Calendario
Ver carrera

Xalo - Nocturna

25/11/2023 19:00 - 21:00

[ Go Back ]

Descripción NOCTURNA DO XALO V EDICIÓN
25 DE NOVEMBRO DE 2023, CASTELO (CULLEREDO)
REGULAMENTO
1 / A asociación Castelo Deporte organiza, en colaboración co Concello de Culleredo, a Nocturna do Xalo, unha proba
deportiva en dobre modalidade de carreira de montaña e andaina, que celebra a súa quinta edición.
2 / DATA E LUGAR
A proba celebrarase o sábado 25 de novembro de 2023 no Monte Xalo, tendo a súa saída e a súa chegada na polideportiva
de Castelo (Culleredo).
3 / DEFINICIÓN
Trátase dunha carreira e dunha andaina polo Monte Xalo de 12 e 8,5 quilómetros, respectivamente, cunha única categoría
para cada modalidade.
4 / SOSTIBILIDADE
A Nocturna do Xalo promove os valores de respecto á natureza, favorecendo a conservación do monte, a súa flora e a súa
fauna. Os participantes na proba deberán por esta razón empregar os contenedores de lixo dispoñibles. A organización
empregará, sempre que sexa posible, material reutilizable e reciclable. Os elementos de marcaxe do percorrido recolleranse
nas horas posteriores á proba, cando tamén se realizará a limpeza do monte. A comunicación en papel reducirase ao
mínimo, dando prioridade aos soportes electrónicos.
5 / CATEGORÍAS E HORARIOS
Carreira Maiores de idade 12 quilómetros Saída ás 19.00 horas.
Andaina Todas as idades 8,5 quilómetros Saída ás 19.00 horas
6 / INSCRICIÓNS
Permanecerán abertas ata o mércores 22 de novembro de 2023 ás 23.59 horas en www.castelodeporte.gal; o prezo da
mesma será de 20 euros ata o 12 de novembro, e de 25 euros desde o 13 de novembro. O pagamento realizarase en todo
caso no momento da inscrición a través da pasarela de pagamento habilitada na plataforma de inscricións.
7 / LÍMITE DE PARTICIPACIÓN
Disporanse un total de 150 prazas para a carreira e 300 prazas para a andaina.
8 / PREMIOS
Entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados das categorías masculina e feminina da carreira.
9 / DORSAIS E CRONOMETRAXE
A carreira estará cronometrada pola empresa Emesports. Os chips de cronometraxe entregaranse aos participantes xunto
co dorsal, e se poderán recoller a partir das 17.00 horas do mesmo día da proba.
10 / AVITUALLAMENTOS, SINALIZACIÓN E MEDIOS OBRIGATORIOS
Tanto para a carreira como para a andaina, situarase un avituallamento líquido e sólido.
O percorrido estará sinalizado con cinta de balizaxe reflectante.
Será obrigatorio o emprego de frontais para as dúas modalidades, así como a achega dun teléfono de contacto á
organización. Será obrigatorio levar ao percorrido un teléfono móbil.
11 / ABANDONO OBRIGATORIO
A organización poderá parar en calquera momento a un corredor ou obrigarlle a abandoar a proba se considera que o seu
estado pon en perigo a súa integridade física, a súa seguridade ou a do resto de participantes.
12 / AGASALLOS
Cada participante terá acceso, coa inscrición, a unha camiseta conmemorativa, e recibirá tamén un ticket para cear na
polideportiva de Castelo ao remate do evento.
13 / SERVIZOS
Ademais de contar cos servizos dunha ambulancia medicalizada presente na zona de meta, os participantes estarán
cubertos polo correspondente seguro de accidentes da proba, que será obrigatorio para os inscritos de todas as idades.
Por esta razón, a organización non se fará responsable de calquera accidente relacionado con persoas que decidan
participar sen a correspondente inscrición e dorsal.
14 / RECLAMACIÓNS
As reclamacións aos resultados oficiais deberán formularse verbalmente á empresa de cronometraxe nas dúas horas
seguintes ao remate da proba, ou por escrito no correo electrónico ola@castelodeporte.gal nas vintecatro horas posteriores
ao remate da proba.
15 / DEREITOS DE IMAXE
Os participantes autorizan expresamente á organización e aos seus patrocinadores a empregar e publicar libremente
calquera fotografía ou vídeo gravado no contexto da proba.
16 / ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO
A inscrición dos participantes está condicionada á aceptación do presente regulamento.
17 / DESCALIFICACIÓN
Serán motivos de descalificación:
- Atallar ou percorrer conscientemente tramos do percorrido diferentes ao oficial
- Tirar no monte lixo de calquera tipo
- Non asistir a outro participante en dificultades
- Non pasar polos avituallamentos ou puntos de control
- Abandonar a carreira sen avisar á organización

[ Go Back ]