Calendario
Info da proba

Boimorto

10/12/2023 11:00 - 12:10
Regulamento XV CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE BOIMORTO:
O Concello de Boimorto celebra a XV edición da Carreira Pedestre Popular o domingo 10 de decembro de
2023 na localidade de Boimorto baixo o control e cronometraxe de championchipnorte e de acordo co
seguinte
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. A
cronometraxe da carreira estará a cargo de championchipnorte.
2. CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES:
 PITUFO atletas nados no 2019 e posteriores
 PREBENXAMÍN atletas nados no 2016, 2017 e 2018
 BENXAMÍN: atletas nados nos anos 2014 e 2015
 ALEVÍN: atletas nados nos anos 2012 e 2013
 INFANTIL: atletas nados nos anos 2010 e 2011
 CADETE: atletas nados nos anos 2008 e 2009
 PROMESA: atletas nados nos anos 2004, 2005,2006 e 2007
 SENIOR: atletas nados en 2003 ata veteráns
 VETERANA/O A: atletas nados entre 1978 e 1969
 VETERANA/O B: atletas nados entre 1968 e 1959
 VETERANA/O C: atletas nados en 1958 e anteriores
3. DISTANCIAS E HORARIOS:
11:00 h CARREIRA ABSOLUTA (aprox. 6,3 km)
12:00 h INFANTIL e CADETE (3,2 kms)
12:30 h BENXAMÍN e ALEVÍN (1000 m)
12:45 h PREBENXAMÍN (500 m)
12:55 h PITUFO(200 mts)
13:15 h. ENTREGA DE PREMIOS (Pavillón polideportivo)
4. INSCRICIÓNS.
As inscricións realizaranse a través da web www.championchipnorte.com
A inscrición é de 2 €uros para os participantes das categorías escolares (categorías pitufo a
cadete), mentras que os da Carreira ABSOLUTA deberán aboar 8 €uros os propietarios do chip
amarelo e 9 €uros os non propietarios (1€ en concepto de aluguer de chip).
Os atletas locais (censados no concello mínimo dende o día 2 de xaneiro de 2023) deberán indicalo
cubrindo a casilla correspondente no momento da inscrición.
Os atletas da proba absoluta que non son propietarios do chip correrán cun que lles será entregado na
SECRETARÍA no momento de recoller o dorsal; unha vez crucen a liña de meta deberán entregalo de
xeito obrigatorio nuns recipientes habilitados para tal efecto. De perdelo deberán aboar 15 €uros e serán
descualificados.
Para formalizar a inscrición é obrigatorio facilitar os seguintes datos: nome e apelidos, sexo, dirección
postal, concello, data de nacemento, DNI, teléfono, mail, clube (se se ten) e nº de licencia (se se ten).
Admitiranse inscricións ata o xoves 7 de decembro de 2023 ás 23:59 horas (As inscrcións realizadas
o dia 7 non teran dorsal personalizado) . NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO
PRAZO ESTABLECIDO.
Os dorsais recolleranse na Secretaría da Competición sita no colexio público de Boimorto (Campo do
Rosario) ata media hora antes do inicio de cada proba.
Para calquer información adicional ou incidencia chamar ó teléfono 645 98 01 35
5. Haberá servizo de vestiario e duchas a disposición de tódolos atletas sito no polideportivo municipal (a
carón da saída).
6. PREMIOS
Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas (en homes e mulleres), agás
na categoría Pitufo que levarán medalla todos os que rematen a proba. Os 3 primeiros/as clasificados/as
da proba ABSOLUTA (categorías PROMESA, SENIOR e VETERÁNS), percibirán trofeo da proba e
non computarán a efectos da premiación por categoría. Tamén outorgarase trofeos os 3 primeiros
clasificados/as censados/as no Concello. Os trofeos non serán acumulativos.
Trofeo ó atleta máis xoven e máis veterán que sexan capaces de finalizar a carreira polos seus propios
medios e sen axudas externas.
Tamén haberá agasallo conmemorativo da carreira para os corredores participantes.
7. Será motivo de descualificación calquera infracción grave estimada polo xurado da proba, sendo a súa
decisión inapelable. Dado o carácter popular e festivo desta proba, a organización agarda de todos os
participantes o mellor espíritu deportivo.
8. A realización da inscrición implica que se aceptan os compromisos de estar en bo estado físico, que
se superaron os pertinentes recoñecementos de saúde e que se autoriza á organización para a utilización da
imaxe en carteis, publicacións, medios de comunicación e outros para a promoción do deporte.
9. A organización recomenda empregar zapatillas de trail dada as condicións do circuito nestas datas.
10. Conforme á Lei orgánica 15/1999, infórmase de que os datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro
do que é responsable o Concello de Boimorto. A súa finalidade é levar a cabo a xestión de datos para a
carreira popular e informalo de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición poderá facelo dirixíndose por escrito ó enderezo rúa Vilanova. 1, 15,817 Boimorto
(A Coruña), achegando unha fotocopia do seu DNI.
11. Entre os inscritos para a Proba MAXI E MINI sortearanse 5 entradas dobres para o Festival da Luz. O
sorteo será público e realizarase durante a entrega de premios e para participar deberán introducir o seu
dorsal na caixa para tal efecto.
12. O tempo máximo para completar a proba ABSOLUTA é de 60 minutos. Unha vez transcorridos eses
minutos dende que tivo lugar a saída, procederase a retirarlle o dorsal a aqueles atletas que todavían poidan
estar correndo a proba.