Calendario
Info da proba

Fene - San Silvestre

30/12/2023 17:00 - 18:00
Regulamento CARREIRA POPULAR “IX SAN SILVESTRE – CONCELLO DE FENE”
30 DE DECEMBRO DE 2023
REGULAMENTO DA PROBA
Artículo 1. INFORMACIÓN BÁSICA
O Concello de Fene organiza a Carreira popular “IX SAN SILVESTRE – CONCELLO DE
FENE”. A proba terá lugar o día 30 de decembro de 2023 a partir das 17:00 horas. A
saída e meta estarán situadas diante do Concello de Fene (na Avenida do Concello).
Artículo 2.- PARTICIPANTES
A proba está aberta a tódolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou
nacionalidade.
Cada corredor participa baixo a súa responsabilidade e dispón dun nivel de condición
física suficiente para afrontar a proba.
Artículo 3.- CATEGORÍAS
Establécense as seguintes categorías de participación segundo os anos de nacemento.
CATEGORÍA ANO de NACEMENTO DISTANCIA
BIBERÓNS 2019 50 m.
PITUFOS 2018 100 m.
SUB 8 2016 - 2017 200 m.
SUB 10 2014 - 2015 400 m.
SUB 12 2012 - 2013 800 m.
SUB 14 2010 - 2011 1.200 m.
SUB 16 2008-2009 2.500 m.
SUB 18 2006 - 2007 2.500 m.
ABSOLUTA 2005 e anteriores 5.000 m.
ANDAINA TÓDALAS IDADES 2.500 m.
RERegulamento carreira popular “IX San Silvestre Concello de Fene”. 30-12- 2023.
Artículo 4.- PERCORRIDO, DISTANCIA E HORARIOS
O circuito sobre asfalto estará pechado ao tráfico (salvo os vehículos autorizados pola
Organizacion) e estará controlado e vixiado pola Policía Local, Protección Civil e
colaboradores da Organización. Calquera outro tipo de acompañamento está prohibido.
Tódalas categorías correrán nun circuíto urbano, polo Concello de Fene.
As saídas das carreiras terán lugar ás seguintes horas:
CATEGORÍA HORA (*1) DISTANCIA
ABSOLUTA 17:00 5.000 m.
SUB 18 / SUB 16 17:45 2.500 m.
ANDAINA 17:55- 18:20 (*2) 2.500 m.
BIBERÓNS 18:30 50 m.
PITUFOS 18:45 100 m.
SUB 8 19:00 200 m.
SUB 10 19:15 400 m.
SUB 12 19:30 800 m.
SUB 14 19:45 1.200 m.
*1.- Os horarios de saída son aproximados e poden variar segundo o desenvolvemento
das carreiras.
*2.- Os /As participantes na andaina, deberán percorrer o circuíto de 2,5 km nun tempo
máximo de 25 minutos. Aquelas persoas que non o remataran nese tempo, subirán ao
coche escoba que os/as levará ata a meta para poder comezar coas carreiras de
“Biberóns” e sucesivas.
Poderanse establecer quendas de saída de grupos de 10 participantes nas categorías de
“pitufos” e “biberóns”.
Artículo 5.- CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
5.1.- As inscricións poderanse efectuar a través do sistema online, na páxina web da FGA
www.carreirasgalegas.com
As inscricións pecharanse o día 24 de decembro ás 23:59 horas.
Non se admitirán inscricións presenciais o mesmo día da proba.
5.2.- Os participantes comprométense a:
- Aceptar estritamente tódolos artículos do presente regulamento.
RERegulamento carreira popular “IX San Silvestre Concello de Fene”. 30-12- 2023.
- Aceptar as posibles modificacións da proba que teña que realizar a Organización
obrigada por causas alleas á súa vontade.
5.3.- A inscrición da carreira é persoal e intransferible.
5.4.- A formalización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido o compromiso
que a continuación se expón:
“Certifico que estou en bo estado físico. Eximo á organización, aos sponsors ou
patrocinadores comerciais, directivos, empregados e demais organizadores, de
toda responsabilidade que da participación no evento puidera derivarse tal como
perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias e do perigo de
lesión.”
Asemade, no momento de formalizar a inscrición, os participantes estarán declarando a
súa responsabilidade sobre os seguintes termos:
✗ Que teño lido, entendido, aceptado e me comprometo a cumprir o Regulamento
desta proba, colaborando en todo o posible coa Organización.
✗ Que non pertenezo a ningún grupo de risco.
✗ Que son consciente dos riscos que implica a participación na actividade, e que os
asumo baixo a miña propia responsabilidade.
