Calendario
Info da proba

Lousame

31/12/2023 10:00 - 14:00
Regulamento REGULAMENTO
1. ORGANIZA:
 CONCELLO DE LOUSAME (concellerías de deporte, cultura e xuventude).
2. COLABORAN:
 Secretaría Xeral para o Deporte
 Deputación Provincial de A Coruña
 Xefatura Provincial de Tráfico
 Protección Civil Lousame
 Cruz Vermella Noia
 Rede de Voluntariado Local do Concello de Lousame.
3. DATA E HORARIO DA CARREIRAS:
 Sábado 13 de xaneiro 2023 PEQUETRAIL
o Saída PEQUETRAIL ás 16:00 H polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra (A
Silva).
o Entrega de premios a partir das 18:00 no polideportivo municipal Pilar Barreiro
Senra (A Silva).
 Domingo, 31 de decembro 2023 TRAIL LONGO E TRAIL CURTO polideportivo
municipal Pilar Barreiro Senra (A Silva).
o Saída trail longo ás 10:00 H.
o Saída trail curto ás 11:00 H.
o Entrega de premios a partir das 15:00 no polideportivo municipal Pilar Barreiro
Senra (A Silva).
 Sábado 23 de decembro 2023 ANDAINA SOLIDARIA BELÉN DE CUMES
o Saída ANDAINA SOLIDARIA ás 10:00 H (PRAZA DO CONCELLO)
o Chegada a Toxosoutos arredor das 13:00 H. (recepción con Panxoliñas e
chocolate con churros)
4. DISTANCIAS E DESNIVEL:
 TRAIL CURTO: distancia de 14 kms aprox. O nivel de dificultade será medio-baixo cun desnivel
acumulado aproximado de 540 mts de desnivel positivo e 540 mts desnivel negativo.
 TRAIL LONGO: distancia de 25kms aprox. O nivel de dificultade será medio-alto cun desnivel
acumulado aproximado de 1140 mts de desnivel positivo e 1140 mts desnivel negativo.
5. INSCRICIÓNS:
 En www.emesports.es
 Limitado a 600 corredores (300 trail curto e 300 trail longo)
 Prezo: 8€ trail curto e 12€ trail longo.
 No PEQUETRAIL 100 corredores e a inscrición será gratuita.
 ANDAINA SOLIDARIA BELÉN DE CUMES 10 kms. Prezo: 6€
 A inscrición da dereito a participar na proba escollida, avituallamentos, seguros, bolsa de
corredor (os/as inscritos/as na modalidade de TRAIL terán como regalo conmemorativo
da proba unha prenda técnica)
 A inscrición implica o coñecemento e aceptación do regulamento do evento.
 Non se poderán facer modificacións nin sustitucións nas inscricións.
 A inscrición no evento leva incluída a cesión dos dereitos de imaxe que se xeneren
neste evento deportivo e poderán ser utilizadas pola organización, para a divulgación,
proxeción e difusión do evento en diferentes medios (redes sociais, prensa, cartelería,
etc…).
6. CRONOMETRAXE ELECTRÓNICA:
Emesports
7. SERVIZOS E RECOLLIDA DE DORSAIS:
 Polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra (42º46´19.36” N 8º51´25,99” O)
o día da proba.
 TRAIL CURTO: 9:00 h. a 10:30 h.
 TRAIL LONGO: 8:00 h. a 9:30 h.
 PEQUETRAIL: 15:00 h. a 16:00 h.
 ANDAINA SOLIDARIA BELÉN DE CUMES: 9:00 h. a 10:00 h. (PRAZA DO
CONCELLO).
 Para a recollida de dorsais é imprescindible a presentación do D.N.I ou licenza
federativa.
8. SINALIZACIÓN E CONTROL:
Os percorridos do trail longo e do trail curto estarán sinalizados con cintas de baliza e
sinais, o desvío do trail longo e do trail curto estará sinalizado por duas flechas de dirección
identificando cada unha a ruta a seguir, e estarán controlados polas Agrupacións de Protección
Civil colaboradoras no evento. Ó longo do percorrido, a organización establecerá controis que
estimen oportunos, os cales poderán ser descalificantes para o que cometa algunha
irregularidade É RESPONSABILIDADE DE CADA CORREDOR/A LOCALIZAR A SINALIZACIÓN E SEGUILA.
