Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Mondego - Sada
18/11/2023
10:00 - 11:00
[
Go Back
]
Descripción
V III CROS DE MONDEGO
18 de novembro de 2023 ás 10:00 h. Mondego (Sada)
Organiza club Atletismo Sada e Concello de Sada
10:00h Cros absoluto: sub18, sub20, sub23, Sénior, Máster e inclusiva
11:00h Cros categorías inferiores: sub10, sub12, sub14 e sub16
12:50h sub8 e biberóns
Inscricións ata o martes 14 de Novembro
ORGANIZAN
Club Atletismo Sada e Concello de Sada
PARTICIPANTES
Categorías biberóns, sub8, sub10, sub12, sub14, sub16, Sub18, Sub20, Sub23, Sénior, Máster e
Inclusiva
CATEGORÍAS
A efectos de premiación, haberán as seguintes categorías tanto en masculino como en feminino
en cada una delas:
1. Biberóns nados nos anos 2018 e 2019
2. Sub8 nados nos anos 2016 e 2017
3. Sub10 nados nos anos 2014 e 2015
4. Sub12 nados nos anos 2012 e 2013
5. Sub14 nados nos anos 2010 e 2011
6. Sub16 nados nos anos 2008 e 20009
7. Sub 18/SUB20: nados nos anos 2004-2007
8. SENIOR E SUB23 nados nos anos 2003- ATA 34 ANOS
9. INCLUSIVA
10. MASTER A: DE 35 A 45 ANOS (INCLUIDOS)
11. MASTER B: DE 46 EN ADIANTE (INCLUIDOS)
12. EQUIPOS: Equipos de 4 persoas
LUGAR E DATA
Circuíto de Mondego (Sada), o 18 de novembro 2023
https://goo.gl/maps/ijBH38KSVW12
INSCRICIÓN
As inscricións faranse da seguinte forma ata o martes 14 de novembro as 23:059
A inscrición dos atletas federados farase na páxina de carreiras galegas.
https://www.carreirasgalegas.com/events
A inscrición ten un custo de 4 €. Pagarase no momento da retirada do dorsal, o mesmo día da
proba na zona de saída dende as 9:00. Prégase traer o importe exacto. Os atletas do club
organizador e clubs asociados están exentos de pago.
PREMIOS
Haberá medalla para os 3 primeiros clasificados de cada categoría. Entregaranse ao remate das
probas. Os biberóns recibirán todos medalla a entrada en meta.
A clasificación por equipos será por postos dos compoñentes. O posto no que queden serán os
puntos. Sumaranse os puntos dos catro participantes gañando o equipo que menos puntos
obteña. No caso de empate, gañará o equipo que mellor posto teña co seu cuarto clasificado.
VESTIARIOS
Estarán a disposición de todos os participantes, debidamente sinalizados, dentro das
instalacións do Colexio de Mondego (Sada)
SECRETARÍA
A secretaría para a recollida dos dorsais, e o pago das inscricións, estará situada na entrada do
circuíto.
DISTANCIAS POR CATEGORIA
RESTO DE CATEGORIAS MACULINO E FEMININO:
Biberóns 250 m 1VP
Sub8 250 m 1VP
Sub10 500m CS + 1VP + CM
Sub12 1.000m CS + 1VG + CM
Sub14: 1.200m CS + 1VP + 1VG + CM
Sub16: 1.900m CS + 1VP + 2VG + CM
Sub 18/SUB20:2.750 m (aprox) CS+2 VG+CM
Sub23 en adiante: 5.300 m (aprox) CS + 4 VG + CM
CS Cola de Saída 75 mts
CM: Cola de meta 75 mts
VP: volta pequena 250 mts
VG: Volta Grande 1300 mts. aprox
As distancias das voltas, ou os percorridos poderán sufrir variacións respecto ao debuxo inicial,
en función das condicións climatolóxicas e o estado do terreo.
HORARIO DAS PROBAS
A retirada de dorsais poderán facela dende as 9:00 horas, ata media hora antes do comezo das
Probas
10:00H Saída do cros absoluto (sub23 en diante)
11:00h Saída das categorías inferiores empezando por sub10 ata sub18
12:50h Saída das categorías sub8 e biberóns.
* Si o número de inscritos fora elevado faríanse dúas saídas: feminino e masculino. O peche
das inscricións se publicará o horario definitivo
A organización non se fai responsábel dos danos morais causados a si mesmos ou a outras
persoas causadas polos participantes desta carreira
A organización resérvase o dereito de admisión.
A organización resérvase o dereito a modificar estas normas se as circunstancias así o
aconsellan, avisando na medida do posible.
As reclamacións pódense facer ao Árbitro da proba, verbalmente ata 15' despois da
presentación dos resultados.
O non recollido neste regulamento recollerase de acordo coas normativas da FGA, RFEA e IAAF
nesta orde.
A participación implica a aceptación total do regulamento desta proba.
A proba contará co apoio da Policía Local de Sada, así como dos voluntarios do Club Atletismo
Sada.
Os resultados publicaranse nos sitios web do Club Atletismo Sada, www.clubatletismosada.com,
e na páxina de carreiras galegas.
[
Go Back
]