Calendario
Info da proba

Frades

01/05/2024 11:30 - 13:00
Regulamento IX CARREIRA PEDESTRE POPULAR-CONCELLO DE FRADES 2024
O Concello de Frades celebra a súa IX Carreira Pedestre Popular o mércores 1 de
maio de 2024 na localidade de Ponte Carreira (estrada Ordes-Ponte Carreira DP-3802)
baixo o control técnico da Federación Gallega de Atletismo (Delegación en Santiago).
Esta proba pertence ao X CIRCUITO DE CARREIRAS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.
As probas estarán as suxeitas ó seguinte:
REGULAMENTO
1- Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación. O
control da carreira estará a cargo do Comité Galego de Xuíces da Federación Gallega de
Atletismo.
2- CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES, DISTANCIAS E HORARIO DAS PROBAS
O percorrido da carreira será dunha distancia de 8.6 km aprox. en ruta. A SAÍDA E A
CHEGADA ESTARÁ SITUADA NA PRAZA PÚBLICA DE PONTE CARREIRA.
Todos os participantes deberán colocarse na liña de SAIDA 5 minutos antes do inicio de
cada proba. Para recibir os premios reflexados no presente regulamento, será de obrigado
cumprimento acudir ao protocolo de entrega de premios.
HORA CATEGORIA ANO DE NACEMENTO DISTANCIAS
MENORES 10:00 h Sub 18 (F/M) 2007-2008 3000 m aprox.
MENORES 10:00 h Sub 16 (F/M) 2009-2010 3000 m aprox.
MENORES 10:30 h Sub 14 (F/M) 2011-2012 2000 m aprox.
MENORES 10:45 h Sub 12 (F/M) 2013-2014 800 m aprox.
MENORES 10:55 h Sub 10 (F/M) 2015-2016 800 m aprox.
MENORES 11:05 h Sub 8 (F/M) 2017-2018-2019 500 m aprox.
MENORES 11:15 h Sub 6 (F/M) Nados 2020 e posteriors 300 m aprox.
1 volta a praza
ADULTOS 11:30 h Sub 20 (M/F) 2005-2006 8600 m aprox.
ADULTOS 11:30 h Sub 23 (M/F) 2002-2003-2004 8600 m aprox.
ADULTOS 11:30 h Senior (M/F) Nadas/os entre 2001 e 1990 8600 m aprox.
ADULTOS 11:30 h Master 1 (M/F) Nados/as entre 1989 e 1984 8600 m aprox.
ADULTOS 11:30 h Master 2 (M/F) Nados/as entre 1983 e 1974 8600 m aprox.
ADULTOS 11:30 h Master 3 (M/F) Nados/as entre 1973 e 1964 8600 m aprox.
ADULTOS 11:30 h Master 4 (M/F) Nados/as 1963 e anteriores 8600 m aprox.
ENTREGA PREMIOS-PRAZA PÚBLICA PONTE CARREIRA
O percorrido da proba absoluta estará indicado e sinalizado cada kilómetro.
3- INSCRICIÓNS
*PROBAS ESCOLARES (sub 6, sub 8, sub 10, sub 12, sub 14, sub 16 e sub 18).
Realizaránse a través do formulario online presente na páxina www.emesports.es. Data
límite ata o domingo 28 de abril ás 23.59 horas. As inscricións para as categorías escolares
serán GRATUITAS.
*CATEGORÍAS ADULTOS (Sub 20, sub 23, Senior e máster).
As inscricións estará presente na páxina web www.emesports.es. Data límite ata o domingo
28 de abril as 23:59 horas.
Non se aceptarán inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou sin todos os
obrigatorios presentes no formulario de inscrición online.
PREZOS DA INSCRICIÓN:
- CATEGORÍAS ESCOLARES: GRATUITA
- ADULTOS (De sub 20 ata master): 5,00 €
* INSCRICIÓN POR CLUBES FEDERADO
*Os equipos, clubes, centros… que desexen optar ós premios en metálico deberán
formalizar a inscrición individual de cada atleta na web www.emesports.es e remitir un
correo electrónico á dirección de correo santiago@atletismo.gal cos datos do clube xunto
co listado de atletas que participarán na proba, indicando o nome e apelidos do atleta e o
número de licencia.
SEN ESTE CORREO ELECTRONICO NON PODERAN OPTAR OS PREMIOS POR
CLUBES. Na clasificación por clubes poderán entrar os atletas das categorías Sub 20, sub
23, senior e master. SE ALGÚN ATLETA DA CATEGORÍA SUB 18, DESEXA
PARTICIPAR NA PROBA ABSOLUTA DEBERÁ NOTIFICALO NO EMAIL
santiago@atletismo.gal NO PRAZO DE INSCRICIÓN.
Admitiránse inscricións ata o domingo 28 de abril as 23.59. NON SE ADMITIRAN
INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO.