É importante ter en conta que esta declaración responsable fará referencia ao mesmo día
da proba, polo que no caso de non poder cumprir algún dos ítems anteriores,o/a atleta
non tomará parte na carreira.
5.5.- A Organización resérvase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non acepte os
termos e condicións do evento expostos no presente regulamento. No caso de dúbida ou
de xurdir algunha situación non especificada no mesmo, estarase ao que dispoña a
organización.
5.6.- RETIRADAS E DESCUALIFICACIÓNS:
O servizo médico da competición e os xuíces árbitros están facultados para retirar da
carreira a :
• Calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
• A todo atleta que non realice o percorrido completo
• A todo atleta que non teña dorsal ou non o leve visible por diante, dobre ou
manipule a publicidade ou o fotocopie.
RERegulamento carreira popular “IX San Silvestre Concello de Fene”. 30-12- 2023.
• A todo atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en
protestas ante a Organización, á marxe do estipulado no apartado de
reclamacións.
No caso da Andaina, deberá finalizarse o percorrido de 2.500 m. en 25 minutos para
poder comezar en tempo coas carreiras da categoría Sub 14 e sucesivas Todos aqueles
que pasados 30 minutos non a teñan rematada deberán retirarse e serán recollidos polo
vehículo de apoio da proba. No caso de non querer ir no vehículo de apoio deberán
seguir pola beirarrúa baixo a súa responsabilidade.
Artículo 6.- CUSTO DA INSCRICIÓN
A inscrición será GRATUÍTA para tódalas categorías de MENORES e ANDAINA.
O custo para os participantes da carreira ABSOLUTA será de 3 euros.
Artículo 7.- RETIRADA DE DORSAL – CHIP
Os participantes deberán retirar o dorsal – chip o venres, día 29 de decembro, no Salón
de Plenos do Concello de Fene – Planta baixa (Praza do alcalde Ramón José Souto
González)) en horario de 10:00 a 13:30 h e de 16:00 a 20:00 horas.
- En casos excepcionais,no caso de non ser posible a súa recollida o día 30, poderase
recoller o día 30 de decembro no salón de Plenos do Concello de 15:30 a 16:30 h.
Artículo 8.- PREMIOS
Os tres primeiros clasificados/as das categorías: Absoluta, sub 18, sub 16, sub 14, sub
12 , sub 10 e sub 8 tanto masculino como feminino, recibirán un obsequio ou trofeo.
Tódolos participantes das demais categorías de CARREIRAS serán agasallados.
Artículo 9.- APELACIÓNS
As reclamacións relativas á clasificación deberán facerse verbalmente, antes dos 30
minutos de facerse públicos os resultados, ao Xuíz Árbitro ou na Secretaría da
Competición, sendo o Xuíz Árbitro encargado de resolvelas.
Todo o non previsto neste regulamento resolverase conforme as normas da F.G.A. ,
R.F.E.A. e W.A. por esta orde.
Artículo 10.- AVITUALLAMENTOS
Na zona de meta establecerase un avituallamento final líquido e sólido
Artículo 11.- SEGUROS
RERegulamento carreira popular “IX San Silvestre Concello de Fene”. 30-12- 2023.
Tódolos participantes estarán cubertos por unha póliza de Responsabilidade Civil, e outra
de Accidentes proporcionada pola licencia de día da F.G.A.
A Organización declina toda responsabilidade sobre os danos físicos ou morais que
durante a participación nesta proba poida causarse un atleta a si mesmo ou a terceiros.
Artículo 12.- CONSENTIMENTOS
Tódolos participantes, polo feito de formalizar a inscrición, dan o seu consentimento para
que a Organización, por si mesma ou mediante terceiras entidades, traten
informaticamente e con finalidade exclusivamente deportiva, promocional ou comercial, os
seus datos de carácter persoal, así como a súa imaxe dentro da proba mediante
fotografías, vídeo, etc.
De acordo co que establece a lexislación vixente en materia de protección de datos de
carácter persoal, o participante poderá exercer o seu dereito de acceso a estes ficheiros
co obxecto de rectificar ou cancelar de forma parcial ou total o seu contido. Para exercer
este dereito deberá solicitalo por escrito ou correo electrónico á Federación Galega de
Atletismo. Avda. De Glasgow, Nº 13. 15008. A Coruña.
OUTRAS DISPOSICIÓNS.
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización;
nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar
ou marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS
A Organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de saída/meta desde
media hora antes do comezo das probas e ata media hora despois da finalización. Os
servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da carreira
a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da
mesma.
SEGURO: Tódolos participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade
Civil e Accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como
consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos
derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa
de competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento
ao lugar da competición ou desde o mesmo.