Portada
A miña conta
Calendario
Foros
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
A miña conta
Calendario
Info da proba
Muros
18/11/2023
16:45 - 18:15
Voltar
Regulamento
Reglamento
REGULAMENTO da X Carreira Solidaria da Piscina Municipal de Muros
Artigo 1. Datos xerais
A Concellaría de Deportes e Xuventude, a través da Piscina Municipal de Muros, organiza o sábado
4 de novembro a X Carreira Solidaria da Piscina Municipal de Muros. As probas estarán baixo o
control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e dentro do “IX Circuíto de
Carreiras Deputación da Coruña”.
Artigo 2. Categorías de competición
CATEGORÍA NACEMENTO
Chupete 2019 e posteriores
Pitufo 2016, 2017 e 2018
Sub 10 2014 e 2015
Sub 12 2012 e 2013
Sub 14 2010 e 2011
Sub 16 2008 e 2009
Sub 18 2006 e 2007
Sub 20 2004 e 2005
Sub 23 2001, 2002 e 2003
Sénior De 1989 ata 2000
Máster 1 De 1983 ata 1988
Máster 2 De 1973 ata 1982
Máster 3 De 1963 ata 1972
Máster 4 De 1962 e anteriores
Andaina Todas as idades
Artigo 3. Horarios, saídas e distancias
CATEGORÍA HORA DISTANCIA
Andaina 16.00 h 5600 m aprox.
Saída 1: sub 20, sub23, sénior, máster 1, 2, 3 e 4 16.30 h 10000 m aprox.
Saída 2: sub 20, sub23, sénior, máster 1, 2, 3 e 4 16.45 h 5600 m aprox.
Sub 14 - sub 16 - sub 18 17.30 h 2.300 m
Sub 12 17.45 h 1.000 m
Sub 10 18.00 h 600 m
Pitufo 18.15 h 250 m
Chupete 18.30 h 50 m
Artigo 4. Inscricións
A apertura do prazo de inscricións comezará o 15 de setembro ás 10.00 h e rematará o martes 31
de outubro ás 23.59 h, non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin o día da proba.
As inscricións faranse a través da web, www.emesports.es, excepto para a andaina que tamén se
poderá facer de maneira presencial nas oficinas da Piscina Municipal de Muros.
Na plataforma de inscrición as persoas participantes (sub 20, sub 23, sénior e máster 1, 2, 3 e 4)
poderán seleccionar a distancia na que desexan participar, 10000 m ou 5600 m.
A saída na distancia longa (10000 m aprox.) será ás 16.30 h e unha vez que pase a última persoa
clasificada pola zona da praia do Castelo darase saída á proba da distancia curta (5600 m) que
será aproximadamente sobre as 16.45 h.
Usaranse distintos dorsais para diferenciar as persoas participantes da distancia longa das da
distancia curta.
O custo da inscrición nas categorías andaina, sub 20, sub 23, sénior e máster 1, 2, 3 e 4 será de:
− 7,00 € ata o 30 de setembro
− 10,00 € do 1 ao 31 de outubro
O custo da inscrición nas categorías menores e os/as menores na andaina será:
- 1,00 € que será doado a Cáritas de Muros
Artigo 5. Lugar e recollida de dorsais
DÍA LUGAR HORARIO
03/11/2023 (venres) Piscina Municipal de Muros De 17.00 a 22.00 h
04/11/2023 (sábado) Zona de saída* De 14.30 a 16.00 h
* No caso de chuvia na Casa do Concello (Curro da Praza, 1)
Artigo 6. Lugar de saída e meta
Dende a zona portuaria, proximidades da praia do Castelo.
Artigo 7. Circuítos
a) Circuíto andaina e saída 5,5k
Ojo morado Circuíto saída 10k
Artigo 8. Peche do control da proba absoluta
Ás 17.30 h
Artigo 10. Servizo de duchas
Piscina Municipal de Muros
Artigo 11. Avituallamento de meta
Proporcionarase auga e avituallamento sólido a todas as persoas participantes en cada unha das
categorías no punto de avituallamento que estará situado nun lugar visible despois da meta.
Artigo 12. Colocación pública das clasificacións
Anunciarase por megafonía a situación e o momento no que as clasificacións de cada carreira
estean colocadas ao público. As reclamacións aos resultados oficiais deberán realizarse non máis
tarde de 30’ despois da publicación destes.
Artigo 13. Entrega dos premios
Horario: 18.30 h
Lugar: Zona portuaria
Premios:
− Categorías menores:
Medallas a todas as persoas participantes das categorías chupete, pitufo e sub 10.
Haberá premios para os/as 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría e sexo a partir
da categoría sub 10 (incluída).
− Xeral:
Na proba con distancia de 10000 m aprox. por categorías e sexos (sub 20, sub 23, sénior e
máster 1, 2, 3 e 4, non acumulativos) para:
1ª persoa clasificada: masculino e feminino
2ª persoa clasificada: masculino e feminino
3ª persoa clasificada: masculino e feminino
Na proba con distancia de 5600 m por sexos para:
1ª persoa clasificada: masculino e feminino
2ª persoa clasificada: masculino e feminino
3ª persoa clasificada: masculino e feminino
− Premios especiais:
Club/asociación/centro de ensino/grupo con máis representantes que cheguen á
meta (mínimo 5 participantes). Para poder recibir o premio nesta modalidade
deberase facer constar o nome do club/asociación/centro de ensino/cuadrilla no
momento da inscrición.
− Os/as atletas premiados/as deberán situarse na zona próxima á entrega de premios no
momento en que por megafonía se anuncie o inicio desta, así como estar pendentes do
momento en que se chame a cada unha das categorías.
− Con carácter xeral, os/as atletas que non se presenten á recollida do seu premio no
momento da entrega, perderán o dereito a recollelo.
− Os premios non serán acumulables.
− Para optar á participación por club, grupo, asociación… os/as atletas deberán realizar a súa
inscrición individualmente e posteriormente deberán enviar por correo electrónico ao
enderezo piscinamunicipaldemuros@gmail.com un listado detallando os membros
computables ao efecto.
− Agradecemos ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que o/a atleta
non estea presente, o comunique na zona de premios, para evitar esperas innecesarias.
− Exclusivamente poderán subir ao podio os/as atletas premiados/as salvo causa xustificada.
− Para aqueles que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da
entrega, deberán poñerse en contacto coa Concellaría de Deporte e Xuventude durante un
prazo máximo de 15 días onde se custodiarán os trofeos non recollidos.
Artigo 14. Medios de contacto
− Piscina Municipal de Muros (Soborribas, s/n 15259 Serres) no seu horario habitual.
− Por correo-e ao seguinte enderezo: piscinamunicipaldemuros@gmail.com.
− Teléfonos de información: 981 826 966
Todo o non recollido neste regulamento rexerase pola normativa para probas en ruta da FGA e
RFEA en vigor.
Voltar