Calendario
Info da proba

Ourense - San Silvestre

31/12/2023 16:30 - 17:30
Regulamento 1. ORGANIZACIÓN
O Club Ourense Atletismo e o Consello Municipal de Deportes do Concello de
Ourense coa colaboración da Delegación en Ourense da Federación Galega de
Atletismo organizan o sábado, 31 de decembro de 2023 a “VIII Carreira
Popular San Silvestre Ourensá”.
2. PARTICIPANTES
Poderán participar nesta proba atletas populares e federados/as sempre que
estean inscritos/as nos prazos e formas establecidos ao efecto pola
Organización.
3. CATEGORÍAS
Establécense as seguintes categorías:
• PITUFOS. Nados/as no ano 2016 e posteriores.
• SUB10. Nados/as nos anos 2014 e 2015.
• SUB12. Nados/as nos anos 2012 e 2013.
• SUB14. Nados/as nos anos 2010 e 2011.
• SUB16. Nados/as nos anos 2008 e 2009.
• SUB18. Nados/as nos anos 2006 e 2007.
• SUB20. Nados/as nos anos 2004 e 2005.
• SUB23. Nados/as nos anos 2001, 2002 e 2003.
• SÉNIOR. Nados/as nos anos 2000 e anteriores ata Máster.
• MÁSTER A. De 35 a 44 anos. B. De 45 a 54 anos. C. De 55 a 64 anos.
D. >65.
• ABSOLUTA.
4. HORARIO
HORA CATEGORÍA CIRCUÍTO DISTANCIA
16:00 PITUFOS Rúa do Paseo 70 m.
16:15 SUB10 – SUB12 – SUB14 1 Volta Pequena 1 Km.
16:30 ABSOLUTA 2 Voltas Grandes 4,66 Km.
17:15 PECHE CONTROL
5. PERCORRIDO
5.1 Percorrido Carreira PITUFOS
A Carreira PITUFOS desenvolverase dende Rúa do Paseo, 1 ata a meta, sita
na Rúa do Paseo (Cruce Cardeal Quiroga), 70 m. aproximadamente.
Realizaranse quendas segundo a idade dos/as participantes.
5.2 Percorrido Carreira SUB10 – SUB12 – SUB14
O percorrido da Carreira SUB10 – SUB12 – SUB14 transcorrerá por un
circuíto de 1 Km. aproximadamente:
Rúa do Paseo, 1 – Rúa Lamas Carbajal – Praza Maior – Rúa Barreira – Rúa
Cervantes – Rúa Perigo – Rúa Colón – Praza Maior – Rúa das Tendas – Rúa
da Paz – Praza do Ferro – Rúa Santo Domingo – Rúa Cardeal Quiroga – Rúa
do Paseo, 1.
5.3 Percorrido Carreira ABSOLUTA
O percorrido da Carreira ABSOLUTA transcorrerá por un circuíto de 2,33 Km.
aproximadamente ao que haberá que dar dúas voltas (4,66 Km.
aproximadamente):
Rúa do Paseo, 1 – Rúa Lamas Carbajal – Praza Maior – Rúa Colón – Rúa Padre
Feijóo – Rúa Dous de Maio – Rúa Prieto Nespereira – Rúa Hernán Cortés –
Rúa Cardeal Cisneros – Paza do Trigo – Praza dos Suaves – Praza do
Correxidor – Rúa da Lúa – Rúa San Francisco – Rúa Pérez Serantes –
Avenida de Bos Aires – Rúa Bedoya – Parque de San Lázaro – Rúa do Paseo.
O Organizador poderá modificar os percorridos, parcial ou
completamente, por motivos de seguridade ou por causa de forza
maior.
6. INSCRICIÓNS
As inscricións realizaranse a través de https://www.carreirasgalegas.com/
entre o 1 e o 27 de decembro de 2023 ás 23:59 h.
Cota de inscrición só para os participantes na carreira Absoluta:
• Do 1 ao 10 de decembro de 2023: 5€
• Do 11 ao 27 de decembro de 2023: 7€
Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.
7. ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS
Os dorsais e chips serán entregados o venres 29 e o sábado 30 de decembro
de 2023 en RUNMANIAK, Rúa Samuel Eiján,9 - baixo – 32003 Ourense.
Non se entregarán dorsais e chips o día da proba.
Os/as deportistas terán que portar obrigatoriamente o dorsal no peito en
todo momento, sen dobrar nin ocultar, ben visible.
8. XULGAMENTO DA COMPETICIÓN
A proba forma parte do calendario oficial da Federación Galega de
Atletismo polo que estará cronometrada e controlada polo Comité
Galego de Xuíces da FGA.
9. DESCUALIFICACIÓNS
Serán motivos de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal – chip visible por
diante ou manipulalo, falsificar datos persoais e a suplantación de
identidade.
Os Servizos Médicos, o Xuíz Árbitro da competición e o persoal de
Organización, están facultados para retirar xustificadamente da carreira
a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente.
10. RECLAMACIÓNS
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao Xuíz Árbitro, non máis
tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
11. SERVIZOS MÉDICOS E SEGUROS
Haberá servizo de ambulancia e médico para a atención.
Todas as persoas participantes estarán cubertas cunha póliza de Seguro de
Responsabilidade Civil e dun Seguro de Accidentes.
É imprescindible estar inscrito/a para ter cobertura dos seguros de RC e de
accidentes, que atenderá aos sinistros que se produzan como consecuencia
directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados
dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da
normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos
polo desprazamento ao lugar da competición ou desde este á orixe.
12. PREMIOS
12.1 Premio Carreira PITUFOS – SUB10 – SUB12 – SUB14
Medalla para todos/as os/as participantes da Categoría PITUFOS,
SUB10, SUB12 e SUB14. Premio para os 3 primeiros homes e 3 primeiras
mulleres das categorías Sub 10, Sub 12 e Sub 14.
12.2 Premio Carreira ABSOLUTA
Premio para os 3 primeiros homes e 3 primeiras mulleres da carreira
ABSOLUTA.
Agasallo para os vencedores das diferentes categorías
13. NORMATIVA
Para todo o non disposto neste regulamento aplicarase a normativa FGA e,
de ser preciso, a normativa RFEA e WA.