Calendario
Info da proba

Trail Montes do Oleirón - Rois

07/01/2024 10:00 - 14:00
Regulamento REGULAMENTO
1. ENTIDADE ORGANIZADORA:
Concello de Rois
Concellería de Deportes
2. DATA: Domingo 7 de xaneiro de 2024
3. HORARIOS:
Trail: Proba competitiva
Recollida de dorsais: 08.30h – 09.30h
Saída: 10.00h
Peche meta: 14.00h
Andaina: Proba non competitiva
Recollida de dorsais: 08.30h – 09.30h
Saída: 10.15h
4. DISTANCIAS E DESNIVEL POSITIVO:
Trail: 21,560m 1000D+
Andaina: 10.000m 350 D+
5. SAÍDA E META:
Pavillón Polideportivo dos Dices-Rois
Servizo de duchas e vestiarios
6. RECOLLIDA DE DORSAIS ANDAINA E TRAIL:
Pavillón Polideportivo dos Dices-Rois: 08.30h – 09.30h
7. INSCRICIÓNS:
www.emesports.es
Peche de inscricións: martes 2 de xaneiro de 2024
Prezo inscrición:
Trail: 20€ só poderán participar persoas maiores de idade (a partir de 18 anos). Máximo 200 particpantes
Andaina: 10€ (sen límite de idade) Os/as participantes menores de idade deberán de ir acompañados por unha
persoa maior de idade. A inscrición para as persoas menores de idade será de balde. Maximo 200 participantes
A realización da inscrición implica que as persoas participantes (trail e andaina) leron, entenderon e aceptaron as
condicións dopresente regulamento e participan baixo a súa responsabilidade, e afirman posuir unhas condicións
físicas suficientes para a realización desta proba.
A cantidade da inscrición non se devolverá, sempre e cando a proba se teña que suspender por causas axenas á
organización (condicións climatolóxicas extremas e dende as distintas administracións cancelen a proba por estes
motivos), ou no caso de alertas de Meteo Galicia ou AEMET.
8.AVITUALLAMENTOS:
Trail:
1º) Km 6,000 : Reibó
2º) Km 11, 000: Abelendo
3º) Km 17,000: Cruce de 4 camiños
4º) Chegada: Pavillón Polideportivo dos Dices-Rois
Andaina:
1º) Km 6,400 : Cruce de 4 camiños
2º) Chegada: Pavillón Polideportivo dos Dices-Rois
9. TEMPOS DE CORTE:
Trail:
Km 11: 2º avituallamento en Abelendo: 12.30h
Chegada: 14.00h
Andaina:
Non hai tempos de corte
10. MATERIAL OBRIGATORIO: Poderá haber controis na saída, meta ou ao longo do percorrido. O incumprimento será
motivo de descualificación. En función das condicións meteorolóxicas o material obrigatorio poderá sufrir cambios:
Trail:
- Manta térmica
- Chifre
- Teléfono con bateria suficiente
- Sistema de hidrtación (mínimo 1 litro)
- Cortaventos
Andaina:
Recomendable o mesmo material que para o trail
11. CARACTERÍSTICAS DO TERREO:
Trail:
O percorrido transcorrerá por sendeiros, pistas forestais, pistas con pedras soltas e cortalumes.
Cada participante debe ser consciente da lonxitude e desnivel da proba, poderá ser que as condicións meteorolóxicas
sexas malas, polo que deberá participar coa indumentaria e calzado axeitado para esta condicións.
Dificultade Física: Media
Dificultade Técnica: Baixa
Recoméndase un nivel de estado físico medio-alto para participar nesta proba.
Andaina:
O percorrido transcorrerá por sendeiros, pistas forestais, pistas con pedras soltas e cortalumes.
Cada participante debe ser consciente da lonxitude e desnivel da proba, poderá ser que as condicións meteorolóxicas
sexas malas, polo que deberá participar coa indumentaria e calzado axeitado para esta condicións.
Dificultade Física: Media
Dificultade Técnica: Media
Recoméndase un nivel de estado físico medio para participar nesta proba.
12. CATEGORÍAS E PREMIOS
Trail:
Absoluta: masculino e feminina (ata 39 anos cumpridos o día da proba)
1º/1ª , 2º/2ª e 3º/3ª participantes da clasificación xeral
Veterán A: masculino e feminina (40 a 49 anos cumpridos o día da proba)
1º/1ª , 2º/2ª e 3º/3ª participantes dese grupo de idade
Veterán B: masculino e feminina (máis de 50 anos cumpridos o día da proba)
1º/1ª , 2º/2ª e 3º/3ª participantes dese grupo de idade
Equipos: Todos os membros deberán estar inscritos co mesmo nome de equipo. A puntuación será outorgada por
rigoroso orde de chegada, e gañará o equipo con menor puntuación.
1º/1ª , 2º/2ª e 3º/3ª equipos con menor puntiación segundo a orde de chegada
1º clasificado local: deberá estar empadroado no Concello de Rois
1ª clasificada local: deberá estar empadroada no Concello de Rois
13. OS TROFEOS NON SERÁN ACUMULATIVOS
Andaina: proba non competitiva non haberá premios
Todas as persoas inscritas (trail e andaina) recibirán un agasallo no momento de recoller o dorsal.
14. SINALIZACIÓN E CONTROL DAS PROBAS
O percorrido (trail ee andaina) estará sinalizado pola organización con cinta de cor viva (ao remate da proba está
cinta sacarase), spray-auga ecolóxico, carteis indicadores ou outros elementos de sinalización. Será responsabilidade
dos/as participantes localizar a sinalización e seguila.
O percorrido en casi a súa totalidade transcorre por pistas forestais e sendeiros, ainda que é certo que tamén
transcorrirá por pequenos tramos de pistas municipais do concello de Rois e 75m aproximadamente polo CP-7401 á
altura do núcleo da Pontenova.
Realizaranse cortes selectivos nalgunhas destas pistas forestais e municipais, ainda así en todo momento as persoas
participantes deberán respectar as normas de circulación viaria así como as indicacións da organización. No tramo
que transcorre pola CP-7401 (P.K. 9,400) realizarase un pasillo con conos de 1,5m para que transiten as persoas
participantes do trail e andaina (0,950 Km da proba e 19,500m do trail e 9,100m da andaina), ademais neste punto
permanecerá persoal de Protección Civil, así tamén poderán circular os vehículos con normalidade.
Será obrigatorio seguir o itinerario marcado e pasar polos controis (avituallamentos) regulamentarios establecidos. A
Organización podrá realizar modificacións no percorrido si o considera necesario, e incluso a suspensión da proba, se
as condicións meteorolóxicas así o aconsellan, ou no caso de alertas de Meteo Galicia ou AEMET.
O percorrido da proba discorre por paraxes naturais de gran beleza, polo que será obrigatorio o coidado destas
paraxes, e non se poderán tirar desperdicios fora das áreas de avituallamento e control. Será motivo de
descualificación o incumprimento desta norma.
15. SEGUROS DA PROBA:
Tanto no trail como na andaina todas as persoas participantes estarán cubertas por un seguro de accidentes.
Ademais a proba contará cun seguro de Responsabilidade Civil que ten contratada o Concello de Rois.