Calendario
Info da proba

Vigo + 11

10/12/2023 10:30 - 12:00
Regulamento XV CARREIRA POPULAR VIGO+11 2023
A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, co patrocinio do Concello de Vigo e a
colaboración de Atlántico Diario e Máis que Auga, organizan a 15ª Carreira PopularVIGO +11. Esta proba
está incluída no circuíto Run RunVigo 2023.
As probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo
e estarán suxeitas ao seguinte:
REGULAMENTO
1.- Data:
A proba celebrarase o domingo 10 de decembro de 2023 a partir das 10:30 horas na plaza da
tellada (Máis Que Auga)
2.- Saída e Meta:
A saída e meta das probas será desde a Praza da Tellada (Mais que auga-Coia).
Ubicación -> https://maps.app.goo.gl/m5DVesAA6yYctiZu5 .
3.- Participantes:
Nesta proba poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, estean ou non federadas,
habendo unha única clasificación conxunta de cada carreira programada. O control da carreira
estará a cargo do comité galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. Os/as
participantes deben cumprir as condicións de participación e inscrición reflectidas no presente
regulamento.
4.- Inscricións, prazos e prezos:
As inscripción realizaranse a través da páxina web www.magmasports.es/es/eventos/run-runvigo-2023.
Prezos de inscripción:
• Categoría sub 18 e superiores: 10 €.
• Categorías peques, sub 8, sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16 : GRATUITA.
O prazo de inscripción rematará o día 6 de decembro ás 23:59 horas.
5.- Horarios, distancias aproximadas e Categorías:
CATEGORÍA ANOS NACEMENTO DISTANCIAS (Aprox.) HORARIO
Sub 18 ata máster 2007 ATA MÁSTER 5 K ou 10 K 10:30 horas
Sub 14 - Sub 16 2008-2009-2010-2011 1.500 M 11:45 horas
Sub 12 2012-2013 1.000 M 12:00 horas
Sub 8 – Sub 10 2014-2015-2016-2017 500 M 12:15 horas
Peques 2018 ATA 2023 100 M 12:25 horas
NAS PROBAS DE 5 K E 10 K APLICARANSE AS CATEGORÍAS DO CIRCUITO Run RunVigo 2023.
6.- Percorridos:
Carreiras de nen@s:
As carreiras de nen@s desenvolveranse no entorno da Praza da Tellada, con saída e meta na mesma
praza.
O percorrido para as categorías sub 8 ata sub 16 terán a súa SAÍDA na Praza da Tellada, a altura do
acceso a Máis que Auga, para subir pola mesma plaza ata a Rúa Quintela, xirando en dita rúa para
percorrer a Rúa Ramón Buch, xirando novamente a esquerda para baixar pola Rúa Ángel Llanos ata xirar
a esquerda, entrando de novo na Praza da Tellada ata a línea de SAIDA/META. As distancias e número
de voltas varían en función das diferentes categorías establecidas no presente regulamento.
Na categoría peques, a saída será aproximadamente 100 metros antes da liña de SAIDA/META e
percorrerán dita distancia ata a meta.
Carreiras 5k e 10k:
A saída será desde a Praza da Tellada a altura do acceso a Máis que AUGA en dirección á Rúa Quintela.
Logo accederase xirando a esquerda a Avenida de Castelao na dirección á Praza de América,
atravesando dita praza para subir pola Avenida Gran Vía ata a altura da Rúa Illas Baleares onde faremos
un xiro de 180 grados para volver baixando de novo pola Avenida Gran Vía. A continuación atravesarase
novamente a Praza de América para subir pola Avenida de Castelao ata a altura da Rúa O Grove, onde
faremos novamente xiro de 180 grados para baixar pola Rúa Castelao e xirar na Rúa Ramón Buch, onde
collerase a esquerda hacia a Rúa Ángel Llanos xirando en dita rúa a altura da entrada da Praza da Tellada
onde se dirixirán á liña de SAIDA/META. Este percorrido do 5 K farase dúas veces no caso da proba de
10 K.
7.- Entrega de dorsais :
Realizarase nas instalación de Máis que Auga Coia nos seguintes prazos:
• Sábado 9 de decembro desde as 10:00 ate as 21:00 horas;
• Domingo 10 de decembro na zona da saída a partir das 09:00 horas e ate media hora antes do
inicio de cada proba.
XUNTO CO DORSAL ENTREGARASE UNHA CAMISETA TÉCNICA SÓ OS PRIMEIROS 500 INSCRITOS
NAS PROBAS DE 5K E 10K.
8.- Premios:
• Recibirán trofeo os/as tres primeiros/as clasificados/as, tanto masculinos como femininos, de
cada categoría establecida no presente regulamento nas probas de nen@s, agás na categoría
peques onde non haberá clasificación e onde recibirán unha medalla en meta pola súa
participación na proba.
• Na proba de 5 K recibirá trofeo o/a primeiro/a clasificado/a de cada categoría establecida no
circuito Run RunVigo 2023.
• Na proba de 10 K recibirán trofeo os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría
establecida no circuito Run RunVigo 2023.
Os premios entregaranse na praza de entrada a Máis Que Auga unha vez rematadas todas a probas.
9.- Descualificacións.
Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o percorrido da
proba, non levar o dorsal ou manipulalo, falsificar datos persoais ou manter un comportamento
antideportivo.
Todo o non contemplado no presente regulamento resolverase segundo os regulamentos da FGA, RFEA
e World Athletics en vigor, por esta orde, para probas en ruta.
10.- Límite de tempo na proba de de 10 K.
Establécese un límite de 1 hora e 20 minutos para completar a proba de 10 K. A partir de ese momento
pecharase o control de chegada e quen permaneza no circuíto o fará baixo a súa responsabilidade
seguindo as normas de circulación.
11.- Servizo de duchas e gardarroupa.
Haberá servizo de gardaroupa, nas instalación de máis que Auga-coia a disposición de tódolos
participantes nas carreiras de 5 K e 10 K dende as 10:00 horas ata as 12:00 horas.
SERVIZO DE DUCHAS E SPA:
Grazas a Máis Que Auga tódolos atletas participantes no evento poderán facer uso tanto das duchas
como das instalacións da zona de SPA no horario establecido na instalación. Para poder facer uso do
mesmo será necesario o uso de gorro de baño e chanclas.
12.- OUTRAS DISPOSICIÓNS REGULAMETARIAS.
Non está permitido o acompañamento na proba por ningún vehículo alleo á organización, nin bicicletas,
patíns ou persoas NON inscritas que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.
SERVIZOS MÉDICOS
A organización contará con servizos médicos obrigatorios, dotando de ambulancia na zona de
SAÍDA/META. Os servizos médicos e o Xuíz Árbitro da competición están facultados para retirar da proba
a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.