representantes legais dos participantes menores de idade comprométense a
estar presentes durante todo o desenvolvemento da proba, dende a recollida do
dorsal ata que o menor cruce a liña de meta e faga uso dos diferentes servizos.
DISPOSICIÓNS ADICIONAIS
1. A organización resérvase o dereito de retirar durante a carreira a calquera
participante que, entre outros aspectos, falsifique os seus datos persoais, reflicta
mal estado físico, non realice o percorrido completo, vaia acompañado de
animais, cometa algunha infracción de este regulamento, ou manifeste un
comportamento antideportivo.
2. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao comité organizador, non máis
tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
2. A organización garante o reintegro das cotas de participación no caso de
cancelación do evento, por causas propias ou alleas. En tal suposto, este
reintegro se fará efectivo na sede de AVEMPO, sita na Rúa Camilo Veiga, 44-
Planta Baixa (Bouzas); no prazo de 30 días naturais dende a data prevista para a
carreira.
4. Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición
da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado
por instancias superiores.
MÁIS INFORMACIÓN
Toda a información do Eu Móvome pola EM será actualizada na web da carreira
(https://avempo.org/eumovome/) e nas redes sociais da mesma: Facebook,
Twitter e Instagram.