Algúns tramos de enlace, discorren por estradas ou poboacións, e non estarán cortadas ao
tráfico rodado, debendo aterse os participantes ás normas de circulación de Tráfico ou ás
indicacións da organización. Nos cruces de carretera haberá dispositivos de Protección Civil, ou
comisarios habilitados pola organización.
Dende a organización incidimos no respeto polo medio ambiente e o entorno no cal se
desenvolve a proba, e polo cal, solicitamos aos participant@s que fagan uso dos contedores de
lixo habilitados pola organización nas zonas de avituallamento onde depositar os residuos. É
obriga de cada participante levar os seus desperdicios ata a meta ou lugares sinalados nos
avituallamentos, podendo ser descalificados en caso de tirar lixo no chan.
9. NORMAS XERAIS DE COMPETICIÓN
O Concello de Lousame, organiza o MULTIEVENTO TRAIL LOUSAME: TRAIL CURTO
E LONGO, que se celebrará os días 31 de decembro; PEQUETRAIL o 13 de xaneiro, con saída
e chegada no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra. E ANDAINA SOLIDARIA A FAVOR
DA OBRA SOCIAL DE PEDIATRÍA DO CHUS (saída praza do concello Teodomiro Hidalgo ás
10:00 H. e chegada a Toxosoutos aredor das 13:00 h. para degustar chocolate con churros
amenizado con panxoliñas mentras se monta o belén); con retorno en bus á praza do concello
sobre ás 14:30 h.). Na semana da carreira, unha vez finalizadas as inscricións, a organización
enviará un email a cada participante con toda a información sobre o evento.
@S participantes deberán presentar, no momento da recollida de dorsais, o DNI xa que o dorsal
é persoal e intransferible.
Nesta edición o programa será o seguinte:
PEQUETRAIL (para categorías de base) SÁBADO, 13 DE XANEIRO
 A partir das 16:00 h, con saída e chegada no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro
Senra (A Silva), e constará das seguintes probas:
 SUB-16 ( atletas nados entre os anos 2008 e 2009, inclusive ).- 7 Kms aprox.
 SUB-14 (atletas nados entre os anos 2010 e 2011, inclusive).- 2 Kms aprox.
 SUB-12 (atletas nados entre os anos 2012 e 2013, inclusive).- 1,5 Kms aprox.
 SUB-10 ( atletas nados nos anos 2014 e 2015 ).-1 km aprox.
 SUB-8 (atletas nados nos anos 2016 e 2017).- 500 mts aprox.
 Esta modalidade levarase a cabo sempre que se inscriba un número mínimo de
participantes.
TRAIL DE LOUSAME, DOMINGO 31 DE DECEMBRO
TRAIL CORTO
Terá como lugar de saída Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra (A Silva), e
constará dunha distancia de 14 kms aprox. O nivel de dificultade será medio-baixo cun desivel
acumulado aproximado de 540 mts de desnivel positivo e 540 mts desnivel negativo. A saída
será ás 11:00 h. da mañá e haberá 2 avituallamentos, sólido e líquido, para un máximo de 300
participantes. aconséllase que cada corredor/a leve dispositivo GPS (a organización facilitará o
track do trail para descargar en dispositivos GPS de pulsera para facilitar a seguridade na
actividade), teléfono móbil e o seu propio recipiente para líquidos ademáis de manta térmica, xa
que nos avituallamentos non haberá vasos de plástico.
TRAIL LONGO
Terá como lugar de saída Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra (A Silva), e
constará dunha distancia de 25 kms aprox. O nivel de dificultade será medio-alto cun desivel
acumulado aproximado de 1140 mts de desnivel positivo e 1140 mts desnivel negativo. A saída
será ás 10:00 h. da mañá e haberá 3 avituallamentos, sólido e líquido, para un máximo de 300
participantes. aconséllase que cada corredor/a leve dispositivo GPS (a organización facilitará o
track do trail para descargar en dispositivos GPS de pulsera para facilitar a seguridade na
actividade), teléfono móbil e o seu propio recipiente para líquidos ademáis de manta térmica, xa
que nos avituallamentos non haberá vasos de plástico.
Antes da saída farase control do material, no caso de non cumprir coas condicións
esixidas, o/a corredor/a non poderá tomar a saída. Tempos de corte.- Para o Trail longo, ás
12:45 h. no km 14 aprox. A partir desta hora e punto, a organización non permitirá continuar en
carreira, e ante a negativa d@ corredor a organización non se fará responsable de calquera
cousa que poida suceder. O formato de saída será única e en grupo.
