Calendario
Info da proba

Pereiro de Aguiar

02/12/2023 12:45 - 13:45
Regulamento "XXVI CROSS GUILLELME BROWN"
O sábado 2 de decembro de 2023 celebrarase o "XXVI Cross Guillelme
Brown", proba incluída no calendario oficial da Federación Galega de
Atletismo, atendendo ás seguintes normas:
1. HORARIO, CATEGORÍAS E PERCORRIDO:


Hora Categoría Ano de
nacemento Distancia
10:30
Cadete Feminino (S16)
Xuvenil Feminino (S18)
2008-2009
2006-2007
3 voltas (2.520m)
10:45
Cadete Masculino (S16)
Xuvenil Masculino
(S18)
2008-2009
2006-2007
4 voltas (3.360 m)
11:00 Infantil Feminino (S14) 2010-2011 2 voltas (1.680 m)
11:15 Infantil Masculino
(S14) 2010-2011 3 voltas (2.520 m)
11:30 Alevín Feminino (S12) 2012-2013 1 volta (840 m)
11:45 Alevín Masculino (S12) 2012-2013 2 voltas (1.680 m)
12:00 Benxamín Feminino
(S10) 2014-2015 1 volta (840 m)
12:10 Benxamín Masculino
(S10) 2014-2015 1 volta (840 m)
12:20 Prebenxamín (S8) 2016-2017 400 m
12:40 Chupetes 2018-2019 200 m
12:30 Pais, nais e profesores do colexio 2 voltas (1.680 m)
12:45 Absoluta 2005 e anteriores 5 voltas (4.200 m)
13:30 Entrega de trofeos
O percorrido, parte terra e herba, parte asfalto, realizarase no
interior do recinto escolar.
2. PARTICIPACIÓN
Poderán participar todos os colexios, clubes e asociacións
convidadas ao efecto cun só equipo por categoría sen número límite de
corredores/as, e calquera atleta que o desexe a nivel individual.
3. INSCRICIÓNS
As inscricións, dos deportistas federados, realizaranse polos clubs
na SDP da RFEA, antes das 23'59 horas do xoves día 30 de novembro.
Os deportistas non federados realizarán a súa inscrición, ata as
23’59 horas do xoves 30 de novembro, cubrindo o formulario na páxina:
https://www.carreirasgalegas.com/
A Organización establece un límite de 500 inscricións.
O día da proba poderanse realizar os cambios que sexan precisos
ata 30 minutos antes do inicio de cada proba.
4. DORSAIS
Os dorsais serán facilitados pola organización e entregaranse 30
minutos antes do inicio do Cross.
5. CLASIFICACIÓNS:
Establécense dúas clasificacións:
a) Individual; segundo a orde de entrada en meta.
Ojo morado Por equipos; sumando os puntos obtidos polos tres atletas mellor
clasificados/as de cada equipo, resultando vencedor o equipo que
sume menor número de puntos.
6. PREMIOS E TROFEOS:
a) Trofeo aos dous mellores equipos clasificados nas categorías
benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil tanto masculino como
feminino.
Ojo morado Medalla aos tres primeiros/as clasificados/as en cada categoría.
c) Bolsas a todos os participantes que cheguen á meta.
A clasificación será individual e por categorías (Prebenxamín (S8),
benxamín (S10), alevín (S12), infantil (S14), cadete (S16), xuvenil (S18) e
absoluta, tanto masculino como feminino).
7. OUTROS APARTADOS:
- Debido ao carácter popular e sobretodo gratuíto da proba, o colexio
contará con 350 bolsas deportivas como agasallo para os participantes,
que serán preferentemente para as categorías escolares e para os
adultos en función da súa orde de chegada e ata acabar as existencias.
- Os corredores/as deberán situarse na zona de saída cinco minutos antes
do inicio, unha vez avisados polos xuíces.
- Aqueles corredores que posúan licencia federativa deberán indicar na
ficha de inscrición o seu número.
- Ao longo do percorrido haberá controis a cargo da organización.
- Aqueles aspectos que non contemple este regulamento serán decididos
tendo en conta o regulamento da Federación Galega de Atletismo e, de
ser preciso, a normativa RFEA e WA.