Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Rianxo
19/11/2023
12:00 - 13:30
[
Go Back
]
Descripción
A IX Carreira Popular Concello de Rianxo programada para o mércores 1 de
novembro foi suspendida pola alerta meteorolóxica decretada pola AEMET para esa
xornada.
O Concello de Rianxo ten previsto celebrar a proba o vindeiro 19 de novembro. As
bases de organización son as mesmas cas da proba prevista para o pasado 1 de
novembro, coas seguintes modificacións:
Artigo 4. Distancias e horarios
Categoría Distancia Horario Percorrido Nº voltas
Xoubas 100 m. 10:45 h. Amarelo – 100 m. 1
Sardiñas 500 m. 11:00 h. Verde – 500 m. 1
Sub 10 1.000 m. 11:10 h. Verde – 500 m. 2
Sub 12 1.500 m. 11:25 h. Azul - 750 m. 2
Sub 14 2.250 m. 11:40 h. Azul – 750 m. 3
Sub 16 6.600 m. 12 h.. Vermello 2
“Sapatilla” inclusiva 6.600 m. 12 h.. Vermello 2
Sub 18 -
Sub 20 - Sub 23 -
Sénior - Máster
10.000 m. 12 h. Vermello 3
Artigo 6. Inscricións
Prazo:
As persoas inscritas para o proba do 1 de novembro a que non lles sexa posible
participar na nova data, poderán solicitar a devolución da cota de participación
entrando na area privada da persoa participante na web de inscricións antes
das 23:59 h do domingo 12 de novembro. No caso de non solicitar a devolución
continuarán inscritas no evento.
Poderán formalizarse novas inscricións ata as 23:59 h do mércores 15 de
novembro.
Non se aceptarán inscricións fora de prazo ou con datos incompletos.
Onde:
https://barbanzarousa.gal
Artigo 7. Chips, cronometraxe e retirada de dorsais e chips.
Retirada de dorsais:
O mesmo día da proba na Praza Castelao a partires das 9:00 e ata o inicio da proba.
Os participantes no Circuíto de Carreiras Barbanza Arousa 2023, terán
que recoller un dorsal novo de competición en cada proba, incluída esta, co cal
terán que competir. Deberán dirixirse á zona de retirada de dorsais para recoller
o dorsal e o agasallo de participación.
Cronometraxe e control por chip
Agás os participantes nas categorías xoubas e sardiñas, os demais
participantes estarán controlados a través dun chip que se entregará a cada
participante xunto co dorsal.
[
Go Back
]