Para calquer información adicional poderán chamar ao teléfono 600 852 222 (Lino).
4- Haberá servizo de vestiario e duchas a disposición de todos os atletas sito no
Pavillón Municipal ao carón do CPI de Ponte Carreira (a 700 metros da saída), tamén
haberá baños/servicios ao carón da saída/meta.
A organización disporá a disposición de todos os atletas un servicio de fisioterapia,
quiromasaxe, roupeiro e servizos médicos obrigatorios.
Tamén haberá inchables para os máis pequenos.
5- RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
Realizaránse o día da proba na Secretaría da Competición sita na Praza Pública de Ponte
Carreira ata media hora antes do inicio de cada proba.
O dorsal irá colocado na parte anterior do corpo, de xeito totalmente visible no que
vai incorporado o chip de cronometraxe.
6- O longo do percorrido á organización ubicará controis nos canles poderase descalificar a
calquera atleta que incumpla a normativa da competición (sairse do percorrido, sacar o
dorsal, obstaculizar ou empurrar a outros atletas…).
7. Todo atleta que chega a liña de meta sen o su dorsal colocado correctamente na zona
anterior do corpo (próxima ao peito) será descualificado a criterio do xuiz árbitro da proba.
8- USO DATOS E DEREITOS DE IMAXE
Todos/as os/as participantes no momento de realizar a sús inscrición aceptan a publicación
do seu nome e imaxen nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
O participante autoriza o uso de fotografías propias sempre que o seu uso garde co evento
no que se subcribe. Coa realización da inscrición o participante admite que o organizador,
poida facer uso da imaxe de todos os participantes en calquera formato xa sexa gráfico ou
dixital e en todas as súas formas (vídeo, foto, DVD, internet, carteis, medios de
comunicación…). Todos os dereitos de imaxe pertencen ao organizador (Concello de
Frades).
9- PREMIOS ESPECIAS DA CARREIRA POPULAR
- Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados de cada categoría (en mulleres e
homes), tamén para as categorías sub 6 e sub 8.
- Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta
(sub 20, sub 23, senior e máster).
- Trofeos para os 3 primeiros clasificados/as empadroados no Concello na proba
absoluta.
- Trofeos para os 3 primeiros equipos masculinos e femeninos clasificados na
clasificación final.
- Medallas singulares para tódolos participantes escolares (de sub 6 a sub-18).
- Os trofeos non serán acumulativos agás os correspondentes os atletas locais.
- Entrega de camiseta técnica para tódolos participantes e bolsa de corredor.
AO REMATE DA PROBA HABERÁ FROITA E BEBIDA PARA TÓDOLOS
PARTICIPANTES.
PREMIOS EN METÁLICO-
(Só para a Carreira Absoluta: (DE SUB 20 A MASTER).
PREMIOS INDIVIDUAIS
1º Clasificado/a: 250 €
2º Clasificado/a: 150 €
3º Clasificado/a: 100 €
4º Clasificado/a: 75 €
5º Clasificado/a: 50 €
PREMIOS POR CLUBES
1º Clube federado masc/fem: 150 €
2º Clube federado masc/fem: 100 €
3º Clube federado masc/fem: 50 €
VALE DE MATERIAL DEPORTIVO, só para a categoría escolar para o clube que máis
participantes aporte á proba (obrigado que sexan federad@s).
1º- 100 €
2º- 50 €
3º- 30 €
A clasificación por clubes será establecida a través dos 8 primeiros corredores en cruzar a
liña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En
caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 8º componente.Os equipos
poderán ser masculinos ou femeninos (non mixtos) .
SÓ SE ADMITIRÁ A PARTICIPACIÓN DE CLUBES FEDERADOS NOS PREMIOS EN
METÁLICO. Na confección do clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros
clubes nin filiais do mesmo.
O premios serán aboados por transferencia bancaria, para o cal os atletas e equipos
gañadores terán que facilitar os datos bancarios e persoais (fotocopia do DNI) unha vez
finalizada a carreira.
E de obrigado cumprimento acudir ao protocolo de entrega de premios-trofeos.
10- PARTICIPACIÓN DE ATLETAS DE OUTRAS FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS E
EXTRANXEIROS:
A participación de atletas extranxeiros e de outras federacións autonómicas rexirase
segundo o regulamento de competición da Real Federación Española de Atletismo para
probas de calendario autonómico:
Máis información de esta norma no Ligazón:
https://atletismorfea.es/sites/default/files/2023-24/Reglamento%20de%20Competición.pdf
11- As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente o Xuiz Árbitro
da Competición, non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
12- Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co disposto nos
regulamento da FGA e RFEA en vigor para probas en ruta.
13- Tódolos participantes polo feito de inscribirse na proba, aceptan o presente
regulamento. En caso de dúbida prevalecerá o criterio da organización, prohibindo a
participación sen estar inscrito ou sin levar dorsal