Requisitos para poder participal no TRAIL CONCELLO DE LOUSAME 2023, ser maior
de idade no día da proba (para as probas de trail longo e trail curto, a excepción do
PEQUETRAIL) Coñecer e aceptar o regulamento do evento, o descoñecemento do mesmo, non
exime do seu cumprimento; ter unha mínima condición física para afrontar a disciplina elexida;
dispoñer do material mínimo que esixe esta disciplina ( zapatillas adecuadas, …….. ); realizar
correctamente tódolos pasos e requisitos para a inscrición.
No hipotético caso de que na data de celebración do evento non fose posible organizar
a proba, A ORGANIZACIÓN OFRECERÁ AS SEGUINTES ALTERNATIVAS: Os inscritos no
TRAIL Manter a inscrición para cando se levanten as restriccións e poder realizar a proba, ou no
seu defecto, manter a inscrición para a seguinte edición . Devolución do 50% da cota de
inscrición+ envío de agasallo técnico da proba. SOAMENTE NO CASO DE SUSPENSIÓN DA
PROBA Cada participante deberá poñerse en contacto coa organización, no prazo máximo de 7
días, e comunicar a súa decisión a través do email, lousamedeportes@gmail.com. A declaración
de saúde firmada (esta facilitarase por email a cada corredor/a na semana da carreira) A
tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal que colocarán no seu peito de forma visible para
a súa identificación durante a proba e a chegada.
10. TROFEOS:
o PEQUETRAIL: Medallas para tódolos participantes Obsequios A entrega
realizarase ó remate de cada proba.
o TRAIL CURTO 1º, 2º e 3º clasificado en categoría masculina e 1º, 2º e 3º
clasificado en categoría feminina.
o 1º Atleta masculino empadroado en Lousame.
o 1ª Atleta feminina empadroada en Lousame.
o TRAIL LONGO 1º, 2º e 3º clasificado en categoría masculina e 1º, 2º e 3º
clasificado en categoría feminina
o 1º Atleta masculino empadroado en Lousame.
o 1ª Atleta feminina empadroada en Lousame.
o A entrega de trofeos terá lugar no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra,
arredor das 14:00h, pero poderá ser modificada pola organización.
o Ao remate das probas haberá pinchos e paella para todolos participantes
no evento e bebidas hidratantes para recuperar do esforzo.
11. RETIRADAS E ABANDONOS:
Calquera participante poderá retirarse da proba sempre que o desexe, avisando
no control máis próximo e entregando o dorsal á organización. A evacuación dos/as
participantes a meta efectuarase segundo a dispoñibilidade loxística da organización. No
caso dalgunha urxencia en carreira, débese avisar ó teléfono de urxencias que sae no
dorsal, e a organización poñerá en funcionamento o protocolo para este tipo de
incidencias.
12. EXCLUSIÓNS:
Serán excluídos das probas todos aqueles que incumplan as seguintes
condicións: non seguir a ruta marcada pola organización; participar poñendo en risco
tanto ao entorno como aos demais participantes; non respetar a todos/as os/as
participantes; non cumprir as indicacións da organización; non respetar o medio
ambiente e a propiedade tanto pública como privada e non depositar os residuos nos
lugares que se habiliten para tal fin.
13. CAMBIOS E SUSPENSIÓN:
A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere
necesarias para un mellor desenvolvemento da actividade, así como a súa suspensión
ou aprazamento se as condicións meteorolóxicas ou sanitarias obrigasen a facelo.
14. ZONAS DE APARCAMENTO:
ZONA DE PARKING NO LADO DEREITO DA ESTRADA
ZONA DE PARKING CAMPO DE FUTBOL DE CRUIDO
15. OUTROS SERVIZOS:
Haberá servizo de duchas e de gardarroupa no Polideportivo Municipal Pilar
Barreiro Senra. @s corredores/as poderán deixar as prendas no lugar de saída no
servizo habilitado. Para iso deben de meter a roupa na bolsa facilitada na zona de saída
e colocarlle a pegatina de gardarroupa que terán dentro da bolsa de corredor co número
identificativo (número de dorsal ) como gardarroupa. Éstas prendas estarán no
Polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra, ó remate da proba.